Anosmia
A anosmia é a perda total do olfacto. En galego hai varios sinónimos como aosmia, anodmia, anosfrasia, anosfresia ou anestesia olfactiva, recollidos no Diccionario galego de termos médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia;[1][2] a hiposmia é un sinónimo parcial, referido á diminución do olfacto,[3] causada por danos ou lesión no nervio olfactivo, obstrución das fosas nasais ou outras doenzas.
Anosmia | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Debuxo da vista anatómica lateral da mucosa inflamada | |
ICD-10 | R43.0 |
MedlinePlus | 003052 |
MeSH | D000855 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Síntomas
editarAdemais da incapacidade para sentir os cheiros, a anosmia tamén prexudica o gusto. O motivo é que a lingua é capaz de identificar as seguintes características: sabor doce, salgado, acedo, amargo e umami ou glutamato.[4][5] Como non é posíbel diferenciar unha substancia da outra (unha lambetada con azucre doutra sen el, por exemplo) a través do olfacto, o paciente con anosmia identificará as dúas substancias como iguais.
Tipos de anosmia
editarExisten dous tipos de anosmia: a parcial e a permanente:
- Parcial: pódese tratar e curar. Ás veces prodúcese pola obstrución das vías nasais debido a unha enfermidade alérxica ou inflamación da lingua. O paciente perde o olfacto durante un período determinado e despois recupera. Causa comúns de anosmia parcial son a gripe, que causa danos leves aos nervios olfactivos, ou a Covid-19.
- Permanente: hoxe en día aínda non ten cura. Normalmente prodúcese por danos graves nos nervios olfactivos como resultado de accidentes (de tráfico e outros), infeccións graves nos nervios da cara ou radioterapia durante o tratamento do cancro.
Causas
editarUn gran número de condicións poden causar perda do olfacto, entre elas as máis comúns son:[6]
- Infección do tracto respiratorio superior (por exemplo, sinusite ou arrefriado)
- Demencias (Alzhéimer, Párkinson, Vascular, Lewy)
- Rinite alérxica
- Idade avanzada (presbiosmia)
- Tumores (pólipos, glioma, meninxioma ou cancro na vía olfactiva)
- Traumatismo cranioencefálico, con dano no óso etmoides
- Latroxénica (despois da cirurxía nasal ou por fármacos como enalapril, risperidona e fármacos intranasais…)
- Toxinas (cinc, cadmio, intoxicación por manganeso…)
- Alcoholismo ou tabaquismo prolongado
- Queimaduras e inhalación de fume
- Enfermidades autoinmunes como esclerose múltiple, miastenia grave, sarcoidose ou granulomatose con polianxiite
- Malformación (como atresia do cloasma)
- SARS-CoV-2 (virus CoViD-19)
Prevención e precaucións
editarAs causas da anosmia non sempre se poden previr. Con todo, para as persoas que non teñen doenzas, sempre é bo evitar accidentes que poidan afectar a rexión da cabeza. A persoa con enfermidade debe ter especial coidado co gas de cociña, os alimentos estragados e a depresión.[5][7]
Notas
editar- ↑ "Termo no dicionario da RAG". DRAG.
- ↑ "Dicionario Galego de Termos Médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia" (PDF). edu.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10-11-2021. Consultado o 5-1-2022.
- ↑ "Dicionario Galego de Termos Médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia" (PDF). edu.xunta.gal; p. 384. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10-11-2021. Consultado o 5-1-2022.
- ↑ "Loss of Smell (Anosmia)". Yale Medicine (en inglés). Consultado o 2024-04-05.
- ↑ 5,0 5,1 "Anosmia". Cleveland Clinic (en inglés). Consultado o 2024-04-05.
- ↑ http://www.anosmiafoundation.com/intro.shtml Arquivado 06 de decembro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ "Anosmia - Ear, Nose, and Throat Disorders". Merck Manuals Professional Edition (en inglés). Consultado o 2024-04-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anosmia |