Unha queimadura é un tipo de lesión da pel causada por diversos axentes, como a calor, o frío, a electricidade, os químicos, a fricción e a radiación.[1] A maioría das queimaduras son debidas a lapas, líquidos quentes, superficies quentes e outras fontes de altas temperaturas[2]

Queimadura
Clasificación e recursos externos
Man cunha queimadura de 2º grao.
MedlinePlus000030
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

As queimaduras son polo xeral previbles.[3] O tratamento inmediato como medida de primeiros auxilios para as queimaduras leves consiste en facer correr auga a temperatura ambiente sobre a área afectada, para tratar de normalizar a temperatura dos tecidos queimados e eliminar contaminantes.[4] É preferible que a auga bañe a parte afectada en lugar de facer inmersión, sempre coidando non utilizar auga fría debido á posibilidade de xerar unha reacción térmica que separará os estratos superiores da pel, dificultando a súa curación.

Notas editar

  1. Herndon D (ed.). Total burn care (4th ed.). Edinburgh: Saunders. p. 46. ISBN 978-1-4377-2786-9. 
  2. "Burns Fact sheet N°365". WHO. abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2016. 
  3. "Burns". World Health Organization. setembro de 2016. Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  4. Herndon D (ed.). Total burn care (4th ed.). Edimburgo: Saunders. p. 23. ISBN 978-1-4377-2786-9.