Relevo (escultura)
Un relevo en escultura é un traballo onde unha forma se proxecta dun fondo plano (a propia musculatura tensa pode ser vista como unha forma de relevo). Dependendo da profundidade, o relevo pode ser chamado baixorrelevo — tal como aparece na numismática — ou altorrelevo, con bastante material removido e o restante proxectado do fondo plano case como se fose a parte visíbel dunha escultura embutida na pedra.
Os relevos son un tipo de traballo común en todo o mundo, en especial na decoración de edificios monumentais, tales como templos. O friso no estilo corintio clásico está frecuentemente enriquecido con baixorrelevos. Os alto relevos poden ser vistos nos frontóns de templos clásicos, como por exemplo no Partenón.
Os relevos poden ser usados nunha escena única, ou ordenados nunha narrativa.
Algúns exemplos de relevos
editar- Grande altar de Pérgamo, hoxe no Museo Pergamon, en Berlín
- Leóns e dragóns na porta de Ishtar, na Babilonia
- Templo de Karnak, no Exipto
- Angkor Wat en Camboxa
- Capitel dos Leóns de Asoka, o símbolo nacional da India
- Glifos e relevos da civilización maia
- O monumento á Confederación en Stone Mountain, Xeorxia (EUA)
- Os selos reais de D. Afonso Henriques nas moedas de euro portuguesas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Relevo |
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |