Alfabeto éuscaro

O alfabeto éuscaro (en éuscaro: euskal alfabetoa) é o alfabeto utilizado para escribir a lingua éuscara. Segundo á Euskaltzaindia, o alfabeto éuscaro contén 27 letras.

Listaxe de letrasEditar

O alfabeto éuscaro componse das 26 letras do alfabeto latino básico ISO, mais o ñ (e o ç, como variante do c).

Na seguinte lista recóllense os nomes de todas as letras,[1] así como a súa fonoloxía segundo o Alfabeto Fonético Internacional.[2]

Letra Nome en éuscaro Pronuncia
A a /a/
B be /b/, β̞
C ze* (e a súa variante Ç ze hautsia*) /s/, /k/
D de /d̪/, [ð̞]
E e /e/
F efe /f/
G ge /ɡ/, ɣ̞
H hatxe , ɦ
I i /i/, /i̭/
J jota /j/, /x/, ʝ, ɟ
K ka /k/
L ele /l/
M eme /m/
N ene /n/
Ñ eñe /ɲ/
O o /o/
P pe /p/
Q ku* /k/
R erre /r/, ɾ
S ese /s̺/
T te /t̪/
U u /u/, /u̯/
V uve* /b/, [β̞]
W uve bikoitza* /u̯/
X ixa /ʃ/
Y i grekoa* /i/, /i̭/, /j/
Z zeta /s̻/
* Aínda que as letras C, Ç, Q, V, W e Y non se usan normalmente, están incluídas para escribir estranxeirismos.[1]

Todas as letras e dígrafos representan fonemas únicos. As excepcións son l, n e ás veces t cando son precedidos por i; xa que en moitos dos dialectos se palatalizan nos sons ʎ, ɲ e c, mesmo aínda que non se escriban.

O h é mudo en moitas rexións, pero pronúnciase na maior parto do norleste, motivo polo que existe no alfabeto éuscaro.

DígrafosEditar

Existen varios dígrafos (letras sucesivas que representan un único son):

DD ɟ, LL ʎ, RR r, TS t͡s̺, TT c, TX t͡ʃ, TZ t͡s̻

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Euskaltzaindia: Regra 17 do éuscaro estándar, Euskal alfabetoaren letren izenak. Consultado o 27 de novembro de 2019.
  2. Omniglot.com (ed.). "Basque language, alphabet and pronunciation". Consultado o 27 de novembro de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar