Aleksandra Ekster

Alexandra Ekster ou Exter de nome completo Alexandra Alexandrova Ekster (Александра Экстер; en ruso: Александра Александровна Экстер, en ucraíno: Олександра Олександрівна Екстер) [1], nada en Białystok o 18 de xaneiro de 1882 e finada en París o 17 de marzo de 1949, foi unha pintora cubo-futurista, supremacista e construtivista, amais dunha dos fundadores do Art déco.

Aleksandra Ekster
AlcumeExster, Aleksandra Aleksandrovna e Ekster, Aleksandra Aleksandrovna
Nacemento18 de xaneiro de 1882, 6 de xaneiro de 1882, 6 de xaneiro de 1882 e 1882
Lugar de nacementoBiałystok
Falecemento17 de marzo de 1949 e 1949
Lugar de falecementoFontenay-aux-Roses e Fontenay-aux-Roses
NacionalidadeImperio Ruso, Unión Soviética e Rusia
Alma máterAcadémie de la Grande Chaumière e Kyiv Art School
Ocupaciónpintora, diseñador de vestuario, ilustradora, escenógrafa, artista gráfica, deseñadora, artista e artista téxtil
Na rede
IMDB: nm0264084 Musicbrainz: 98ee5e74-4eac-40ec-9b77-f9faeadc6e72 Discogs: 2241596 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Pano teatral deseñado por Ekster.

Naceu en Białystok, daquela pertencente á Rusia Imperial e hoxe parte de Polonia, no seo dunha familia rica, os Grigoróvich. Estudou na escola de arte de Kíiv e, no ano 1907, na Académie de la Grande Chaumière en Montparnasse, París. Dende 1908 a 1924 viviu en San Petersburgo, Odesa, París, Roma e Moscova.

En 1908 participou na exhibición do grupo Zvenó (Eslabón) organizada por David Burliuk e Vladímir Burliuk, entre outros, en Kíiv. En 1914 Ekster, xunto con Kasimir Malévich, Alexandr Archipenko, Vadym Meller, Sonia Delaunay e outros, participou no Salon des Indépendants en París. Nese mesmo ano participou na International Futurist Exhibition en Milán.

Entre 1915-1916 traballou na cooperativa de vilas Skoptsí eVerbovka xunto con Kazimir Malevich, Yevgenia Pribýlskaya, Natalia Davídova, Nina Genke, Liubov Popova, Ivan Puni, Olga Rozánova, Nadezhda Udaltsova e outros. Máis tarde fundou un grupo de traballo en ensino (MDI) en Kíiv (1918-1920). Meller, Petrytsky, Red'ko, Chelitschev, Shifrin, Nikritin traballaron alí. Durante ese tempo ela tamén foi un dos nomes máis importantes do Teatro Alexandr Taírov

En 1919 xunto cos artistas da vangarda rusa, Kliment Red'ko e Nina Genke-Meller, decoraron as rúas e prazas de Kíiv e Odesa polas celebracións da Revolución en estilo abstracto. Traballou como deseñadora de vestiario no Estudo de Ballet da bailarina Bronislava Nijinska (a irmá de Vatslav Nizhinskii).

 
Vestiario deseñado por Ekster.

No ano 1921 converteuse na directora do curso elemental Cor no Grupo de Traballo (VKhUTEMAS) en Moscova, posto que mantivo ata 1924 cando emigrou a Francia para obte-la cátedra en Arte Moderna en París. Dende 1926 a 1930 Ekster foi catedrática na Academia de Arte Contemporánea Leger. En 1936 participou na exposición Cubismo e Arte Abstracta en Nova York e nunha exposición exclusivamente dedicada a ela en Praga e en París. En 1936 comezou a traballar como ilustradora de libros para a empresa de publicidade Flammarion en París. Continuou neste traballo ata 1949, cando morreu no arrabalde de Fontanay-aux-Roses, en París.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar