Alejandro Sesmero

arquitecto español

Alejandro Rodríguez-Sesmero González (nalgunhas ocasións asinaba como Alejandro Sesmero)[1], nado en Xixón en 1843 e finado en Córdoba (Arxentina) o 22 de outubro de 1913, foi un arquitecto que traballou en Galicia.

Infotaula de personaAlejandro Sesmero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1843 Editar o valor em Wikidata
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de outubro de 1913 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Córdoba, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiDomingo Rodríguez Sesmero Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Domingo Esteban Rodríguez Sesmero, arquitecto nado en Medina del Campo. Estudou Arquitectura en Valladolid, acadando o título de Mestre de Obras. Colaborou co seu pai entre 1866 e 1869 como delineante da Deputación Provincial. Nese ano o seu pai trasladouse a Vigo, nomeado arquitecto municipal nesa cidade. Alejandro Sesmero foi interino nese posto entre maio de 1875 e xullo de 1876, momento en que pasou a ser arquitecto municipal interino de Pontevedra, pola renuncia de Justino Flórez Llamas.

 
Pazo da Deputación de Pontevedra, 1890.

Nesta cidade proxectou a expansión urbana cara ao exterior, logo de ser derrubada a muralla medieval. Deseñou a Casa Consistorial de Pontevedra, a avenida de Santa María, o palacete das Mendoza, a Alameda e o parque das Palmeiras, o cemiterio de Santo Amaro, os depósitos da traída de augas en San Amaro e as fontes no casco urbano, o Pazo da Deputación (xunto co seu pai), un colexio que hoxe é o edificio da Subdelegación de Defensa na provincia de Pontevedra, o antigo Mercado Municipal de 1886 e reformou a capela da Virxe do Camiño. En 1880 foille concedida a Cruz da Real Orde de Carlos III. En 1887 parte da corporación local propuxo a súa designación como arquitecto municipal, mais a idea non saíu adiante porque non tiña o título oficial de arquitecto.

 
Fonte da Praza do Peirao de Pontevedra, 1876, coa estatua da deusa romana Fama.

Dimitiu do posto e solicitou a legalización do título ante a Dirección Xeral de Instrución Pública. Unha vez conseguido, abandonou a súa muller, Pilar Rubio Romea, e os seus fillos (Adelaida, Ricardo, Enrique, María del Pilar, Alfonso e Margarita) e en xaneiro de 1889 marchou a Arxentina, sendo nomeado profesor de Arquitectura e Debuxo Arquitectónico na Facultade de Ciencias Físico-Matemáticas da Universidade Nacional de Córdoba. Alí compaxinou a docencia co deseño de edificios públicos, e foi membro de tribunais de oposicións.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Garrido, Xaime. "RODRÍGUEZ-SESMERO, Domingo e Alejandro". Gran Enciclopedia Galega.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar