Alejandra Murguía

debuxante galega, filla de Rosalía de Castro

Alejandra Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Alejandra Murguía, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1859[1] e finada na Coruña o 22 de marzo de 1937,[2] foi unha debuxante galega.

Alejandra Murguía
Nacemento12 de maio de 1859
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento22 de marzo de 1937
Lugar de falecementoA Coruña
Soterradacemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndebuxante
PaiManuel Murguía
NaiRosalía de Castro
IrmánsOvidio Murguía, Aura Murguía, Gala Murguía e Amara Murguía de Castro
Na rede
Find a Grave: 224040997 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi a filla máis vella de Manuel Murguía e Rosalía de Castro (que casaran o 10 de outubro de 1858 na igrexa de San Ildefonso de Madrid)[3] e afillada de Alejandro Chao.[4] Alejandra foi, canda Serafín Avendaño, mestra do seu irmán, o pintor Ovidio Murguía.

Rexeitou unha praza de restauradora no Museo do Prado. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, na que deseñou a cabeceira que se empregou dende o 20 de xullo de 1879.[5][6]

Na súa mocidade foi noiva de Joaquín Arias Sanjurjo, mais non chegaron a casar, ao pouco de finar Rosalía, porque Murguía a disuadiu[7]. Finou solteira e sen descendencia.

Galería de imaxes editar

 
Debuxo da súa nai Rosalía de Castro.
Debuxo da súa nai Rosalía de Castro
 
Placa na casa en que naceu, en Santiago.
Placa na casa en que naceu, en Santiago. 
 
A familia Murguía-Castro en 1883 ou 1884, Alejandra é a da dereita de todo.
A familia Murguía-Castro en 1883 ou 1884, Alejandra é a da dereita de todo. 
 
Cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar