Alejandro Chao

xornalista e editor galego

Alejandro Chao Fernández, nado en Vigo e finado en Madrid o 8 de febreiro de 1894, foi un xornalista e editor galego.

Alejandro Chao
Nacementoc. 1835
Lugar de nacementoVigo
Falecemento8 de febreiro de 1894
Lugar de falecementoMadrid
Soterradocemiterio de San Xusto
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e editor
PaiJosé María Chao Rodríguez
IrmánsEduardo Chao
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo de José María Chao Rodríguez. En 1856 fundou, en colaboración co seu cuñado José Ramón Fernández, o periódico La Oliva. Trasladouse a Cuba en 1859, fixou a súa residencia na Habana en 1864 onde creou un centro de publicacións, que máis tarde se converteu en librería e imprenta. En 1868 fundou, con Francisco de Armas Martínez, a revista El Ateneo. Despois publicou sucesivamente os semanarios El moro Muza, D.Juanípero e Juan Palomo, e o diario político La Legalidad. Tamén exercía de correspondente en Cuba de El Heraldo Gallego.

 
Follas novas, de Rosalía, editado por Chao.

Creou na Habana a empresa editorial La Propaganda Literaria, na que se editaron obras como Follas novas (1880), de Rosalía de Castro, Aires da miña terra (1880), de Manuel Curros Enríquez, e a curiosa Menestra de tipos populares de Galicia/copiados al natural por F. Guisasola, salpimentada por varios distinguidos escritores del país (Madrid, 1879).[1] Tamén publicou a Carta geográfica estadística de la isla de Cuba, de González de las Peñas, e outras obras de educación, agricultura, administración e literatura. Contribuíu coa súa axuda económica á impresión da Historia de Galicia de Manuel Murguía. Culminou o seu labor co establecemento dunha sucursal en Madrid para publicar La Ilustración Gallega y Asturiana. Sostivo a revista a pesar do déficit que lle produciu e protexeu a Luís Taboada, a quen nomeou o seu administrador para que puidese vivir en Madrid. Pouco despois, enfermou na Habana e regresou a Madrid, onde morreu en 1894.

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Outros artigos Editar