José María Chao Rodríguez

farmacéutico e político galego

José María Chao Rodríguez, nado en Lebosende (Leiro) o 30 de marzo de 1790 e finado en Vigo o 1 de novembro de 1858, foi un farmacéutico e político galego.

Modelo:BiografíaJosé María Chao Rodríguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1790 Editar o valor en Wikidata
Lebosende, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 1858 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEduardo Chao, Alejandro Chao Editar o valor en Wikidata

BUSC: chao-jose-maria-1790-1858

Traxectoria

editar

Fillo dunha familia de labregos ricos, estudou no colexio de Farmacia de Santiago de Compostela. Durante a invasión francesa alistouse no Batallón Literario. Participou en varias accións e ingresou como voluntario no Exército, servindo como practicante de farmacia ata 1814. Rematada a guerra, acabou os seus estudos de farmacia e estableceuse en Ribadavia, onde iniciou a actividade política antiabsolutista. Contribuíu a que Galicia fose das primeiras en proclamar o establecemento da Constitución e durante o Trienio liberal (1820-1823) participou, como miliciano nacional voluntario en Ribadavia, en varias liortas cos absolutistas.

En 1826 abriu a súa farmacia en Vigo que se converteu nun centro de conspiración política polo que, trala caída do réxime liberal na Década Ominosa, foi encarcerado ata 1829. Atribuíuselle o protagonismo do episodio do atentado ao Capitán Xeneral Nazario Eguía, carlista e obsesionado cos liberais, moitos dos cales foran fusilados baixo o seu mandato. En 1829 perdeu unha man ao estalarlle un explosivo que contiña unha carta dirixida ao seu nome e que segundo todas as sospeitas só podía ter sido fabricada por un químico experto en explosivos, como era Chao, que unía aos seus coñecementos de química a experiencia adquirida na Guerra da Independencia. Nos anos seguintes Chao sufriu prisión varias veces por cuestións políticas, o que lle supuxo graves problemas económicos.

Marchou a Santiago de Compostela onde foi nomeado socio da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Regresou a Vigo e, a finais de 1835, o gobernador de Pontevedra deulle unha comisión para realizar as fumigacións dos buques sospeitosos de ser focos de contaxio de enfermidades infecciosas.

A Xunta Gobernativa de Santiago de Compostela nomeouno boticario do Gran Hospital compostelán, e en 1843 a Xunta Central de Galicia designouno catedrático de Farmacia Experimental do colexio de Farmacia que se pretendía reabrir na Universidade. En 1850, o Ministerio nomeouno profesor de química e historia natural da Escola do Porto de Vigo.

Tivo unha destacada actuación na epidemia de cólera morbo que padeceu a provincia de Pontevedra arredor en 1854, polo que recibiu o recoñecemento da Xunta de Sanidade. Por este motivo publicou Específico contra el cólera (1854), na que expón os síntomas do cólera e o emprego dun medicamento co que obtivo beneficiosos resultados entre a poboación afectada. A preocupación polo tema sanitario, manifestada tamén nas denuncias contra a violación das disposicións sanitarias e as irregularidades que se cometían no lazareto da illa de San Simón, fixo que en 1858 a Xunta provincial de Sanidade lle confiase a dirección facultativa da botica anexa que debía establecerse neste lazareto e a subministración das fumigacións.

Foi pai de Eduardo e Alejandro Chao Fernández.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar