Gala Murguía de Castro
filla de Rosalía de Castro e Manuel Murguía
Gala Martínez-Murguía de Castro,[1] máis coñecida como Gala Murguía, nada en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finada na Coruña o 18 de xaneiro de 1964, foi a filla máis lonxeva de Rosalía e Murguía e tivo un papel importante na apertura da Casa Museo Rosalía de Castro, xa que foi clave na reconstrución da vida familiar na Casa da Matanza.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1871 Lestrobe, España |
Morte | 18 de xaneiro de 1964 (92 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Actividade | |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Pedro Izquierdo Corral (1922–) |
Pais | Manuel Murguía e Rosalía de Castro |
Irmáns | Ovidio Murguía Alejandra Murguía Aura Murguía Amara Murguía de Castro |
Traxectoria
editarEra a irmá xemelga de Ovidio Murguía.[3] En 1922 casou con Pedro Izquierdo Corral, mais non tiveron fillos.[3] Foi membro de honra da Real Academia Galega entre o 27 de maio de 1956 e o 14 de xaneiro de 1964.[4]
Notas
editar- ↑ "Académicos e académicas: Gala Martínez-Murguía de Castro". academia.gal. Consultado o 6 de febreiro de 2023.
- ↑ "A familia Murguía Castro, unha factoría cultural". rosalia.gal. Consultado o 6 de febreiro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 "Gala Murguía de Castro (1871-1964)". consellodacultura.gal. Consultado o 6 de febreiro de 2023.
- ↑ "Académicos e académicas de honra: históricos". academia.gal. Consultado o 6 de febreiro de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gala Murguía de Castro |