Alejandra Murguía

debuxante galega, filla de Rosalía de Castro

Alejandra Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Alejandra Murguía, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1859[1] e finada na Coruña o 22 de marzo de 1937,[2] foi unha debuxante galega.

Alejandra Murguía
Nacemento12 de maio de 1859
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento22 de marzo de 1937
Lugar de falecementoA Coruña
Soterradacemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndebuxante
PaiManuel Murguía
NaiRosalía de Castro
IrmánsOvidio Murguía, Aura Murguía, Gala Murguía e Amara Murguía de Castro
Na rede
Find a Grave: 224040997 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi a filla máis vella de Manuel Murguía e Rosalía de Castro (que casaran o 10 de outubro de 1858 na igrexa de San Ildefonso de Madrid)[3] e afillada de Alejandro Chao.[4] Alejandra foi, canda Serafín Avendaño, mestra do seu irmán, o pintor Ovidio Murguía.

Rexeitou unha praza de restauradora no Museo do Prado. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, na que deseñou a cabeceira que se empregou dende o 20 de xullo de 1879.[5][6]

Na súa mocidade foi noiva de Joaquín Arias Sanjurjo, mais non chegaron a casar, ao pouco de finar Rosalía, porque Murguía a disuadiu[7]. Finou solteira e sen descendencia.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Naya Pérez, J. (1974). "El final de una estirpe: Rosalía de Castro y Manuel Murguía". Boletín da Real Academia Galega XXXI (356): 24–42. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 31 de xaneiro de 2023. 
  2. Mayoralgo y Lodo, José Miguel de. Movimiento nobiliario. Año 1937
  3. Sixto Seco (1985) "Achegamento médico-antropolóxico á personalidade de Rosalía" p. 61.
  4. Martínez González, Xurxo (2014) "La Oliva. A ponte entre dúas xeracións" en Madrygal, 2015
  5. La Ilustración Gallega y Asturiana do 20 de xullo de 1879 Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. con cabeceira de Alejandra Murguía.
  6. La catedral de Santiago: Detalles del Pórtico de la Gloria Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. LIGyA, 10/12/1879.
  7. Naya Pérez, J. (1974). "El final de una estirpe: Rosalía de Castro y Manuel Murguía". Boletín da Real Academia Galega XXXI (356): 24–42. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 31 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar