Abrir o menú principal

Aelfwald de Anglia Oriental

Ælfwald, en inglés antigo Alfƿvell , (gobernante "Elf"), finado en 749, foi rei do reino anglosaxón de Anglia Oriental do 713 ao 749, reino que incluía os actuais condados ingleses de Norfolk e Suffolk.

Aelfwald de Anglia Oriental
East Anglian tally (Textus Roffensis).png
Nacementoséculo VII
Falecemento749
EtniaAnglos
Ocupaciónmonarca
PaiEaldwulf de Anglia Oriental
FillosEadwald de Anglia Oriental
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi o último rei da dinastía dos Wuffingas, cando sucedeu ao seu pai Ealdwulf, que gobernou por corenta e nove anos. Ælfwald gobernou durante trinta e seis anos e apenas tivo que facer ningún tipo de acción militar externa nin tivo loitas dinásticas internas, representa un longo período de estabilidade e de paz para os anglos orientais. Isto foi debido a varios factores, incluíndo a natureza resolta dos anglos orientais en asuntos eclesiásticos e a prosperidade debida ao comercio entre os portos da boca do Rin e o porto dos anglos en Gipeswic (moderna Ipswich). A cuñaxe de sceattas anglosaxoas incrementouse en tempo de Ælfwald e suxeriuse que os lugares onde se descubriron altas concentracións destas moedas son unha proba da existencia de ceca, mercados e actividade de produción propia.

Despois de regresar do seu exilio, Æthelbald de Mercia sucedeu a Ceolred, e, a continuación, fixo doazóns en Crowland para a Igrexa. A actitude amigábel de Ælfwald cara a Æthelbald axudou a manter relacións pacíficas co seu veciño máis poderoso. A Vida de Guthlac, un texto que inclúe información sobre Æthelbald durante o seu período de exilio en Crowland, é un libro dedicado a Ælfwald. As versións máis serodias da Vida revelan a alta calidade deste texto, escrito en inglés antigo e producido na Anglia Oriental durante o reinado de Ælfwald. Foi un ilustrado e devoto rei cristián: a súa carta escrita a Bonifacio por volta do ano 747 revela as súas habilidades diplomáticas e dá unha mirada inesperada á vida dun gobernante que está por outro lado, rodeada de descoñecemento.

LiñaxeEditar

A liñaxe dos anglos orientais nas Genealogiae regum anglorum de bede chega ata Ælfwald, indicando que foi feita durante o seu reinado, posibelmente en torno a 726. Mostra a Ælfwald como fillo de Eadwulf, a liñaxe ir retrocede nos antepasados pasando por Aethelric, Eni, Tytila, Wuffa, Wehha, Wilhelm, Hryp, Hrothmund, Trygil, Tyttman, Caser (César) e o deus Woden[1]. A Historia Brittonum, probabelmente feita a principios do século IX, tamén ten unha versión (o de ortu regum Estanglorum) en orde decrecente, que mostra: "Woden xerou a Casser, que xerou a Titinon, que xerou a Trigil, que xerou a Rodmunt, que xerou a Rippan, que xerou a William Guechan. El foi o primeiro que reinou en gran Bretaña, sobre os anglos orientais. Guecha xerou a Guffa, que xerou a Tydil, que xerou a Ecni, que xerou a Edric, que xerou a Aldul, que xerou a Elric"[2]. Non se sabe seguro de se o último nome, Elric, é unha confusión con Ælfwald ou se se refire a un individuo diferente[3].

O acceso ao tronoEditar

No seu acceso ao trono de Ælfwald o ano 713, Ceolred de Mercia dominaba ademais sobre Lindsey e Essex. Ecgburgh, irmá de Ælfwald, era a abadesa do mosteiro de Repton (Derbyshire)[4][5] e a educación de Ælfwald era, sen dúbida, cristiá[6][7].

Dedicación na Vida de GuthlacEditar

A apropiación dos dereitos para obter rendementos das terras que tiñan os mosteiros por parte de Ceolred de Mercia durante o seu reinado creou descontento entre os mercios[8]. Por esta razón perseguiu a un primo afastado, Æthelbald, o neto de Penda e irmán de Eowa. Æthelbald refuxiouse no inhóspito territorio dos Fens de Crowland, onde Guthlac, outro descendente da casa real de Mercia, vivía como un eremita[9]. Cando Guthlac morreu en 714, Ecgburgh, irmá de Ælfwald, proporcionou un sarcófago de pedra para o seu enterro[10]. Ceolred morreu no 716, blasfemando e demente, segundo os seus cronistas[9]. A liñaxe de Penda extinguiuse e Æthelbald ascendeu tamén como rei de Mercia.

Æthelbald viviu ata o 757 e levou o poder de Mercia a unha altura nova[11][12]. Non se esqueceu da súa débeda para Crowland e logo, despois do seu ascenso, fixo construír unha nova igrexa no lugar no que Guthlac vivira como un eremita[13]. A primeira Vida de Guthlac, escrita por un monxe chamado Felix, apareceu pouco despois da morte de Guthlac. Non se sabe máis deste Felix, aínda que Bertram Colgrave observou que, se cadra, foi un escolástico que tivo acceso ás obras de Beda, de Aldhelm, a unha Vida de san Fursey e obras latinas de Xerome, Atanasio de Alexandría, e Gregorio o Grande. Felix ou era un anglo oriental ou vivía no reino cando escribiu o libro, que foi escrito a petición de Ælfwald. N'A vida, Felix retrata o exilio de Æthelbald en Crowland e afirma o dereito de Ælfwald a gobernara Anglia Oriental[14]. Escribíronse dúas versións en verso en inglés antigo da Vida sobre a base do traballo de Felix, que mostran o vigor heroico e os modos elexíacos do reino de Ælfwald.

Sam Newton suxeriu que o poema heroico en inglés antigo Beowulf teña a súa orixe en Ælfwald de Anglia Oriental[15].

Os bispos de reiEditar

 
O reino de Ànglia Leste durante o reinado de Ælfwald

O bispo Æcci ocupou a sede de Anglia Oriental en Dommoc, despois de que fose dividida cara a 673 e durante o reinado deEadwulf sucedeuno o bispo Æscwulf[16]. No Concilio de Clofeshoh de 716, Heardred participou como bispo de Dommoc, mentres que Nothberht participou como bispo de Elmham, tras suceder a Bedwinus[13].

Durante a década dos 720, Cuthwine converteuse en bispo de Dommoc. Cuthwine era coñecido por Beda e viaxou a Roma, de onde volveu con manuscritos iluminados, entre os que estaba a Vida e traballos de San Paulo, os Epigrammata de Próspero de Aquitania e o Carmen Paschale de Celio Sedulio[17]. Segundo Beda, Ealdbeorht foi bispo de Dommoc e Headulacus bispo de Elmham en 731, pero sobre o 746 ou 747, Heardred II tiña substituído a Aldberct[16].

Desenvolvemento do porto de GipeswicEditar

Gipeswic foi o primeiro asentamento dos anglos orientais, a súa creación precedeu nun século á creación doutras cidades anglosaxoas como Norwich. Traballos de escavación en Ipswich revelaron que a cidade se expandiu ata o 50 hectáreas (120 acres) durante o reinado de Ælfwald, cando era coñecida como Gipeswic[18][19]. Xeralmente considérase a Gipeswic como a capital comercial do reino, que se desenvolveu baixo o padroado do rei Ælfwald[20]-

Unha rede de rúas rectangular conectaba o sector inicial do peirao coa extensión da cidade para o norte e unha antiga estrada que levaba cara ao leste[21]. O peirao de Gipeswic tamén continuou a se desenvolver dun xeito semellante ao sector do peirao de Dorestad, no sur da cidade continental de Utrecht, posibelmente, o seu principal socio comercial[22]. O trazado urbano de Gipeswic, do cal teñen sobrevivido partes, dividase en grupos rectangulares de edificios ou insulae, e as casas construíanse directamente á beira das rúas pavimentadas[23]. A cidade tiña talleres de cerámica, onde se produciu o que foi chamado desde a década de 1950 vaixela de Ipswich, que obtivo o seu esplendor nesta época[24].

A vella igrexa local, dedicada a santa Mildred, foi datada na década dos 740, época na que as reliquias da santa foron trasladados para a abadía de Minster-in-Thanet pola abadesa que a sucedeu, Eadburh[25].

CuñaxesEditar

As moedas do reinado de Ælfwald son algunhas das primeiras cuñadas na Anglia Oriental[26]. A cuñaxe de moedas de peniques de prata, denominadas sceattas, expandiuse durante esta época, e varios tipos son atribuídos á produción de Anglia Oriental. A maioría deles están incluídos en dúas categorías principais, chamadas serie Q e R. Ningún dos grupos leva nome real ningún nin título inscrito, polo que non é posíbel establecer con certeza cal foi a autoridade que a emitiu[27]. A serie Q, con afinidades northumbrias, está máis densamente distribuída ao oeste da Anglia Oriental, todo ao longo do límite dos Fens, entre a baía do Wash e Cambridge[28]. A serie R, coa efixie ou co estandarte, derivaba dos tipos orixinarios de Kent, e distribuíronse máis polo centro e leste de Anglia Oriental, incluíndo a área de Ipswich[27]. Segundo Michael Metcalf, a serie R tamén procedía de Anglia Oriental e foron cuñadas en Gipeswic[29].

Carta de BonifacioEditar

Sobreviviu, unha carta de Ælfwald a Bonifacio, líder da misión gregoriana. Foi escrita nalgún momento entre 742 e 749 e é un dos poucos documentos que sobreviviron do período que relata a historia eclesiástica de Anglia Oriental[30].

A carta, que é unha resposta a Bonifacio que lle demandara axuda, revela a boa comprensión do latín que tiña Ælfwald. A carta do rei tranquiliza a Bonifacio dicíndolle que o seu nome será recordado polos anglos orientais; contén unha oferta de intercambio de oracións: o rei e os anglos pregarán por el e someteranse á súa autoridade en asuntos eclesiásticos e Bonifacio, a cambio, pregará a Deus polas almas do rei e os seus súbditos e ensinaralles o camiño do ben segundo o dogma cristián[a]. Segundo Richard Hoggett, unha frase na carta, in septenis monasteriorum nostrorum sinaxis, que foi interpretada de forma incorrecta polos historiadores, que creron que o que quería dicir era que, naquela época, había sete mosteiros no reino de Ælfwald nos que se lían oracións, unha teoría que foi difícil de explicar para os estudosos[30]. Hoggett argumenta que as palabras nesta frase se refiren ao número de veces que os monxes pregan durante o día monástico e non o número de mosteiros existentes daquela. Apunta que esta interpretación foi publicada por Haddan e Stubbs en 1869[31][32].

MorteEditar

Ælfwald morreu en 749. Non se sabe se deixou un herdeiro inmediatamente. Despois da súa morte, segundo fontes medievais, Anglia Oriental foi dividida entre tres reis, en circunstancias non aclaradas[33][34].

NotasEditar

  1. Dumville 1976, p. 23-50.
  2. Giles 1906, p. 412.
  3. D A. Guides and Handbooks (p.20). Royal Historical Society, ed. 2. 
  4. Fryde et al. 1986, p. 9.
  5. Brown & Farr 2001, p. 70.
  6. Yorke 2002, p. 63.
  7. Fryde et al. 1986, p. 1—25.
  8. Colgrave 2007, p. 5.
  9. 9,0 9,1 Colgrave 2007, p. 6.
  10. Colgrave 2007, p. 147.
  11. Colgrave 2007, p. 7.
  12. Blair 1966, p. 168.
  13. 13,0 13,1 Plunkett 2005, p. 144.
  14. Colgrave 2007, p. 15—16.
  15. Newton 2004, p. 133.
  16. 16,0 16,1 Fryde et al. 1986, p. 216.
  17. Plunkett 2005, p. 146.
  18. Wade 2001, p. 2.
  19. Allen 2000, p. xvii.
  20. Yorke 2002, p. 65—66.
  21. Plunkett 2005, p. 149.
  22. Russo 1998, p. 172.
  23. Plunkett 2005, p. 149—150.
  24. Wade 2001, p. 1.
  25. Wade 2001, p. 3.
  26. Yorke 2002, p. 66.
  27. 27,0 27,1 Plunkett 2005, p. 148.
  28. Newman 2008, p. 18.
  29. Metcalf 1911, p. 10.
  30. 30,0 30,1 30,2 Hoggett 2010, p. 34.
  31. Hoggett 2010, p. 34—35.
  32. Haddan & Stubbs 1869, p. 152—153.
  33. Plunkett 2005, p. 155.
  34. Kirby 2000, p. 115.
  1. «[...] we wish to be at your will and command, on condition, however, that through your loving kindness you have the assistance of your prayers given to us without ceasing in the churches of God. And just as the purpose of God willed thee to become a shepherd over His people, so we long to feel in thee our patron. The names of the dead and of those who enter upon the way of all flesh, will be brought forward on both sides, as the season of the year demands, that the God of Gods and the Lord of Lords, who willed to place you in authority over bishops, may deign to bring His people through you to a knowledge of the One in Three, the Three in One.» (Tradución: Desexamos estar baixo a voasa vontade e guiados por vós, a condición, porén, que mediante o voso amor nos dediquedes as vosas pregarias sen parar nas igrexas de Deus. E así como o propósito de Deus foi que vós fósedes un pastor do seu pobo, nos ansiamos atopar en vós un patrón . Os nomes dos mortos e daqueles que están no mundo dos vivos, serán asistidos nos dous mundos, como o demande a estación do ano, xa que o Deus dos Deuses e o Señor dos Señores , que quixo situarvos nun lugar de autoridade entre os bispos, pode dignarse a guiar o seu pobo pola vosa acción cara ao coñecemento do Un en Tres e do Tres en Un[30].

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar