Ceolred de Mercia

rei de Mercia entre 709 e 716

Ceolred foi o rei de Mercia, reino situado no que hoxe constitúen as actuais Midlands inglesas, entre 709 e 716.

Modelo:BiografíaCeolred de Mercia
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor en Wikidata
Morte716 Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLichfield Editar o valor en Wikidata
Rei de Mercia
709 – 716
← Coenred de MerciaAethelbald de Mercia → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeWerburh Editar o valor en Wikidata
FillosWerburh Editar o valor en Wikidata
PaiAethelred de Mercia Editar o valor en Wikidata
IrmánsCeolwald de Mercia
Osric, King of the Hwicce
Oshere Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
Reinos de Britania a finais do século VII.

Traxectoria

editar

Situación do reino de Mercia a finais do século VII

editar

A finais do século VII, Inglaterra atopábase dividida en reinos gobernados polos anglosaxóns, pobo que emigrara a Britania uns douscentos anos antes. O reino de Mercia ocupaba o que hoxe constitúen as actuais Midlands inglesas, e colindaba con Northumbria ao norte, Anglia Oriental ao leste, e Wessex, o reino dos saxóns occidentais, ao oeste[1]. O reino de Essex, o dos saxóns orientais, incluía a cidade de Londres e atopábase entre Anglia Oriental e o reino de Kent[2].

A principal fonte da que procede a información sobre este período é o monxe Beda, autor de Historia ecclesiastica gentis Anglorum, obra que completou ao redor do ano 731. A pesar de que se enfoca na historia da Igrexa, a obra ofrece valiosa información sobre os reinos anglosaxóns temperáns. Beda contaba con informantes que lle achegaban os detalles da historia eclesiástica en Wessex e Kent, pero parece que non tivo ese tipo de contacto en Mercia[3]. Doutra banda, tamén perviviron até os nosos días algunhas cartas de Ceolred, nas que se rexistraban os outorgamentos de terra a individuos e a ordes relixiosas, así como a Crónica anglosaxoa, compliada en Wessex a finais do século XII, pero que incorpora material máis antigo[4][5][6][7].

Liñaxe e reinado

editar
 
Árbore xenealóxica de Ceolred.

O pai de Ceolred, Aethelred, chegou ao trono de Mercia en 675, tras a morte do seu irmán Wulfhere. Aethelred abdicou en 704 e marchou a Roma, deixando o reino ao seu sobriño Coenred, fillo de Wulfhere.

O reducido prestixio que alcanzaron tanto Ceolred como o seu predecesor, Coenred, poida que servisen para que aparecese certo descontento contra a nobreza de Mercia. Aethelbald atopábase no exilio na época do reinado de Ceolred, e a existencia dunha facción hostil de Ceolred podería indicar unha insatisfacción máis xeral contra a liña gobernante[8].

En 709 Coenred abdicou en favor de Ceolred[9]. Coenred acudiu a Roma e converteuse en monxe, sendo ordenado polo papa Constantino[10]. En xeral os historiadores aceptaron a versión de Beda sobre a abdicación de Coenred, pero Barbara Yorke tamén suxeriu a posibilidade de que non renunciase ao trono de forma voluntaria. Existen casos de reis que foron desposuídos do trono á forza e logo obrigados a entrar a formar parte de ordes relixiosas, debido a que a condición de monxe os volvía incapaces para ser reis. Ese foi o caso, por exemplo, de Osred II de Northumbria, que foi obrigado a entrar nun mosteiro[10].

Ceolred era fillo de Aethelred, pero a súa nai non era Osthryth, a única esposa rexistrada que tivo Aethelred. e poida que aínda fose mozo no momento do seu acceso ao trono[11]. Gran parte do que aparece rexistrado sobre Ceolred é negativo, acusándoo de cometer crimes e de inmoralidade, aínda que isto podía reflectir simplemente o dar un trato pobre ao estamento eclesiástico[11][12]. En 715 coñécese a existencia dunha batalla de Mercia, comandada por Ceolred, contra os Saxóns Occidentais, dirixidos por Ine de Wessex, nun lugar chamado "Woden's Barrow", pero descoñécese o resultado final desta batalla, que foi o resultado dunha invasión dirixida por Ceolred contra o territorio de Wessex[13].

Ceolred estivo casado con Santa Werburgh[14].

Cartas de outorgamento

editar

Ceolred confirmou un outorgamento a Waldhere, bispo de Londres, o cal é unha evidencia de que Londres se atopaba firmemente controlada por Mercia durante o seu reinado[15]. Posteriores reis de Mercia trataron a Londres como unha posesión directa, e non tanto como unha provincia gobernada por un rei vasalo, pero Ceolred non chegou tan lonxe[16][17]. Sobreviviron tres cartas posibelmente xenuínas de Ceolred[18].

Morte e sucesión

editar

Ceolred morreu en 716. San Bonifacio describiu posteriormente a súa morte como o resultado dun frenesí de tolemia que tivo lugar durante un banquete, "falando cos demos e maldicindo aos sacerdotes de Deus". Sucedeuno no trono Aethelbald de Mercia, un membro doutra rama da familia real de Mercia que fora obrigado a exiliarse durante o goberno de Ceolred[11]. Ceolred foi enterrado en Lichfield[13].

  1. Yorke, "The Origins of Mercia" in Brown & Farr, Mercia, pp. 15–16.
  2. Yorke, Kings and Kingdoms.
  3. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 100.
  4. "Anglo-Saxons.net: S 54". Sean Miller. Consultado o 11 de marzo de 2009. 
  5. "Anglo-Saxons.net: S 65". Sean Miller. Consultado o 11 de marzo de 2009. 
  6. "Anglo-Saxons.net: S 81". Sean Miller. Consultado o 11 de marzo de 2009. 
  7. Simon Keynes, "Anglo-Saxon Chronicle", in Blackwell Encyclopedia, p. 35.
  8. Yorke, Kings and Kingdoms, p. 112.
  9. Kelly, "Coenred"
  10. 10,0 10,1 Yorke, Kings and Kingdoms, p. 174.
  11. 11,0 11,1 11,2 D. P. Kirby, The Earliest English Kings (1991, 2000 paperback), páxinas 108–109.
  12. Frank Stenton, Anglo-Saxon England (1943, 1971, 1998 paperback), páxina 203.
  13. 13,0 13,1 The Anglo-Saxon Chronicle, manuscritos A e E, anos 715 e 716.
  14. Britannia Biography of St. Werburga of Mercia Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  15. Kirby, Earliest English Kings, pp. 123–124.
  16. Stenton, Anglo-Saxon England, pp. 203–205.
  17. Wormald, "The Age of Bede and Æthelbald", p. 95.
  18. Cartas S 54, S 65, y S 81; véxanse os listados baixo "Confirmation of land / privileges" e "Grant" na sección "Events" de "PASE Index of Persons". King's College London. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2009.