Lichfield

cidade de Staffordshire, Inglaterra

Coordenadas: 52°41′01″N 1°49′36″O / 52.6835, -1.82653

Lichfield é unha cidade do centro de Inglaterra.[2] Atópase no condado de Staffordshire, a uns 25 km ó norte de Birmingham e a uns 200 ó noroeste de Londres. O seu nome en latín é Letocetum e en galés é Caerlwytgoed.

Lichfield
Lichfield Collage.jpg
Vistas da cidade
Localización
Lichfield en Inglaterra
Lichfield
Lichfield
PaísFlag of the United Kingdom (3-5).svg Reino Unido
Nación constituínteInglaterra Inglaterra
RexiónMidlands do Oeste
CondadoStaffordshire
Xeografía
Altitude81[1] msnm
Demografía
Poboación32 219 (2011)
Outros datos
Código postalLICHFIELD
Páxina oficial

DemografíaEditar

Lichfield ten unha poboación estimada duns 30.000 habitantes (2007), pero o distrito de Lichfield chega ós 93.232 segundo o censo de 2001, ano en que Lichfield tiña 27.900 habitantes.[3][4] O 98,1% da poboación é branca, e o 79% son cristiáns.[5]

Crecemento demográfico de Lichfield dende 1685
Ano 1685 1781 1801 1831 1901 1911 1951 1961 1971 1981 1991 2001
Poboación 3.040 3.555 4.840 6.252 7.900 8.616 10.260 14.090 22.660 25.400 28.666 27.900

CatedralEditar

 
Catedral de Lichfield.

De entre os edificios da cidade salienta a catedral de Lichfield, unha igrexa gótica con tres torres rematadas en agulla e que é sede da diocese de Lichfield. A súa construción comezou en 1195, pero non foi rematada até a década de 1330, coa construción da "Lady Chapel". Un dos seus materiais principais é a arenita vermella.

NotasEditar

  1. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  2. "Names and codes for Administrative Geography". Office for National Statistics. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2010. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  3. Mid-2007 Quinary Estimates for 2009 wards (experimental) at "Ward mid-year population estimates for England and Wales (experimental)". Office for National Statistics. 
  4. http://www.statistics.gov.uk/census2001/pyramids/pages/41UD.asp
  5. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 26 de xuño de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar