Wuffa de Anglia Oriental
Wuffa ou Ufa, finado en c. 578, foi rei de Anglia Oriental (571-578).
Nome orixinal | (en) Wuffa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VI |
Morte | 578 |
Monarca | |
571 – 578 ← Wehha de Anglia Oriental – Tyttla de Anglia Oriental → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Wuffingas |
Fillos | Tyttla de Anglia Oriental |
Pai | Wehha de Anglia Oriental |
Traxectoria
editarFillo do rei Wehha, foi pai do seu sucesor, Tyttla, e avó de Raedwald, a quen, sen probas concluíntes se quixo identificar co personaxe para o que foi realizado, a principios do século VII, o barco funerario de Sutton Hoo (Woodbridge, Suffolk). Os membros de familia real de Anglia Oriental, no seu recordo, denomináronse a si mesmos como os Wuffingas (The Wuffings).
O seu nome, en inglés antigo, sería o diminutivo de wolf (lobo).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dumville, David N.: "The Anglian collection of royal genealogies and regnal lists". Anglo-Saxon England, 5 (1976). p. 23-50. Cambridge University Press.
- Moisi, Hermann: "Anglo-Saxon royal genealogies and Germanic oral tradition". Journal of Medieval History, 7.3 (1981). p. 215-248.
- Kirbi, D. P.: The earliest english kings. 2ª Ed. Routledge Ed. Londres, 1992. ISBN 0-415-24211-8.
- Newton, Sam: The Origins Of Beowulf And The Pre-viking Kingdom Of East Anglia. Boydell & Brewer Inc. Woodbridge, 1993. ISBN 0-415-24211-8.
- Lapidge, Michael & alii: The Blackwell encyclopaedia of Anglo-Saxon England. Blackwell Publishing. Oxford, 2003. ISBN 0-85991-361-9.
Ligazóns externas
editar- kmatthews(en inglés)
- Germantribes[Ligazón morta]. (en inglés)
- os wuffingas. (en inglés)