Wehha de Anglia Oriental
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Wehha, finado c. 571, foi o primeiro rei de Anglia Oriental, un dos antigos reinos anglosaxóns da a actual Inglaterra, (século VI).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | I milenio |
Morte | 541 |
Monarca | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Wuffingas |
Fillos | Wuffa de Anglia Oriental |
Pai | Wilhelm |
Traxectoria
editarPosiblemente Wehha formou o reino tras unir aos pobos que habitaban o norte (Norfolk) e sur (Suffolk) da rexión.
Foi pai de Wuffa, o seu sucesor. Os membros de familia real de Anglia Oriental, lembrando ao seu devanceiro, denomináronse a si mesmo como os Wuffingas (The Wuffings). Sen probas concluíntes, quíxose identificar ao seu bisneto Raedwald co personaxe para o que foi realizado, a principios do século VII, o barco funerario de Sutton Hoo (Woodbridge, Suffolk).
O seu xenealoxía mítica fíxoo ser fillo de Wilhelm, fillo de Hryp, fillo de Hroðmund, fillo de Trygil, fillo de Tyttman, fillo de Caser, fillo de Woden.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dumville, David N.: "The Anglian collection of royal genealogies and regnal lists". Anglo-Saxon England, 5 (1976). p. 23-50. Cambridge University Press.
- Moisi, Hermann: "Anglo-Saxon royal genealogies and Germanic oral tradition". Journal of Medieval History, 7.3 (1981). p. 215-248.
- Kirbi, D. P.: The earliest english kings. 2ª Ed. Routledge Ed. Londres, 1992. ISBN 0-415-24211-8.
- Lapidge, Michael & alii: The Blackwell encyclopaedia of Anglo-Saxon England. Blackwell Publishing. Oxford, 2003. ISBN 0-631-22492-0.