Alberht de Anglia Oriental

Rei de Anglia Oriental

Alberht (tamén escrito Ethælbert, Albert ou Æthelberht I), foi rei de Anglia Oriental de 749 ata o 760, xunto con Beonna, e quizais un terceiro rei chamado Hun. Non todos os expertos están de acordo coa datación do seu reinado, nin en se foi un reinado compartido ou consecutivo.

Infotaula de personaAlberht de Anglia Oriental

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Morteséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Rei de Anglia Oriental
749 – 760
← Aelfwald de Anglia OrientalAethelred I de Anglia Oriental → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dado que non hai moita información sobre os eventos despois da morte do seu predecesor no trono Ælfwald, algúns historiadores teñen proposto varias teorías de como sucedeu todo.

Goberno con Beonna editar

Alberht foi un punto escuro na historia da Anglia Oriental, xa que o seu estudo escapa das posibilidades de investigación e durante séculos a única fonte documental onde se mencionaba era unha crónica medieval, posterior á súa época. Na Historia Regum, escrita no século XII, dise que, tras a morte de Ælfwald, o reino foi dividido entre Hunbeanna e Alberht[1][2]. A redacción deste libro foi atribuída a Simeón de Durham, pero actualmente crese máis probábel que a súa autoría é de Byrhtferth de Ramsey, que a tería feito a finais do século X[3]. Por outros escritos e varias moedas atopadas sóubose que con quen compartira o goberno fora con Beonna. Outra fonte de información foi a lista dos reis do mesmo libro, onde se di que: "Durante o reinado de Offa, rei de Mercia, Beonna reinaba na Anglia Oriental, e tras el Æthelred ..." [4][5][6][7]. Isto fixo xurdir as dúbidas sobre se o goberno foi compartido ou un despois do outro. Na sección do ano 749 de Flores Historiarum, escrito polo cronista Mateu de París no século XIII, tamén se relata que: "Aethelwold, rei da Anglia Oriental morreu, e Beonna e Aethelberht dividiron ese dominio entre eles[8]." Os historiadores H. M. Chadwick e Dorothy Whitelock suxeriron que a palabra Hunbeanna foi a unión de dous nomes, Hun e Beanna, e que, en realidade, a división do reino foi en tres partes; Steven Plunkett explicou que a palabra Hunbeanna tiña que ser un erro de copista, que tería xuntado as palabras Hun e Beonna nunha soa e tamén deu soporte á teoría dun país gobernado por tres reis[7]. O problema é que non se deu demostrado a existencia de rei ningún chamado Hun, nin tan sequera se atopou ningunha moeda co seu nome, pero si co nome dos outros dous.

A historiadora Barbara Yorke suxeriu a posibilidade de que cada rei gobernase por separado unha parte do reino, pero recoñece que o escenario polític do ano 749 non se acaba de entender totalmente[9]. D. P. Kirby ten dado un punto de vista alternativo aos acontecementos que terían acontecido despois da morte de Ælfwald: pensa que hai algún tipo de relación entre Alberht e Adalberto II, ou que podería ser a mesma persoa, e que Alberht aínda gobernaba en 794, o que significaría que tería gobernado por corenta e cinco anos[10].

Beonna non é un nome característico da dinastía de reis que gobernaron Anglia Oriental, os Wuffingas, máis ben parece típico da dinastía dos reis de Mercia. Por outra banda, a palabra Alberht encaixa coas aliteracions propias dos Wuffingas, podería incluso ser unha forma abreviada do nome Æthelberht[11]. Polo tanto, é posíbel que cando Ælfwald morreu, Alberht fose o que continuaba a liña dinástica[7], pero aceptou a presenza dun representante do poder de Mercia no seu país[12].

Crese que dos dous, Beonna era o rei de máis idade, unha idea baseada no gran número de moedas que levan o seu nome e pola cooperación entre Anglia Oriental e Mercia na batalla de Burford Bridge contra Cuthred de Wessex no ano 752. Beonna tamén podería estar relacionado co Beornred, que por uns meses gobernou Mercia tras o asasinato de Æthelbald no ano 757.

Moedas editar

A cuñaxe de moedas en Anglia Oriental probabelmente comezou durante o reinado de Beonna. Houbo unha ceca en Suffolk, que continuou a producir moedas durante o período de hexemonía de Mercia en Anglia Oriental e ata a invasión dos viquingos na segunda metade do século IX[13].

A confirmación da existencia de Alberht como figura histórica xurdiu do descubrimento dunha única moeda co seu nome nunha escavación arqueolóxica. Non hai dúbida sobre a autenticidade da moeda, que atopou Valerie Fenwick en Burrow Hill, un outeiro da poboación de Butley, no condado de Suffolk. No mesmo estrato atopáronse diversas variedades dunha moeda chamada sceatta, co nome de Beonna. O lugar está situado nunha illa do esteiro do Wash, unha posición estratéxica preto da capital, Rendlesham[14].

Usando grafías do alfabeto rúnico nesta moeda está tamén o nome do cuñador: Tiælred (que podería ser unha versión do nome Coeldred) e no anverso está o nome do rei Ethælbert[15]. A moeda, cun contido de prata de aproximadamente do 42%, foi feito cun molde grande como o que e foi usado nas últimas moedas de Beonna, feita por un cuñador chamado Efe, e o estilo de deseño é tamén similar. Foi exposta no Museo Británico en 1992[16].

Notas editar

  1. «Historia Regum (foli 62R)[Ligazón morta]». Parker Library. Stanford University. [Consulta: 26 juny 2017].
  2. «Historia Regum (foli 62V)[Ligazón morta]». Parker Library. Stanford University. [Consulta: 26 juny 2017].
  3. Lapidge 1966, p. 32.
  4. Pagan 1968, p. 14.
  5. Forester 1854, p. 445.
  6. Thorpe 1848, p. 261.
  7. 7,0 7,1 7,2 Plunkett 2005, p. 155.
  8. Yonge 1858, p. 361.
  9. Yorke 2002, p. 69.
  10. Kirby 2000, p. 115.
  11. Yorke 2002, p. 67, 119.
  12. Archibald, Cowell & Fenwick 1996, p. 12.
  13. Grierson & Blackburn 1986, p. 588.
  14. Plunkett 2005, p. 155—156.
  15. Page 1973, p. 126.
  16. Archibald, Cowell & Fenwick 1985, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Archibald, Marion M.; Fenwick. V. H.; Cowell, M.R. (1996). "A sceat of Ethelbert I of East Anglia and Recent Finds of Coins of Beonna". British Numismatic Journal 65: 1–19. 
  • J. Campbell (Ed.), The Anglo-Saxons (Oxford 1982).
  • Fenwick, V.H. (1984). "Insula de Burgh: Excavations at Burrow Hill, Butley, Suffolk 1978-1981". Anglo-Saxon Studies in Archaeology and History 3: 35–54. 
  • J. A. Giles, Roger of Wendover's Flowers of History (Translation - 2 Vols.) (Londres 1849).
  • Website: Fitzwilliam Museum, Cambridge: Corpus of Early Mediaeval Coin Finds, and Sylloge of Coins of the British Isles (www.fitzmuseum.cam.ac.uk/coins/emc).