Abrir o menú principal

Adolf Friedrich Johann Butenandt, nado o 24 de marzo de 1903 en Lehe, Bremerhaven, (Alemaña) e finado o 18 de xaneiro de 1995 en Múnic, foi un bioquímico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1939.

Adolf Friedrich Johann Butenandt
Nobel prize medal.svg
A. Butenandt 1921.jpg
Adolf Friedrich Johann Butenandt en 1939
Datos persoais
Nacemento24 de marzo de 1903
LugarLehe, Bremerhaven Alemaña Alemaña
Falecemento18 de xaneiro de 1995 (91 anos)
LugarMúnic Alemaña Alemaña
ResidenciaAlemaña Alemaña
NacionalidadeAlemán
Cónxuxe
  • Erika Ziegner (1931)
  • Actividade
    Campo
  • Química orgánica e Bioquímica
  • Alma máter
  • Universidade de Marburg
  • Universidade de Gotinga
  • Director de tese
  • Adolf Windaus
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Investigar as hormonas sexuais humanas
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1939)
  • editar datos en Wikidata ]

    Índice

    TraxectoriaEditar

     
    Estrutura do estrone.

    Estudou na Universidade de Marburg e na Universidade de Gotinga, onde se graduou en 1927, tendo como profesor a Adolf Windaus. Desde 1931 impartiu clases na Universidade de Gotinga e desde 1933 na Escola Técnica Superior de Danzig.

    En 1936 foi nomeado director do Instituto de Bioquímica de Max Planck (antes chamado Kaiser Wilhelm) en Berlín-Dahlem.

    Desde 1945 impartiu clases e investigou na Universidade de Tubinga, e posteriormente entre 1956 e 1971, foi profesor de química fisiolóxica na Universidade de Múnic e presidente da Sociedade Max Planck para o Progreso da Ciencia entre 1960 e 1972.

    Investigacións científicasEditar

    Dedicouse a investigar as hormonas sexuais humanas, illando en 1929 o estróxeno, a androsterona en 1931 e a proxesterona e testosterona en 1934, determinando, así mesmo, as relacións entre estas e os esteroides.

    Foi galardoado en 1939 co premio Nobel de Química, que compartiu con Leopold Ruzicka, polos seus traballos sobre as hormonas sexuais, pero o réxime nacionalsocialista no poder, obrigoulle a rexeitar tal galardón, que finalmente aceptou en 1949.

    As súas investigacións, ademais, trataron sobre as hormonas e os virus dos insectos.

    Véxase taménEditar