Abesouro
Os abesouros,[1] ou abellóns,[2] son insectos himenópteros apócritos apoideos da familia dos ápidos, subfamilia dos apinos, integrados no xénero Bombus,[3][4] o único actual da tribo dos bombinos.
Abesouros Xénero Bombus Rango fósil: Eoceno - Actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bombus dahlbomii | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Características
editarTeñen o corpo peludo, e dunha cor semellante á das abellas para alertaren aos depredadores da súa perigosidade. Os abesouros teñen tamén ferrón mais non o acostuman utilizar.
Son insectos sociais, mais as súas colonias non adoitan ter numerosos individuos, moito menos cas das abellas (arredor duns 50) e aínda que fan mel, non a acumulan en tanta cantidade.
Só a femia, que será a fundadora dunha nova colonia na primavera, chega a pasar o inverno.
Son moi bos polinizadores de toda clase de plantas bravas e cultivadas. Deste xeito utilízanse, por exemplo, para polinizar tomates nos invernadoiros.
Poden voar con temperaturas máis baixas cás abellas e incluso coa chuvia, xa que teñen un mecanismo especial de control de temperatura do corpo.
Moitas especies de Bombus están en perigo de extinción e, con elas, as plantas que polinizan.
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero Bombus foi descrito en 1802 polo sacerdote católico e notábel entomólogo francés Pierre André Latreille, na súa obra Histoire naturelle générale et particulière des crustacés et insectes (14 vols., 1802-1805).
Etimoloxía
editarO nome científico Bombus está tirado do latín vulgar, derivado do grego antigo βόμβος bómbos, "abesouro".[5]
Sinónimo
editarAdemais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinonimo:[3]
- Psithyrus Lepeletier, 1833
Especies
editarO xénero conta con máis de 250 especies, divididas en 38 subxéneros.[6][7][8]
Especies europeas
editarAs especies presentes en Europa son:[9]
- Bombus alpinus Linnaeus, 1758
- Bombus argillaceus Scopoli, 1763
- Bombus armeniacus Radoszkowski, 1877
- Bombus balteatus Dahlbom, 1832
- Bombus barbutellus Kirby, 1802
- Bombus bohemicus Seidl, 1838
- Bombus brodmannicus Vogt, 1909
- Bombus campestris Panzer, 1801
- Bombus cingulatus Wahlberg, 1854
- Bombus confusus Schenck, 1859
- Bombus consobrinus Dahlbom, 1832
- Bombus cullumanus Kirby, 1802
- Bombus deuteronymus Schulz, 1906
- Bombus distinguendus Morawitz, 1869
- Bombus flavidus Eversmann, 1852
- Bombus fragrans Pallas, 1771
- Bombus gerstaeckeri Morawitz, 1881
- Bombus haematurus Kriechbaumer, 1870
- Bombus hortorum Linnaeus, 1758
- Bombus humilis Illiger, 1806
- Bombus hyperboreus Schoenherr, 1809
- Bombus hypnorum Linnaeus, 1758
- Bombus inexspectatus Tkalcu, 1963
- Bombus jonellus Kirby, 1802
- Bombus laesus Morawitz, 1875
- Bombus lapidarius Linnaeus, 1758
- Bombus lapponicus Fabricius, 1793
- Bombus lucorum Linnaeus, 1761
- Bombus magnus Vogt, 1911
- Bombus maxillosus Klug, 1817
- Bombus mendax Gerstaecker, 1869
- Bombus mesomelas Gerstaecker, 1869
- Bombus mlokosievitzii Radoszkowski, 1877
- Bombus modestus Eversmann, 1852
- Bombus monticola Smith, 1849
- Bombus mucidus Gerstaecker, 1869
- Bombus muscorum Linnaeus, 1758
- Bombus norvegicus Sparre-Schneider, 1918
- Bombus pascuorum Scopoli, 1763
- Bombus perezi Schulthess-Rechburg, 1886
- Bombus polaris Curtis, 1835
- Bombus pomorum Panzer, 1805
- Bombus pratorum Linnaeus, 1761
- Bombus pyrenaeus Perez, 1879
- Bombus quadricolor Lepeletier, 1832
- Bombus ruderarius Müller, 1776
- Bombus ruderatus Fabricius, 1775
- Bombus rupestris Fabricius, 1793
- Bombus schrencki Morawitz, 1881
- Bombus semenoviellus Skorikov, 1910
- Bombus serrisquama Morawitz, 1888
- Bombus shaposhnikovi Skorikov, 1910
- Bombus sichelii Radoszkowski, 1859
- Bombus soroeensis Fabricius, 1777
- Bombus subterraneus Linnaeus, 1758
- Bombus sylvarum Linnaeus, 1758
- Bombus sylvestris Lepeletier, 1832
- Bombus terrestris Linnaeus, 1758
- Bombus vestalis Geoffroy, 1785
- Bombus veteranus Fabricius, 1793
- Bombus vorticosus Gerstaecker, 1872
- Bombus wurflenii Radoszkowski, 1859
En Galicia
editarEntre as especies que viven en Galicia está Bombus hortorum, o abellón das hortas, citada na mina de Meirama, que adoita construír os seus niños baixo o solo, onde viven até 120 individuos cunha raíña, que é a única que sobrevive ao inverno,[10] e Bombus pascuorum, citado en Bastavales, Brión.[Cómpre referencia]
Galería
editarNotas
editar- ↑ abesouro no Dicionario da RAG,
- ↑ abellón, 2ª acep. no Dicionario da RAG. (Téñase en conta que tamén se lles chama abellóns aos machos da abella e aos abázcaros (Vespa crabro).
- ↑ 3,0 3,1 Bombus no GBIF. Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ Bombus na BioLib. Consultada o 8 de xuño de 2022.
- ↑ Bombus no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
- ↑ Williams, Paul H. (1998): "An annotated checklist of bumble bees with an analysis of patterns of description". Bulletin of the Natural History Museum, Entomology Series 67: 79–152.
- ↑ Cameron S. A., Hines H. M. & Williams P. H.: "A comprehensive filogeny of the bumblee bees (Bombus)" Biological Journal of the Linnean Society 2007 91: 161–188.
- ↑ "Bombus". Hymenoptera Online Database. Consultado o 8 de maio de 2022.
- ↑ Fauna europaea: Bombus. Consultada o 8 de xuño de 2022.
- ↑ Gas Natural Fenosa (2015): La biodiversidad en el lago de la mina de Meirama y su entorno Arquivado 08 de marzo de 2021 en Wayback Machine.. Madrid: Gas Natural Fenosa. ISBN 978-84-606-8367-4.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Abesouro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Abesouro |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Abellón |
Bibliografía
editar- Michener, C. D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore, Mariland: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
- Buchmann, Stephen L. & Nabhan, Gary Paul (1996): The forgotten pollinators. Island Press, Washington DC, Covelo, CA ISBN 1-5596-3353-0.
- O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Cassell Illustrated. ISBN 0-8160-5712-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Bumble Bees. Bombus Latreille 1802 na EOL.
- Ficha del abejorro común (Bombus terrestris) (en castelán).
- Bombus en Discover Life (en inglés).
- Genus Bombus. Bumble Bees en BugGuide (en inglés). Con imaxes dos subxéneros.