A Roda de Espiño

castro en Grixalba, Sobrado

Coordenadas: 43°04′30″N 8°00′28″O / 43.07510556, -8.00779444

A Roda de Espiño[1][2][3] (ou simplemente A Roda),[2] tamén coñecida coma o alto de Espiño,[1] alto da Roda[4] ou castro de Sante[2][3], é un castro da parroquia de Grixalba (Sobrado) situado nas inmediacións dos lugares de Sante e As Cruces.

A Roda de Espiño
ParroquiaGrixalba
ConcelloSobrado
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15080016
Cronoloxía
Extensión estimada0,55 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

Toponimia editar

O topónimo «A Roda de Espiño» está formado polo tamén topónimo «Roda» e polo antropónimo «Espiño».

Canto a «Roda», procedería do latín rota (‘roda’), isto é, un espazo arredondado ou circular.[5] No entanto, tamén podería ser un hidrónimo que tería orixe na raíz indoeuropea rod-, da cal proceden diferentes hidrotopónimos de toda Europa.[6][a]

Pola súa banda, «Espiño» fai referencia á casa a que pertencen as terras do castro.[1]

Morfoloxía editar

A unha altitude de 585 msnm, o seu recinto ten uns 75 metros de diámetro e consta dun «aparente complexo sistema defensivo», desfigurado polos camiños e os labores agrícolas. A parte sueste está destruída. No interior existen abondosos afloramentos rochosos.[2] O acceso orixinal non se conserva e podería estar ó leste.[8]

Alén disto, cómpre salientar a posíbel existencia dun segundo recinto duns 40 metros de diámetro inmediato ó sur-sueste do principal.[2] A complexa estrutura global do castro permite teorizar sobre un castro primitivo coa súa posterior ampliación.[3]

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Porén, téñense atopado tégulas, unha columna (nunha leira do nordeste) e catro muíños de man.[9][2]

Por outra banda, en 1978 achouse nas proximidades unha machada neolítica, a cal se conserva no Museo da Terra de Melide.[10]

Folclore editar

É un dos castros do concello de Sobrado con maior número de lendas asociadas. Estes relatos fan referencia sobre todo ós mouros, mais tamén á existencia dunha cova ou mina, ás trabes de ouro e alcatrán etc.[11][2]

Notas editar

  1. Por exemplo, o río Rodil na propia Galiza, o Rhonelle en Francia, o Rednitz en Alemaña e o Rodund en Noruega.[6] Mais tamén, o río Ródano (en francés: Rhône, en alemán: Rhone ou Rotten), que ademais aparece no galego-portugués antigo coma Rodão e Rodan.[7]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 Río López 1986, p. 93.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Catálogo (PDF) (Informe). Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Sobrado. 2009. GA15080016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Historia". Concello de Sobrado. Consultado o 5.5.2019. 
  4. "Visor de cartografía catastral". Sede Electrónica del Catastro (en castelán). Consultado o 5.5.2019. 
  5. Menéndez de Luarca Navia Osorio, José Ramón (2000). La construccion del territorio, mapa histórico del noroeste (PDF) (versión dixital) (en castelán). I: Prehistoria, romanización y germanización. p. 22. 
  6. 6,0 6,1 Llamazares Sanjuán, Ángel (2002). "Toponimia e historia: ¿Roderos, un ‘topónimo de oficio’?". Tierras de León: Revista de la Diputación Provincial (en castelán) 40 (115): 162, 168–169. ISSN 0495-5773. 
  7. Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (PDF) (Tese). Universidade de Santiago de Compostela. p. 297. 
  8. Río López 1986, p. 95.
  9. Río López 1986, p. 96.
  10. Río López 1986, pp. 50-51, 99.
  11. Río López 1986, p. 96-99.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar