A Cima de Vila, Caroi, Cerdedo-Cotobade

lugar da parroquia de Caroi, no concello de Cerdedo-Cotobade

A Cima de Vila é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no ano 2022 tiña 12 habitantes (6 homes e 6 mulleres).[1]

A Cima de Vila
ParroquiaCaroi
ConcelloCerdedo-Cotobade
Coordenadas42°28′53″N 8°24′33″O / 42.481304734179, -8.4090530585745Coordenadas: 42°28′53″N 8°24′33″O / 42.481304734179, -8.4090530585745
Poboación12 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

O nome débese a que é o lugar situado a maior altitude da parroquia, a uns 650 metros de altitude. Así mesmo, é o lugar habitado máis oriental do concello.

Patrimonio editar

Neste lugar hai dúas mámoas, a das Zacoteiras e a de Chan do Caveiro, dous túmulos megalíticos datados no neolítico.

Tamén se atopa o muíño da Cima de Vila, no río Almofrei, e a Neveira, xa no monte do Seixo, onde se aprisionaba a neve que, transportada en cabalarías, se vendía no porto de Marín.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Caroi editar

Lugares da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

A Bouza do Home | Bouzas | A Casola | A Cima de Vila | A Costa | O Coto | A Eirexe | Fraguas | A Graña | A Laxa | Medelo | O Porto

Parroquias de Cerdedo-Cotobade editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas editar

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 17 de febreiro de 2023.