Ábsida de Sant Climent de Taüll

A ábsida central de Sant Climent de Taüll é unha pintura mural que pertence ó conxunto da igrexa de Sant Climent de Taüll de la Vall de Boí, lugar onde se atopa a meirande concentración de arte románica de toda Europa, cunha igrexa por cada 25 km².[1] O conxunto de igrexas románicas de la Vall de Boí foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000.

Ábsida de Sant Climent de Taüll
Meister aus Tahull 001.jpg
ArtistaMestre de Taüll
Data1123
TécnicaFresco
Dimensións630 cm × 360 cm
LocalizaciónMuseo Nacional de Arte de Cataluña (Barcelona)

Os trazos característicos e diferenciais desta obra, realizada polo autor coñecido como mestre de Taüll, fan que sexa considerado «un dos exemplos máis puros da arte románica europea»[2] e «unha das iconas máis representativas do románico catalán, especialmente pola forza que se reflicte na súa faciana».[3] Trasladada baixo a dirección de Puig i Cadafalch a comezos do século XX, a obra está exposta na actualidade no Museo Nacional de Arte de Cataluña, o museo coa mellor colección de pinturas murais románicas do mundo.[4]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar