Xosé Gil Gil

fotógrafo e director de cinema galego

Xosé Gil Gil, nado en Barxa (Rubiós, As Neves) o 3 de abril de 1870 e finado en Vigo o 1 de xaneiro de 1937, foi un fotógrafo e director de cinema, a figura máis relevante do cinema galego entre os pioneiros que xurdiron no primeiro terzo do século XX, debido ó elevado número de obras que realizou e polo carácter documental dos seus filmes, unha das mellores fontes para coñece-la Galiza do momento.[1]

Modelo:BiografíaJosé Gil Gil
Biografía
Nacemento(es) José Gil y Gil Editar o valor en Wikidata
3 de abril de 1870
Rubiós, As Neves
Morte1 de xaneiro de 1937 (66 anos)
Vigo
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo e cineasta
Familia
Cónxuxe1898, Trinidad Sarabia González 1872-1954 Editar o valor en Wikidata
FillosMaría 1899-1918
Rosa 1902-1922
José 1904-1904
Josefa 1906-1924 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0317789 BUSC: gil-y-gil-jose-1870-1937 Find a Grave: 216022030 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estableceuse como fotógrafo en Mondariz. Dende 1899 residiu en Ourense, e desde 1905 en Vigo, primeiro na rúa Carral e despois na rúa do Príncipe. Formou parte da redacción de Vida Gallega no momento da súa fundación en 1909 e foi o seu director artístico. Foi un dos pioneiros do cinema galego, comezando a realizar filmes en 1907, primeiro simplemente para darlle publicidade o seu estudo fotográfico, pero logo comezou a facer películas documentais centradas en Vigo. En 1911 pagou un anuncio na prensa viguesa no que se ofrecía para facer películas documentais en 24 horas. Tiña un laboratorio do que podía sacar unha hora de película revelada nun só día. Tamén era representante en Vigo dos automóbiles americanos Ford e organizou, na praza de touros de Pontevedra, unha corrida onde os coches eran os cabalos dos picadores; Gil fíxolle chegar esta película ao industrial americano Henry Ford que lle contestou cunha carta de felicitación. Este home tan orixinal argallou un automóbil equipado como un laboratorio para revelar a película que filmaba en calquera cidade e proxectaba, pola noite, para os veciños.

Gil tamén foi o primeiro que, en 1916, filmou unha película de ficción en Galiza: Miss Ledya, cun argumento no que non faltaban espionaxes e persecucións. No filme, rodado na illa da Toxa, aparecía como figurante Castelao.

Gil inventou, ademais, o chamado cine de correspondencia, pois o cineasta comprendía a importancia das imaxes como correo visual entre Galiza e a emigración. Utilizadas como se fosen cartas ou postais, as súas películas ían e viñan desde aquí até Suramérica, para que as visen os emigrantes. Nuestras fiestas de allá é a máis coñecida. En 1922 fundou a produtora Galicia Cinegráfica que a partir de 1929 realizou o noticiario cinematográfico Revista de Galicia. Estímase que realizou máis de 150 filmes.

 
Retrato en Vida Gallega.

As súas fillas enfermaron de tuberculose e trala morte de dúas, intentando salvar a terceira, trasladouse por consello médico a Ponteareas, desatendendo os negocios.[1]

Morreu arruinado e esquecido en 1937 e está soterrado no cemiterio de Pereiró, en Vigo, onde unha rúa leva o seu nome.[2]

Galería de imaxes

editar
 
Escultura en Luneda (A Cañiza).
  1. 1,0 1,1 "Gil Gil, José". Gran Enciclopedia Galega. El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  2. Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 175. ISBN 84-87379-47-8. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar