Xosé Fortes

militar e historiador galego
(Redirixido desde "Xosé Fortes Bouzán")

Xosé Fortes Bouzán, nado en Caroi (Cerdedo-Cotobade) o 28 de decembro de 1934[1], é un militar e historiador galego.

Xosé Fortes
Xosé Fortes Bouzán 2020.jpg
Nacemento28 de decembro de 1934
 Caroi
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador, oficial e ensaísta
FillosAlberto Fortes, Susana Fortes e Xabier Fortes
PremiosCross of the Military Merit - White Decoration
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Orfo de pai, finado na guerra civil, con 18 anos foi á Academia Militar de Zaragoza cunha bolsa tras estudar bacharelato en Pontevedra. Licenciado en Filosofía e Letras na especialidade de Historia, tras saír do cárcere aprobou oposicións e exerceu a docencia no IES A Xunqueira II de Pontevedra. Entre 1998 e 2005 foi coordinador dos cursos de verán da UIMP en Pontevedra.

Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como independente na lista de Unidade Galega polo concello de Pontevedra, sendo elixido concelleiro e asumindo o cargo de tenente de alcalde de urbanismo da primeira corporación democrática. Anos despois fundou Irmandade Galega.

Como militar, sendo capitán de infantería, en 1974 foi un dos fundadores da Unión Militar Democrática, o que o levou a un consello de guerra, prisión e a expulsión do exército en 1976. Foi condenado a catro anos de cadea acusado de "conspiración para a rebelión".[2] En 1986 foi amnistiado. En decembro de 1987, en virtude da Lei de rehabilitación dos militares, reingresou no exército coa graduación de coronel. Ao non concedérselle destino nin permitírselle asistir ao Curso de Mandos Superiores (vulgarmente coñecido como o curso de xeneral) pediu o pase á reserva. Nesa nova etapa civil foi subdirector en Galicia da Universidade Menéndez Pelayo e coordinador dos cursos de verán de Pontevedra, así como profesor de historia nos “Cursos de Maiores” da Universidade de Vigo. Durante estes anos realiza un amplo labor de investigación en diversos arquivos da que sairían algúns libros de temática militar e varios libros de historia local.

O 1 de abril de 2009, setenta anos despois do final da guerra civil, o Congreso dos Deputados aprobou, sen ningún voto en contra, unha Declaración Institucional na que se acordaba render homenaxe aos militares que colaboraron decididamente no proceso de evolución cara a un réxime democrático en España, con especial recoñecemento a aqueles que en defensa deses ideais arriscaron a súa carreira e promoción profesional e mesmo a súa liberdade persoal como membros da Unión Militar Democrática… En virtude desta declaración a Ministra dol Exército concedeulle a medalla ao Mérito Militar “polo seu patriotismo e alta conciencia democrática”.

En 1976 dirixiu a primeira revista infantil e xuvenil en lingua galega, Vagalume. Publicou numerosos artigos en xornais como El País, La Voz de Galicia, Diario 16, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra; e revistas como Historia 16, Revista de Arqueología, Revista de Puertos etc. . Na década de 1980 dirixiu o programa de radio Historia viva, e en 1991 participou na serie de televisión Os viaxeiros da luz.

En 2007 participou como actor no filme Os xirasois cegos de José Luis Cuerda, interpretando un xeneral franquista[3].

Obra en galegoEditar

EnsaioEditar

Obra en castelánEditar

EnsaioEditar

  • El ejército y la política en el reinado de Isabel II (1970). Tese de licenciatura.
  • Qué son las Fuerzas Armadas (1977). La Gaya Ciencia. Con Restituto Valero.
  • Proceso a nueve militares demócratas: las fuerzas armadas y la UMD (1983). Argos Vergara. Con Luís Otero.
  • La Ría de Pontevedra (1986). Autoridad Portuaria de Marín-Pontevedra. ISBN 9788450542530. Reeditada en 1997.
  • Galicia y el mar (1993). Portos de Galicia. ISBN 978-8460614685.
  • Historia de la ciudad Pontevedra (1993). La Voz de Galicia, Biblioteca gallega. 804 páxs. ISBN 978-8488254207.
  • Pontevedra en el espejo del tiempo (1995). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-8460537441. Reeditada en 1998
  • Pontevedra: Burgo, villa, capital (2011). Guiverny. 544 páxs. ISBN 978-8493944919.
  • Cuando las derrotas otorgan la vitoria: Batallas perdidas de un capitán de la UMD (2011). Destino. 336 páxs. ISBN 978-8423344390.
  • A rienda suelta (2019). Ediciones del viento. Memorias de infancia e mocidade.[4] ISBN 9788494925498.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar