Xosé López Orozco

mestre e político galego
(Redirección desde «Xosé Clemente López Orozco»)


Xosé Clemente López Orozco, nado en Fazouro (Foz) o 15 de setembro de 1947, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaXosé López Orozco

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Fazouro, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Lugo
4 de xullo de 1999 – 13 de xuño de 2015
← Joaquín García DíezLara Méndez López → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Pontificia de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor , mestre Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Twitter: jlopezorozco Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Orozco, en xuño de 2011.

É licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Pontificia de Salamanca e doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela. Na década de 1970, traballou como mestre no IES de Viveiro e máis no IES Xoán Montes de Lugo (1972-77) para finalmente acadar a condición de catedrático de Filosofía no IES Lucus Augusti.

É militante socialista dende decembro de 1975 e membro da FETE-UXT dende 1981. Na actualidade é presidente da agrupación luguesa do PSdeG e membro da executiva nacional galega. Foi o delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia entre 1987 e 1990, e membro do Consello Asesor da Televisión Española en Galicia entre 1990 e 1995.

Alcalde de Lugo editar

Foi alcalde de Lugo tralas eleccións municipais de 1999, tras alcanzar un pacto de goberno co BNG, sendo o primeiro alcalde socialista da democracia na cidade. Nas eleccións municipais de 2003 foi reelixido alcalde ao lograr maioría absoluta con 13 concelleiros de 25. En 2007 revalidou a alcaldía, se ben baixou a 12 concelleiros e perdeu a maioría absoluta, polo que tivo que gobernar en minoría. En 2011 revalidou a alcaldía grazas ao apoio do BNG, gobernando con eles en coalición ata finais de 2012. Tralo Congreso Nacional do PSdeG de marzo de 2012 foi elixido Presidente da Executiva Nacional do partido, manténdose ata o Congreso Extraordinario de setembro de 2013.

Volveu a ser candidato nas eleccións municipais de 2015, precisando de novo o apoio doutros partidos para revalidala alcaldía. A presión dos demais grupos de esquerda, aducindo diversas imputacións xudiciais que lle afectaban, supuxo a súa renuncia como candidato[1] en favor da súa número 2, Lara Méndez, a cal foi elixida alcaldesa. En 2021 resultou absolto de tódalas acusacións que pesaban sobre el.[2]

Publicacións editar

  • Homenaje a Ortega, en colaboración cos profesores de Filosofía de Lugo.
  • El empleo: reto del momento, en la XIV Semana Galega de Filosofía. (1977)

Foi colaborador nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia.

Notas editar

  1. "La renuncia del alcalde socialista de Lugo, Xosé López Orozco, desbloquea un posible pacto para un gobierno de izquierdas en la ciudad". galiciadigital.com (en castelán). 11 de xuño de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2024. 
  2. Seijo, Pepe; Pontevedra, Silvia R. (3 de febreiro de 2021). "La Audiencia de Lugo desimputa a Orozco y Besteiro y archiva el ‘caso Garañón’". elpais.com (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Joaquín García Díez
  
Alcalde de Lugo
 
1999 - 2015
Sucesor:
Lara Méndez
Predecesor:
vacante
  
Presidente do PSdeG-PSOE
 
2012 - 2013
Sucesor:
vacante