Xinuda III, papa de Alexandría

O Papa Xinuda III (en copto: Ⲡⲁⲡⲁ Ⲁⲃⲃⲁ Ϣⲉⲛⲟⲩϯ ⲅ̅, e en árabe: بابا الإسكندرية شنودة الثالث), nado o 3 de agosto de 1923 nas proximidades de Asiut[1] e finado o 17 de marzo de 2012,[2] foi o 17º patriarca de Alexandría e Papa da Igrexa ortodoxa copta, de credo monofisita segundo a fe do concilio de Éfeso.

Infotaula de personaXinuda III, papa de Alexandría

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) ثٮٺودة الثالث Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1923 Editar o valor em Wikidata
Manfalut, Exipto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de marzo de 2012 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Alexandría, Exipto Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia renal Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de San Bishoi Editar o valor em Wikidata
Papa da Igrexa Ortodoxa Copta de Alexandría
14 de novembro de 1971 – 17 de marzo de 2012 (morte)
← Cirilo VI de AlexandríaTeodoro II → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeExipto Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Ortodoxa Copta Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Cairo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , sacerdote , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe, lingua inglesa, lingua francesa e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónCirilo VI de Alexandría Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: de19e41a-f687-43a8-ae3e-56db19c6d51e Discogs: 4227991 Find a Grave: 86928018 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

Naceu en Asiut en agosto de 1923, sendo o pequeno de oito irmáns. Foi bautizado co nome de Nazeer Gaied. Graduouse en historia pola Universidade do Cairo.

En 1953 escolleu a soidade do deserto onde viviu durante seis anos nunha gruta escavada por el mesmo. Cambiou o seu nome polo de Antonio en honra de San Antón Abade o fundador do monacato exipcio. Nese período adicouse á meditación, a ascese, o estudo e a oración.

En 1962, foi chamado polo Papa Cirilo para ser consagrado bispo de Educación cristiá e Presidente do Seminario de Teoloxía copta, onde triplicou o número de seminaristas. Foi editor-xefe da revista El Keraza.

Liderado relixioso editar

En 1971 foi elixido Papa de Alexandría e, xa que logo, Papa da Sé de San Marcos. Ordenou a máis de 80 bispos e restableceu varios mosteiros dando pulo á antiquísima tradición monástica do cristianismo exipcio. Semanalmente congregaba a máis de 7.000 fieis que se reúnen para escoitar de viva voz as súas ensinanzas na catedral de San Marcos no Cairo.

Deu un gran pulo á expansión internacional da Igrexa Ortodoxa Copta en América (Estados Unidos e Brasil), Australia e o Reino Unido. Asinou con Paulo VI unha declaración cristolóxica que puña fin a debates encarnizados dende o Concilio de Calcedonia. Lonxe de acantonarse en conceptos de metafísica teolóxica, a declaración céntrase na fe común acerca da unidade da persoa de Xesús, verdadeiro fillo de Deus e verdadeiro home. Ten estreitado os vencellos coas Igrexas monofisitas (Igrexa Ortodoxa Siríaca, Igrexa Apostólica Armenia e outras), coas que comparte un mesmo credo. Introduciu á súa Igrexa no movemento ecuménico internacional, mantendo unha forte conexión coa Igrexa Ortodoxa de tradición bizantina, incluído o Patriarcado de Moscova. Abriuse tamén a un diálogo co protestantismo. O feito de que algún relevante cismático da súa Igrexa fose acollido pola Igrexa de Inglaterra non foi óbice para o mantemento dunha relación cordial con esta Igrexa. Recibiu a Xoán Paulo II na súa viaxe a Exipto.

Fiel á tutela da Igrexa Ortodoxa Copta sobre a Igrexa Etíope Tewahedo condenou a detención, desposuimento e execución de Teófilo, cabeza da Igrexa Etíope, e negouse a recoñecer ao candidato gobernamental. El mesmo sufriu o exilio, en 1981, de mans do presidente Sadat, ata o levantamento da condena por Hosni Mubarak en 1985. Favoreceu a independencia da Igrexa Eritrea Tewahedo no Santo Sínodo de 28 de outubro de 1993.

No ano 2000 recibiu o premio á tolerancia e a non violencia outorgado pola UNESCO pola súa defensa da convivencia entre cristiáns e musulmáns e a difusión dos ideais contrarios á vinganza na acosada e illada comunidade copta.

A súa acción pastoral tivo como eixos de actuación a mocidade, como futuro da fe copta, e a defensa da dignidade e a participación da muller no seo da comunidade cristiá copta, nun contexto de endurecemento social do islam. Porén, mantivo a imposibilidade da ordenación sacerdotal feminina e a negativa a recoñecer a licitude moral das relacións homosexuais.

Autor de máis de 100 libros traducidos ao inglés, francés, alemán ou o italiano, neles ten reivindicado as raíces apostólicas do cristianismo copto, o espírito de humildade, servizo e concordia, e o avance da unidade dos cristiáns sobre a base dunha mesma fe, fronte a visión católica da unidade de xurisdición.

Notas editar

  1. Anthony O'Mahony, Emma Loosley (editores) (2009). Routledge, ed. Eastern Christianity in the Modern Middle East. p. 74. ISBN 9781135193713. 
  2. Lois M. Farag (2013). Routledge, ed. The Coptic Christian Heritage: History, Faith and Culture. p. 100. ISBN 9781134666843.