Igrexa ortodoxa rusa
A Igrexa ortodoxa rusa (en ruso: Русская православная церковь, Russkaia pravoslavnaia tserkov), é unha das igrexas ortodoxas autocéfalas, en comuñón co resto da Igrexa ortodoxa.
Igrexa ortodoxa rusa | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1589 |
Motivo | Independencia da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla |
Goberno | |
Patriarca de Moscova | Cirilo I |
Outros datos | |
Páxina web | www.patriarchia.ru |
O primado da Igrexa é o patriarca de Moscova, o quinto na orde de precedencia da Igrexa ortodoxa logo dos patriarcas de Constantinopla, Alexandría, Antioquía e Xerusalén. Reclama xurisdición exclusiva sobre todos os crisitáns ortodoxos que viven nas antigas repúblicas da U.R.S.S., coa excepción de Xeorxia e Armenia, aínda que dita xurisdición é disputada en países como Estonia, Ucraína e Moldova. Ten tamén autoridade sobre os cristiáns ortodoxos do Xapón e da China.
O 15 de outubro de 2018 o Sínodo da Igrexa ortodoxa rusa rompeu a comuñón eclesiástica coa Igrexa ortodoxa de Constantinopla por mor da decisión desta de conceder a autocefalia á Igrexa ortodoxa ucraína.[1]
Notas
editar- ↑ "The Holy Synod of the Russian Orthodox Church has considered it impossible to remain in the Eucharistic communion with the Patriarchate of Constantinople" (en inglés). Departamento de Relacións Exteriores, Igrexa ortodoxa rusa. 15 de outubro de 2018. Consultado o 17/10/2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial (en romanés) (en ruso) (en ucraíno).