Cirilo I, patriarca de Moscova
Cirilo I (en ruso: Кирилл), nado como Vladimir Mikhailovich Gundiaev (ruso: Владимир Михайлович Гундяев) o 20 de novembro de 1946 en Leningrado, é un bispo ortodoxo ruso, dende o 1 de febreiro de 2009 patriarca de Moscova.
Traxectoria
editarNaceu en Leningrado o 20 de novembro de 1946. Ao rematar a educación secundaria ingresou no seminario de Leningrado, e posteriormente na Academia Teolóxica de Leningrado, onde se graduou en 1970.
O 1 de xuño de 1969 foi ordenado hieromonxe polo metropolita de Leningrado e Novgorod Nikodim Rotov.
O 12 de setembro de 1971 foi elevado a arquimandrita, e nomeado representante ortodoxo ruso no Consello Mundial de Igrexas, en Xenebra.
O 14 de marzo de 1976 foi consagrado bispo, e pasou a ser o vigairo da eparquía de Leningrado. Posteriormente foi nomeado metropolita de Smolensk e Kaliningrado
O 27 de xaneiro de 2009 o Sínodo da Igrexa Ortodoxa Rusa elixiuno patriarca de Moscova, e foi entronizado o 1 de febreiro] seguinte.
Dignidades da Igrexa ortodoxa | ||
---|---|---|
Predecesor: Aleixo II |
Patriarca de Moscova 2009 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |