Xavier Perrot
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Suíza Suíza
Anos en activo 1969
Escudería(s) Brabham non oficial
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1969
Derradeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1969


Xavier Roger Perrot, nado en Zúric o 1 de febreiro de 1932 e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 2008, foi un piloto de carreiras suízo. É propietario dun garaxe, que gañou o European Hill Climb Championship en 1972. Anteriormente competiu en Fórmula dúas e pilotou o seu Brabham na clase de Fórmula 2 no Gran Premio de Alemaña de 1969.

Traxectoria editar

Logo de participar no automobilismo a nivel nacional como piloto e copiloto de rally, Perrot comezou a competir en hillclimbing (subidas) a comezos de 1960, facéndoo en autos como o Lotus 23 e un Abarth-Simca. En 1968 cambiou a Fórmula 2, pilotando un Brabham BT23C e despois dunha primeira tempada difícil, mellorou en 1969, terminando en cuarto lugar en Hockenheimring e sexto na clase de Fórmula 2 do Gran Premio de Alemaña en Nürburgring, décimo na xeral.

En 1970 Perrot realizou a tempada cun March 702, o primeiro vehículo para clientes vendido pola compañía.[1] Con este coche, gañou o Preis von Deutschland de Fórmula 2 en Nürburgring. Continuou na Fórmula 2 en 1971 cunMarch 712M, terminando terceiro en Imola, ao mesmo tempo que realizou un exitoso regreso ás subidas. Gañou o European Hill Climb Championship en 1972 usando un coche de F2 March 722, gañando seis eventos. Tamén subiu a este coche ocasionalmente na Fórmula 2, acadando puntos en tres carreiras, incluíndo o cuarto e o quinto lugar nos eventos en Hockenheim.[2]

Aínda que Perrot correu na clase de Fórmula 2 dun evento do Campionato do Mundo de Fórmula Un, nunca competiu nunha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Non obstante, pilotou un March 701 ex-oficial de Jo Siffert na carreira fóra de campionato do Jochen Rindt Memorial Trophy de 1971 en Hockenheim, onde terminou o 11º.[3]

Perrot retirouse en 1973 para concentrarse na súa empresa na súa cidade natal, onde morreu despois dunha longa enfermidade en 2008, aos 76 anos de idade.

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1969 Squadra Tartaruga Brabham BT23C (F2) Cosworth 4 en liña RSA
ESP
MON
NED
FRA
GBR
ALE
10
ITA
CAN
USA
MEX
- 0

Notas editar

  1. F1 Insider, 1 de febreiro de 2008
  2. "John Player Motorsport Yearbook 1973", Barrie Gill, Queen Anne Press, 1973.
  3. "The Motor Racing Year No. 3", Anthony Pritchard, Pelham Books, 1972.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Small, Steve (1996). The Grand Prix Who's Who (en inglés). Guinness Publishing. 

Ligazóns externas editar