Xatcobeo

Satélite artificial galego.

O XaTcobeo, coñecido ao primeiro como Dieste, foi un proxecto de picosatélite da clase CubeSat desenvolvido pola Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo liderado por Fernando Aguado[5] en colaboración co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial e o apoio da empresa pública galega Retegal. Foi lanzado o 13 de xaneiro de 2012 mediante un foguete Vega desde o centro espacial de Kourou.[6]

XaTcobeo
TipoExperimental
OrganizaciónAgrupación Estratéxica Aeroespacial/INTA
Satélite deTerra
Data de lanzamento13 de febreiro de 2012[1][2][3]
Foguete portadorVega[1]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[1]
Obxectivo da misiónDemostración tecnolóxica.[1][4]
Decaemento31 de agosto de 2014[2]
NSSDC ID2012-006F

Proxecto editar

O proxecto presentouse á Axencia Espacial Europea para a súa incorporación ao primeiro voo do foguete europeo Vega dende o Centro Espacial de Kourou na Güiana Francesa, previsto inicialmente para decembro de 2011. A súa vida útil calculábase entre 6 e 12 meses, pero mantívose activo durate dous anos e medio. O anuncio da súa inclusión fíxoo público o presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño o 5 de xuño de 2008. Prevíase un custo de 1 200 000 €, a ser financiado nun 50% polo Ministerio de Ciencia e Investigación, nun 25% por Retegal e noutro 25% pola Universidade de Vigo e o Instituto Nacional de Técnicas Aeroespaciais[7].

O Xatcobeo foi o primeiro satélite galego[8] e tiña como misión a investigación da mellora nas comunicacións por satélite. Tras finalizar a súa misión reentrou na atmosfera o 31 de agosto de 2014[2][9].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 ESA, ed. (13 de febreiro de 2012). "Central and eastern Europe make history with small satellites" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 N2YO (2013). Real Time Satellite Tracking, ed. "XaTcobeo" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2013. 
  3. NASA (27 de marzo de 2013). "Xatcobeo" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2013. 
  4. ESA (ed.). "Meet the teams: XaTcobeo" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2012. 
  5. Diario da Universidade de Vigo, 5 de xuño de 2008
  6. Faro de Vigo, ed. (13 de febreiro de 2012). "El Xatcobeo ya navega en el espacio" (en español). Consultado o 13 de febreiro de 2012. 
  7. "O satélite galego chamarase Xatcobeo". A Nosa Terra. 19 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2011. Consultado o 19 de xuño de 2008. 
  8. Galiciae Arquivado 19 de xullo de 2011 en Wayback Machine., 5 de xaneiro de 2008
  9. "XaTcobeo, el primer nanosatélite gallego, se desintegra después de completar su misión" (en castelá). 9 de maio de 2019. pp. La Voz de Galicia. Consultado o 2 de abril de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar