Vitiza

Rei visigodo de Galiza, España e Septimania
(Redirixido desde "Witiza")

Vitiza[1] ou Witiza foi rei de Galiza entre o ano 694 e o 710, e ademais de Hispania e Septimania dende o ano 702. Foi un dos últimos reis visigodos, sucedido por Don Rodrigo e precedido polo seu pai Éxica.

Vitiza
34-WITIZA.JPG
Nacemento687
Falecemento710
 Toledo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmonarca
PaiÉxica
FillosÁgila II e Olmund
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi nomeado rei de Galicia polo seu pai, quen mantivo o goberno do reino dos visigodos en tanto que o fillo rexía o dos suevos[2]. Vitiza, estableceu a corte real en Tui[3][4], e foi un gobernante máis suave có seu pai e incluso convidou ós nobres desterrados a volver ao reino, devolvéndolles as súas posesións.

 
Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania.
 
Triente de ouro cuñado en Braga, Galicia, no que se representa a Witiza como rei.

Antes da súa morte asociou o seu trono ó seu fillo, Akhila, mentres que outros nobres tomaron partido por Roderik, Don Rodrigo, que finalmente accedería ó trono non sen oposición dos chamados vitizianos, que un ano despois, no 711, abrirían as portas da Península ós musulmáns, pondo punto e remate ó reino visigodo de Hispania.

Nas crónicas do rei Afonso III, xa no século IX, dise que Vitiza rexía Galiza desde Tui, de xeito que o seu pai Egica gobernaba o reino dos godos e o fillo o dos suevos[2].

Uitizanem, quern rex in uita sua in regno participem fecit et eum in Tudensem ciuitatem auitare precepit, ut pater teneret regnum Gotorum et filius Sueuorum. Qui ante filii electionem regnauit annis X et cum filio a. V. (CHRONICA ROTENSIS, 4)
Vitiza
Nacemento: ? Falecemento: 710


Títulos Reais
Precedido por
Éxica


Rei de Galicia
694–710
Sucedido  por
Descoñecido
Rei de España
702–710
Sucedido  por
Rodrigo e Axila II
Rei de Septimania
702–710
Sucedido  por
Axila II
Outros títulos
Precedido por
Éxica


Reis dos Visigodos
698–710
Sucedido  por
Rodrigo e Axila II

NotasEditar

  1. López Carreira, A. (2003). Os reis de Galicia. A Nosa Terra. p. 56-57. ISBN 978-84-96203-44-1 |isbn= incorrecto: checksum (Axuda). 
  2. 2,0 2,1 Gil Fernandez, Juan (ed.). Crónicas Asturianas (1985 ed.). pater teneret regnum Gotorum et filius Sueuorum 
  3. "La moneda del reino visigodo de Toledo: ¿Por qué? ¿Para quién?" (PDF). p. 3
  4. Crónica Albeldense. Uittizza [...] Iste in uita patris in Tudense hurbe Gallicie resedit. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar