William Thomson
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
William Thomson, 1º Barón Kelvin, coñecido tamén como Lord Kelvin, nado o 26 de xuño de 1824 en Belfast (Irlanda do Norte) e finado o 17 de decembro de 1907 en Largs (Escocia), foi un físico, matemático, enxeñeiro e unha personalidade sobresaliente das ciencias físicas do século XIX. Realizou importantes traballos de análise matemática da electricidade e de termodinámica. Contribuíu a unificar a aínda emerxente disciplina da física na súa caracterización moderna.
William Thomson | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Lord Kelvin |
Nacemento | 26 de xuño de 1824 |
Lugar de nacemento | Belfast |
Falecemento | 17 de decembro de 1907 |
Lugar de falecemento | Largs |
Soterrado | Abadía de Westminster |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Relixión | cristián |
Alma máter | Universidade de Glasgow, Peterhouse, Universidade de Cambridge e Royal Belfast Academical Institution |
Ocupación | físico, astrónomo, matemático, profesor universitario, político, escritor e enxeñeiro |
Pai | James Thomson e James Thomson |
Nai | Margaret Gardiner |
Cónxuxe | Margaret Crum e Frances Anna Blandy |
Irmáns | Elizabeth King |
Coñecido por | kelvin |
Premios | Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, membro da Royal Society, Gran Cruz de Cabaleiro da Real Orde Victoriana, Medalla Copley, Medalla Real, Prêmio Poncelet, Medalha Helmholtz, Medalla Matteucci, Imperial Ordem da Rosa, Albert Medal, Prêmio Smith, Medalha Keith, Bakerian Lecture, Ordem de Mérito, Ordem do Tesouro da Felicidade Sagrada, membro honorário, Knight Bachelor, grande oficial da Lexión de Honor, comendador da Lexión de Honor, Ordem de Leopoldo, Gunning Victoria Jubilee Prize e Medalha John Fritz |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
É amplamente coñecido por desenvolver a escala termométrica de medición da temperatura absoluta que leva o seu nome. Thomson estabeleceu a noción de cero absoluto, correspondente á ausencia absoluta de calor e presión dun gas. A partir de aí desenvolveu a nova escala, que se mide en graos Kelvin, utilizada no Sistema Internacional de unidades. Estabeleceu tamén a variación do punto de fusión do xeo en función da presión, e descubriu ademais o arrefriamento debido á expansión dos gases.
O título de Barón Kelvin foille concedido en honra aos seus traballos. Toma esa denominación do río Kelvin, que flúe a través da universidade de Glasgow, na que exerceu.
Thomson tivo unha segunda carreira como enxeñeiro de telégrafos e inventor, a cal lle deu sona entre o grande público.