Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-03-2011/Novas e anuncios

Novas e anuncios

A Galipedia celebra o seu oitavo aniversario

Por Toliño, 1 de marzo de 2011

A Galipedia leva 8 anos de andaina na rede

Logo conmemorativo.

O 8 de marzo a Galipedia fixo oito anos de vida! O noso aniversario vén precedido polo da nosa irmá maior, a Wikipedia en inglés, que cumpriu unha década en xaneiro. Neste pasado xaneiro os usuarios da Galipedia bateron a plusmarca de edicións nun único día realizando ata 4.540 edicións en artigos e páxinas. Malia isto, non se conseguiu o reto inicial que se fixara: acadar as 5.000 edicións.

Historia da Galipedia

A Wikipedia en galego apareceu o 8 de marzo de 2003. Nese mesmo día, rexistrouse o usuario máis antigo, ILVI. Axiña comezou a traballar na que sería a primeira versión da Portada. E non sería ata catro días despois cando creou o primeiro artigo da base de datos: ou. Logo seguiría con outras entradas como cal, ciencias experimentais, ciencias humanas, ciencias ocultas, ciencias aplicadas e botánico.

Meses despois rexistrouse Agremon e converteuse no primeiro administrador galego da Wikipedia en galego. El mesmo emprega por vez primeira o termo Galipedia para referirse amigablemente ao proxecto, que aínda contaba con menos dun ano de existencia. Aos poucos, mentres tanto, a Galipedia vai sendo citada por algunhas páxinas web de xornais e outras entidades, que se interesan polo labor realizado nela.

A Galipedia nestes intres
A Galipedia execútase na versión 1.43.0-wmf.1 (8e1947e) de MediaWiki.
Ten 206.035 artigos e 514.470 páxinas en total.
Fixéronse 6.707.766 edicións.
Hai 31 ficheiros cargados.
Existen 144.804 usuarios rexistrados,
incluíndo 7 administradores.
Esta información era correcta o 23 de abril de 2024 ás 20:23 (UTC).
Actualizar

Celebración

Durante as datas conmemorativas, e como vén sendo habitual, a Galipedia lucirá un logo especial que reflicta o acontecemento. Tamén aparecerá unha nota na parte superior das páxinas animando a calquera a unirse ao reto proposto, detallado a continuación.

Reto

Nesta ocasión, o reto inicialmente proposto é chegar aos 70.000 artigos válidos. Máis concretamente, está organizada para o sábado 12 de marzo a denominada maratón galipédica, que nun principio propón a creación de 500 artigos novos cun mínimo de 15-20 liñas. Os que queiran participar, poden inscribirse tamén nesta páxina para poder levar unha camiseta como agasallo polo labor realizado.



Podedes facer un seguimento de todo o que se está a argallar en Wikipedia:A Taberna (novas)#Galipedia vai cumprir 8 anos.

E o vindeiro mes...

... resumiremos o que deu de si este fito galipédico. Veremos se cumprimos o reto. Ánimo a todos e adiante!

01-03-2011
Neste número
  • Novas e anuncios
  • ← Volver aos contidos

    + Engade un comentarioConversa sobre esta historia

    O dos 2.000.000 de edicións para cando se pensou? Creo que se fixeron mal os cálculos. É meramente imposíbel telas para o día de aniversario. --Atobar (conversa comigo) 20:12, 2 de marzo de 2011 (UTC)

    Feito! Retirado. Tomei os datos directamente da Taberna e non me dei de conta de que era inviable. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 20:21, 2 de marzo de 2011 (UTC)

    E o reto dos 500 artigos é para facer nun só día, como quedamos na conversa sería o día 12, ¿podes cambiar iso tamén?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:46, 4 de marzo de 2011 (UTC)

    Feito! Feito! Queda o sábado 12, logo. --Toliño Fala aquí comigo 10:37, 5 de marzo de 2011 (UTC)
    Moi ben, graciñas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:33, 6 de marzo de 2011 (UTC)

    Presenza nos medios:

    Xa non está o aviso do aniversario e do reto do día 12 no comezo das páxinas, ¿xa se quitou ou hai algún problema?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:13, 9 de marzo de 2011 (UTC)

    Eu sigo véndoo aí. De feito, modifiqueino esta mañá porque onte puxera "Hoxe, 8 de marzo, celebramos..."; agora pon "O pasado 8 de marzo...". --Toliño Fala aquí comigo 14:16, 9 de marzo de 2011 (UTC)
    Si, si que está. É que pola mañá entrei co Internete Exploter e non aparecía. Non sei o que lle faría, boeno, éche o que hai, graciñas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:13, 9 de marzo de 2011 (UTC)