Wikipedia:Xornal da Galipedia/Acerca de
Acerca do Xornal da Galipedia
O Xornal da Galipedia é un medio escrito e editado pola comunidade que serve como medio para informar do que sucede no wiki, contar as nosas historias, acontecementos e informes, así como manter un seguimento da actualidade de todo o relacionado coa Wikipedia en galego e os proxectos relacionados. Publícase un número cada primeiro de mes, e cadaquén pódese subscribir ás actualizacións a través da páxina de subscricións. Co Xornal preténdense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores do proxecto, e calquera está benvido a contribuír con artigos, reportaxes e suxestións.
O primeiro número do Xornal da Galipedia publicouse o 15 de setembro de 2006. Desde aquel día, houbo dous números máis nese 2006 e outro máis en 2007. Durante tres anos o Xornal caeu no esquecemento, ata agosto de 2010 cando se retomou o labor de achegar as novas de primeira man mes a mes.
A diferenza da meirande parte dos contidos da Wikipedia, os artigos do Xornal posúen unha liña que indica a persoa responsable da principal redacción da noticia. Non obstante, acéptanse edicións posteriores á publicación para facer correccións gramaticais ou de grallas de ortografía.