As ciencias ocultas, na súa acepción literal, é o nome co que se coñecen a unha serie de crenzas e prácticas mistéricas que dende a antigüidade pretenden penetrar e dominar os segredos da natureza e desenvolver os poderes ocultos do ser humano. Teñen un grande interese para antropólogos, historiadores, filósofos e psicólogos.

Tamén pode entenderse por ciencias ocultas algún certo tipo de literatura caracterizada polo gusto polo misterio, a transcendencia espiritual ou as explicacións alternativas. Existen editoriais e librarías especializadas neste tipo de literatura que versa sobre temas moi variados cuxo denominador común son, ás veces, temáticas que se fan famosas e, outras, a demanda do público. Estes son asuntos que sucitaron a curiosidade do público dende fai moito tempo.

Baixo esta perspectiva, o termo «ciencias ocultas» sería en realidade unha etiqueta pouco descritiva, imposta polas regras do comercio editorial antes que por unha clasificación adecuada sobre o seu contido.

Ao longo da historia, a Igrexa católica combateu estas prácticas sinalándoas como produtos do demo, surxidas co propósito de apartar aos homes da fe, se ben agora os escépticos as atacan de forma máis ou menos crítica. En todo caso tratan de responder á incerteza e curiosidade que o ser humano sente polo descoñecido ou polo seu desexo de transcendencia espiritual. Neste sentido, é importante recalcar que parte destas crenzas aluden ao paganismo, razón pola cal a igrexa foi unha das súas principais detractoras.

Exemplos de ciencias ocultas editar

Véxase tamén: Ocultismo

Entre os exemplos máis importantes das ciencias ocultas desenvolvidas na antigüidade, pódense mencionar as seguintes:

As ciencias ocultas e o New Age editar

Véxase tamén: Nova era

Dentro do movemento denominado New Age, destaca o interese polo conxunto de diversas crenzas e de prácticas que non necesariamente exclúen o interese polas anteriores. As ideas reformuladas polos seus partidarios adoitan relacionarse coa menciña holística, as menciñas alternativas ou tradicionais e o misticismo. Tamén se inclúen numerosas ciencias ocultas e pseudociencias, perspectivas xerais sobre a historia, a relixión, a espiritualidade, estilos de vida e certos tipos de música. Algúns dos temas relacionados son:

Véxase tamén editar

Notas editar

  • Luck, Georg (1995). Magia y Ciencias Ocultas en el Mundo Griego y Romano. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1785-2.