Wikipedia en inglés

edición da Wikipedia en lingua inglesa

A Wikipedia en inglés é a versión en inglés da enciclopedia Wikipedia. Foi creada o 15 de xaneiro de 2001 e excedeu o millón de artigos o 1 de marzo de 2006 e os dous millóns o 9 de setembro do 2007. Foi a primeira versión de Wikipedia e desde entón foi a de maior tamaño. En 2005, aproximadamente un terzo dos artigos de todas as wikipedias pertencían á edición en inglés. Esta porcentaxe foi diminuíndo gradualmente desde mediados de 2003.

Wikipedia en inglés
Logo da Wikipedia en inglés.
Portada da Wikipedia en inglés.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasInglés
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
CC BY-SA 4.0
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento15 de xaneiro de 2001
Na rede
https://en.wikipedia.org/

Esta versión da enciclopedia contén 6.908.285 artigos e 48.240.211 usuarios, dos cales 121.121 son activos.[1]

Cronoloxía

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar