Conversa Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-03-2011/Novas e anuncios
O dos 2.000.000 de edicións para cando se pensou? Creo que se fixeron mal os cálculos. É meramente imposíbel telas para o día de aniversario. --Atobar (conversa comigo) 20:12, 2 de marzo de 2011 (UTC)
- Pois vai ser que si! --Toliño Fala aquí comigo 20:18, 2 de marzo de 2011 (UTC)
- Retirado. Tomei os datos directamente da Taberna e non me dei de conta de que era inviable. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 20:21, 2 de marzo de 2011 (UTC)
E o reto dos 500 artigos é para facer nun só día, como quedamos na conversa sería o día 12, ¿podes cambiar iso tamén?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:46, 4 de marzo de 2011 (UTC)
- Feito! Queda o sábado 12, logo. --Toliño Fala aquí comigo 10:37, 5 de marzo de 2011 (UTC)
- Incluín tamén o das camisetas. --Toliño Fala aquí comigo 10:40, 5 de marzo de 2011 (UTC)
- Moi ben, graciñas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:33, 6 de marzo de 2011 (UTC)
Presenza nos medios:
- "A Galipedia, versión en galego da Wikipedia, cumpre hoxe oito anos de vida", Xornal de Galicia, 8 de marzo de 2011.
- "A Galipedia cumple mañá oito anos" La Voz de Galicia, 7 de marzo de 2011.
Xa non está o aviso do aniversario e do reto do día 12 no comezo das páxinas, ¿xa se quitou ou hai algún problema?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:13, 9 de marzo de 2011 (UTC)
- Eu sigo véndoo aí. De feito, modifiqueino esta mañá porque onte puxera "Hoxe, 8 de marzo, celebramos..."; agora pon "O pasado 8 de marzo...". --Toliño Fala aquí comigo 14:16, 9 de marzo de 2011 (UTC)
- Si, si que está. É que pola mañá entrei co Internete Exploter e non aparecía. Non sei o que lle faría, boeno, éche o que hai, graciñas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:13, 9 de marzo de 2011 (UTC)