Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Ébola
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ébola editar
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 06-10-2014 - 06-11-2014
SI: 9 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 6 de outubro de 2014 ás 13:07 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 06-10-2014 ata o 05-11-2014.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo completísimo sobre un tema de actualidade e que xa saiu na portada, amais conta con ilustracións traducidas ao galego. Foi ampliado e actualizado recentemente por Miguelferig, sendo posiblemente o mellor artigo sobre esta enfermidade de todas as Wikipedias ao día da proposta. Persoalmente o único que creo que podería engadírselle serían artigos principais ás últimas epidemias, mais en todo caso eso non afecta á calidade dun artigo que tal e como está xa é máis que destacado. --Piquito (conversa) 6 de outubro de 2014 ás 13:07 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 6 de outubro de 2014 ás 13:07 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego_apc (si?) 6 de outubro de 2014 ás 17:22 (UTC)[responder]
- Concordo. Pedro --Lameiro (conversa) 7 de outubro de 2014 ás 10:37 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 8 de outubro de 2014 ás 14:12 (UTC)[responder]
- Concordo. --XoioÉche o que hai 10 de outubro de 2014 ás 18:10 (UTC)[responder]
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 11 de outubro de 2014 ás 15:53 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 12 de outubro de 2014 ás 19:20 (UTC)[responder]
- Concordo. --Xas (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 22:02 (UTC)[responder]
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 27 de outubro de 2014 ás 11:47 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Este artigo é nun 90% tradución do artigo inglés. Intentei completar algunha cousa máis e modificar algúns detalles, pero basicamente é case igual, e na wikipedia en inglés é de clase B (non chega a clase A, a pesar de que foi proposto e incluído nunha CD Selection). Os criterios nosos non teñen que ser iguais, pero os artigos de enfermidades emerxentes das que se sabe pouco sempre son complicados de facer, porque sempre se poden completar ou aclarar cousas aquí e alá (as vacinas, os medicamentos experimentais, etc.) ou poñer mellores referencias ou orientalos de diferentes maneiras. Penso que este artigo noso é un artigo "bo" no conxunto das wikipedias (e superior ao artigo en castelán), pero para ser un artigo de calidade ten que ter un plus adicional, que habería que ver se realmente o ten. Pero igual eu son moi esixente coa wikipedia e comigo mesmo.Miguelferig (conversa) 6 de outubro de 2014 ás 17:24 (UTC)[responder]
Talvez sería oportuno inrtroducir, na sección Historia, unha pequena referencia aos casos de enfermos en países fóra de África, como nos EE. UU. e, nomeadamente, en España (caso do primiero contaxio fora de África, especialmente pola enorme repercusión que estas noticias causaron na poboación de todo o mundo. --XoioÉche o que hai 10 de outubro de 2014 ás 18:10 (UTC)[responder]
Iso xa se menciona noutras partes do artigo (sección Epidemia de 2014), aínda que con brevidade. Ademais, non é "historia" senón algo actual, que de feito aínda continúa. Ademais, acaso os máis de 3800 negros mortos son menos importantes que 2 blancos mortos? Pero pódese engadir algo breve sobre o liberiano morto en Texas, que dese non puxera nada, pero que agora acabo de facelo. O que ocorre é que son novas que se suceden unhas detrás doutras e é imposible actualizalas rapidamente, e ademais penso que é mellor mantelo principalmente como un artigo de fondo máis que como un conxunto de novas actuais. Noutras wikipedias fixeron unha paxina específica sobre a epidemia de 2014, onde se poden poñer todas esas noticias constantes (se alguén se anima a facela sería interesante).-Miguelferig (conversa) 10 de outubro de 2014 ás 18:27 (UTC)[responder]
Sobre a epidemia de 2014 eu o que creo que é máis relevante é dicir o número de vítimas, os países afectados en África (os outros de momento son casos illados, non o consideraría parte da epidemia) e citar o primeiro contaxio de ébola fóra de África, así que eu o único que faría sería actualizar os datos das vítimas, se a epidemia se propaga a outros países, e cando acabe dicir cándo acabou e o número de vítimas mortais que deixou a epidemia, esto é, eu non o tocaría máis, o artigo é da efermidade e con eso se ten unha perspectiva sobradamente boa. Piquito (conversa) 10 de outubro de 2014 ás 21:00 (UTC)[responder]
- Despois de ler detidamente o artigo, comprobo que é suficiente a mención que se fai ao que eu pedía, na sección Epidemia de 2014.--XoioÉche o que hai 14 de outubro de 2014 ás 21:53 (UTC)[responder]