Wayne Homren
Wayne Knobel Homren, nado en Pittsburgh, Pensilvania, o 24 de agosto de 1958, é un editor e numismático estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1958. |
País de nacionalidade | Estadounidense. |
Educación | Universidade de Pittsburgh. Universidade de Míchigan. |
Q89547790 | Fundador de E-Sylum. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Familia | |
Cónxuxe | Diana Robinson (1997). |
Premios | |
2008: B. Anderson Memorial. |
Traxectoria
editarHomren graduouse na Universidade de Pittsburgh en 1980 e acadou senllos mestrados, en Ciencias na Universidade de Míchigan (1981) e MBA na Universidade de Pittsburgh (1992).[1][2]
A súa carreira profesional está vinculada aos laboratorios Bell, ao motor de procuras por Internet Lycos e ao Departamento de Defensa dos Estados Unidos.[1][2][3]
Paralelamente á súa actividade profesional, Homren dedicouse tamén ao mundo editorial e numismático. Foi creador e redactor do boletín electrónico semanal sobre numismática E-Sylum. É membro da American Numismatic Society e presidiu entidades como a Numismatic Bibliomania Society, a Sociedade Numismática do Oeste de Pensilvania e a Asociación de Numismáticos de Pensilvania.[3] Así mesmo, foi o presidente xeral da Feira Mundial do Diñeiro celebrada en 2004 en Pittsburgh pola American Numismatic Association, e dirixiu diversos programas de numismática para a xuventude en Pensilvania e Virxinia.[1][2]
Como coleccionista numismático cómpre salientar a súa colección de moedas da Guerra Civil dos EEUU, e moedas de emerxencia e con contramarcas, así como papel moeda de Pittsburgh. Tamén reuniu unha extensa biblioteca de arredor de 3.000 volumes sobre numismática estadounidense.[1][2][3]
Vida persoal
editarHomren casou o 5 de xullo de 1997 con Diana Robinson, con quen tivo dous fillos e unha filla.[1]
Recoñecementos
editar- (2008): Premio Burnett Anderson Memorial, da a American Numismatic Association (ANA), a American Numismatic Society (ANS) e o Gremio Literario Numismático (Numismatic Literary Guild -NLG-).[4][5]
- (2021): Inclusión da lista das persoas máis influentes en numismática de 1960-2020, da revista Coin World.[2]
Publicacións
editarWayne Knobel Homren é autor de varios artigos en diversas revistas especializadas estadounidenses, como The Asylum, The Numismatist ou Paper Money.[1][3][6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Smith, P. (2012).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 97.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Homren, Wyne". En Coins Weekly. 25 de xuño de 2020.
- ↑ "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
- ↑ "Wayne Knobel Homren. Biography". Newman Numismatic Portal.
- ↑ "Wayne Homren Archives". Internet Archive (Archive.org)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Homren, Wyne". En Coins Weekly. 25 de xuño de 2020.
- Smith, P. (2012). "Homren, Wayne Knobel". En American Numismatic Biographies. Páxina 185.
- "Wayne Homren". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2021. Páxina 97.
Ligazóns externas
editar- Guide to the Wayne Homren Papers 1830s-1990s. Historic Pittsburgh