Virlana Tkacz
Virlada Tkacz, nada o 23 de xuño de 1952 en Newark, Nova Jersey, de ascendência ucraína e americana, é a directora e fundadora do grupo teatral Yara Arts Group, a compañía residente do teatro La MaMa Experimental Theatre Club de Nova York.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1952 (72 anos) Newark, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Columbia Bennington College (mul) Columbia University School of the Arts (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Teatro e Xamanismo |
Ocupación | director teatral, escritora, directora de teatro, tradutora |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Virlana Tkacz estudou no colexio Bennington College e graduouse pola Universidade Columbia, onde obtivo o grao académico de Mestre de Belas Artes en Escenificación Teatral. Co grupo Yara creou dezaoito pezas teatrais orixinais, baseadas na poesía contemporânea e as cancións tradicionais, cánticos, mitos, historias e lendas. Aínda que tendo como base o material tradicional, as pezas teatrais do grupo Yara son esencialmente experimentais, empregan proxeccións fílmicas e técnicas musicais complexas, tentando explorar a nosa relación co tempo e a consciencia.
Produción teatral
editarVirlana Tkacz creou dez pezas teatrais orixinais en colaboración coas compañías de teatro experimental, provenientes dos diferentes países de Europa do Leste. Estas pezas foron exhibidas no teatro La MaMa en Nova York e nos maiores teatros de Kíiv, Khárkiv e Lviv, nos festivais teatrais internacionais e nos diversos centros culturais. Estes inclúen A Light from the East (A Luz do Leste), Explosions (Explosións), Blind Sight (Sinal Cego), Yara’s Forest Song (O Canto do Bosque de Yara), Waterfall/Reflections (Caída de auga / Reflexións), en colaboración coa cantante popular ucraína Nina Matvienko, Kupala, Swan (Cisne), Koliada: Twelve Dishes (Koliada: Doce Pratos), Still the River Flows (O continuo fluír do río) e Song Tree (A árbore das cancións) en colaboración con Bob Holman.
En 1996 comezou a traballar con artistas nativos da República do Buriatos, unha rexión remota de Siberia. Xuntos, crearon seis pezas orixinais, comezando por Virtual Souls. Baseadas no folclore, as tradicións e os cantos dos xamáns do pobo buriato, as pezas representáronse no teatro La MaMa de Ulan Ude, no teatro nacional da República dos Buriatos e durante o Festival de teatro experimental de Kíiv. Virlana Tkacz organizou dúas expedicións á rexión de Aga-Buryat, en 1997 e 1999, buscando recoller as cancións, lendas e historias do pobo buriato.
En 2001 Virlana Tkacz creou a obra Obo: Our Shamanism (en galego, Obo: o noso xamanismo), baseada nos rituais dos xamáns, que ela mesma presenciou na súa viaxe a Siberia. En 2001 tamén viaxou a Mongolia para gravar cancións e lendas dos buriatos, que serviron de inspiración para o programa Howling (en galego, Ouveo). O seu programa, The Warrior's Sister, estaba baseado na canción épica dos buriatos, traducida ao inglés en colaboración con Sayan Zhambalov e Wanda Phipps.
En 2005 Tkacz traballou na tradución do poema épico Janyl Myrza, escrito no século XVII en Kirguizistán, sobre unha muller guerreira. A obra Janyl foi posta en escena polo grupo colectivo de artistas do grupo Yara e o teatro Nómade Sakhna de Kirguizistán e foi exhibida ao público en 2007 en Bixkek. En 2008 Virlana Tkacz creou a obra de teatro "Er Toshtuk", baseada nun dos poemas épicos máis antigos de Kirguizistán sobre unha viaxe máxica e irónica ao submundo.
As súas pezas foron amosadas no Festival da Arte Tucana en Río de Xaneiro e no teatro Het Muziektheatre en Ámsterdam. Tkacz traballou con David Rousseve na peza Mana Goes to the Moon, dirixiu o Conxunto de Americanos Nativos e o Proxecto Feminino en Coney Island.
Virlana Tkacz foi a profesora sénior no Instituto Teatral de Kíiv en 2002 e en Bixkek en 2008. Ela orientou os talleres teatrais no Instituto de verán de Harvard durante once anos consecutivos, e deu clases na Escola do Drama de Yale e a Escola Tisch das Artes na Universidade de Nova York. Colaborou cos seguintes directores teatrais: Andrei Serban, Ping Chong, George Ferencz e Wilford Leach no teatro La MaMa, e con Sir Peter Hall en Broadway e Michael Bogdanov no Teatro Nacional de Londres.
Libros e traducións
editarDesde 1989 Tkacz traballa en colaboración coa poetisa afro–americana Wanda Phipps na tradución de poesía ucraína. O seu traballo é habitualmente usado en pezas teatrais do grupo Yara, ademais de ser publicado nas revistas literarias, antoloxías da poesía e CD. As súas traducións, usadas polo grupo Yara foron publicadas en 2008 nunha antoloxía bilingue inglés–ucraíno In a Different Light (Nunha Luz Distinta). Conxuntamente con Wanda Phipps, Virlana Tkacz foi galardoada co Premio de Tradución Agni, recibiu sete bolsas de tradución do NYSCA e o Premio do Fondo Nacional da Tradución Teatral pola súa tradución do drama poético “A Canción do Bosque”, da poetisa ucraína Lesia Ukrayinka. En 2005 Tkacz foi galardoada pola Irmandade da Tradución Poética, pola súa tradución da herdanza poética do poeta ucraíno contemporáneo Serhiy Zhadan.
Tkacz publicou varios artigos sobre a historia do teatro en revistas como: Theatre History Studies, Journal of Ukrainian Studies, Canadian Slavonic Papers, e Canadian-American Slavic Studies, escribe sobre o seu propio traballo teatral nas páxinas do American Theatre. Ultimamente, está a preparar o libro sobre a historia das artes en Kíiv dos anos 1920, a publicar por University of Toronto Press da Universidade de Toronto.
En 2007 Virlana Tkacz recibiu a distinción do Presidente Viktor Yushchenko de “Artista Honoraria de Ucraína”.[2]
Producións teatrais creadas co grupo teatral Yara
editar- 2019 Opera GAZ
- 2019 Winter Songs on Mars
- 2018 Following the Milky Way
- 2017 1917/2017: Tychyna, Zhandan and the Dogs
- 2016 Dark Night, Bright Stars
- 2015 Hitting Bedrock
- 2014 Capt. John Smith Goes to Ukraine
- 2014 Winter Light
- 2014 Underground Dreams
- 2013 Fire, Water, Night
- 2013 Midwinter Night
- 2012 Dream Bridge
- 2011 Raven
- 2010 Winter Sun
- 2010 Scythian Stones
- 2009 Er Toshtuk
- 2008 Still the River Flows
- 2007 Janyl
- 2005 Koliada: Twelve Dishes
- 2004 The Warrior's Sister2003 Swan
- 2002 Howling
- 2002 Kupala
- 2001 Obo: Our Shamanism
- 2000 Song Tree
- 2000 Circle
- 1998-99 Flight of the White Bird
- 1996-1997 Virtual Souls
- 1995 Waterfall/Reflections
- 1994 Yara's Forest Song
- 1993 Blind Sight
- 1992 Explosions
- 1990-91 A Light from the East/In the Light
Libros
editar- In a Different Light: A Bilingual Anthology of Ukrainian Literature Translated into English by Virlana Tkacz and Wanda Phipps as Performed by Yara Arts Group, edición de Olha Luchuk, Lviv: Editora Sribne Slovo, 2008.[3]
- Kyrgyz Epic Theatre in New York, fotografías de Margaret Morton editado por Virlana Tkacz, Bishkek: Universidade de Asia Central, 2008.[4]
- Shanar: Dedication Ritual of a Buryat Shaman, Virlana Tkacz, con Sayan Zhambalov e Wanda Phipps, fotografías de Alexander Khantaev, Nova York: Parabola Books, 2002.[5]
Notas
editar- ↑ Jennings, Olena (Abril de 2010). "Yara Arts Group: Poetry into Theatre (Interview with Virlana Tkacz)". nthWORD Magazine. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2010-05-05.
- ↑ Randy Gener, American Theatre, febreiro de 2009
- ↑ "In a Different Light: A Bilingual Anthology of Ukrainian Literature Translated into English by Virlana Tkacz and Wanda Phipps as Performed by Yara Arts Group". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
- ↑ "Kyrgyz Epic Theatre in New York". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
- ↑ "Shanar: Dedication Ritual of a Buryat Shaman". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- www.brama.com/yara Arquivado 24 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.