Serhiy Zhadan

poeta ucraíno

Serhiy Viktorovych Zhadan (ucraíno: Сергі́й Ві́кторович Жада́н), nado en Starobilsk no óblast de Lugansk.o 23 de agosto de 1974, é un poeta, novelista, ensaísta e tradutor ucraíno.

Serhiy Zhadan
Serhij Žadan (2019).jpg
Nacemento23 de agosto de 1974
 Starobelsk
NacionalidadeUnión Soviética e Ucraína
EtniaPobo ucraíno
Alma máterH.S. Skovoroda Kharkiv National Pedagogical University
Ocupaciónlingüista, poeta, escritor, tradutor, ensaísta, escritor de ciencia ficción e performance artist
PremiosOrdem de Mérito Cultural Polaco
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Graduouse na Universidade de Járkov en 1996 e pasou tres anos como estudante graduado de filoloxía. Deu clases de literatura ucraína e mundial desde 2000 até 2007, cando se retirou do ensino. Vive e traballa en Járkov.

Zhadan traduciu poesía do alemán, do inglés, do bielorruso, e do ruso; e de poetas como Paul Celan e Charles Bukowski. As súas propias obras foron traducidas a moitas linguas como o alemán, o inglés, o polaco, o serbio, o croata, o lituano, o bielorruso, o ruso e o armenio.

En marzo de 2008 a tradución rusa da súa novela Anarchy in the UKR chegou como finalista do premio «Superventas nacional» e foi candidata para «libro do ano» na Exposición internacional de libros en Moscova.

CríticaEditar

A prosa de Zhadan é tan poética, o seu verso libre tan prosaico. É difícil asignarlle un xénero á súa obra: memorias, diario de viaxe, meditación oportuna ou intempestiva - ou unha mestura de todo isto centrada nos temas de «a miña xeración» e «a nosa época».[1]

Non se poden resumir as improvisacións picantes, quentes e feroces de Sergei Zhadan - isto é jazz verbal. Cando o les, temes pola literatura rusa contemporánea: entre todos os que escriben agora no idioma ruso, non hai ningún que tan infernalmente libre (e libre sobre todo da prosa «do escritor», da tendencia a «producir unha impresión»).[2]

ObrasEditar

PoesíaEditar

  • Генерал Юда, (El general Yudas) 1995.
  • Пепсі, (Pepsi) 1998.
  • Вибрані поезії, (Os mellores poemas, historias psicodélicas de peleas e outras tonterías: poemas seleccionados, 1992-2000) 2000.
  • Балади про війну і відбудову, (Baladas da guerra e reconstrución), 2000.
  • Історія культури початку століття, (A historia da cultura a principios do século), 2003.
  • Марадона, (Maradona ), 2007.
  • Ефіопія, (Etiopía), 2009.
  • Лілі Марлен, (Lili Marleen) 2009.
  • Вогнепальні й ножові, (Feridas de bala e cortadas), 2012.

ProsaEditar

  • Біґ Мак, (Big Mac, colección de historias curtas), 2003.
  • Депеш Мод, (Depeche Mode), 2004.
  • Anarchy in the UKR, 2005.
  • Гімн демократичної молоді, (Himno da xuventude democrática), 2006.
  • Ворошиловград, (Voroshylovgrad), (2010)
  • Месопотамія, (Mesopotamia), (2014)

CompilaciónsEditar

  • Капітал, (Capital), 2006 - inclúe todo menos A historia da cultura a principios do século, Big Mac e Maradona.

Poesía antoloxiadaEditar

  • Станислав+2, (Stanislav+2), 2001.
  • Время `Ч`. Стихи о Чечне и не только, (Tempo de "Ch" - Versos sobre Chechenia e non só), 2001.
  • Мы умрем не в Париже, (Non morreremos en París), 2002.
  • История культуры, (A historia da cultura), 2004.
  • НеИзвестная Украина, (A Ucreína descoñecida), 2005.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar