Joaquín Vaamonde Cornide

pintor español
(Redirección desde «Vaamonde Cornide»)

Joaquín Vaamonde Cornide, nado na Coruña en 1872 e finado no Pazo de Meirás en 1900, foi un pintor galego encadrado dentro da Xeración doente.

Infotaula de personaJoaquín Vaamonde Cornide

Joaquín Vaamonde Cornide en 1897, foto de Antonio Portela Paradela. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1872 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de agosto de 1900 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Pazo de Meirás, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iniciouse no mundo da pintura da man do pintor compostelán Modesto Brocos, e axiña deixa a súa cidade natal para viaxar a Montevideo e Buenos Aires.[1] Volveu aos 22 anos de idade xa convertido nun artista cun estilo de seu. A finais do século XIX conseguira facerse cun nome en Madrid, en parte grazas á influencia na cidade da escritora Emilia Pardo Bazán que naquel tempo triunfaba na literatura española como escritora e como figura pública. A súa complicidade era tal que a escritora converteuno no protagonista de La Quimera, onde era retratado coma un pintor novo con talento que desprezaba o seu traballo de retratista da burguesía, desexando ser como os grandes mestres que observa no Museo do Prado. Aos 32 anos de idade morre debido á tuberculose.

 
Vaamonde en 1896.

Na actualidade atópase no Museo de Belas Artes da Coruña a súa obra sobranceira, destacando entre outras un retrato en pastel de Pardo Bazán e un retrato de Ramón Pérez Costales (promotor da Real Academia Galega xunto a Pardo Bazán).

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia. p. 49. 
  2. 2,0 2,1 Obras de Vaamonde en CERES, Ministerio de Cultura.
  3. Cervantes Virtual

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar