VG-4.4

vía para automóbiles de Lourizán (PO-12) a Ardán

A VG-4.4 ou Variante de Marín é unha vía para automóbiles dependente da Xunta de Galicia. Une as autoestradas urbanas estatais PO-11 e PO-12 coa estrada PO-551 á altura da parroquia de Ardán, dando así acceso por vía de alta capacidade á vila de Bueu e servindo, asemade, de circunvalación do centro urbano de Marín.

VG-4.4
Variante de Marín
Tipoloxíavía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Dimensións
Lonxitude13,02 km
Localización
Inicio PO-12  Lourizán
Fin PO-551  Ardán
Circulación
TránsitoRodado, non peonil.
Velocidade máxima100 km/h

O primeiro tramo foi posto en servizo en setembro de 2006[1], o segundo e definitivo non estivo en funcionamento até xullo de 2012.[2]

Notas editar

  1. A. Castroverde (2006-09-19). "La variante de Marín sólo compensa en horas punta y días de atasco". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-09. 
  2. Argibay, María. "Abre la Variante de Marín que reduce a la mitad el tiempo de trayecto entre Pontevedra y O Morrazo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2017-08-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar