Uxío Torre Enciso

químico, farmacéutico e xeólogo galego

Uxío Torre Enciso, nado na Coruña o 12 de novembro de 1908 e finado en Ferrol o 17 de abril de 1994, foi un químico, farmacéutico e xeólogo galego, membro numerario da Real Academia Galega[1].

Infotaula de personaUxío Torre Enciso
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1908 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 1994 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsCipriano Torre Enciso Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Instituto Eusebio da Guarda, onde traballou Uxío Torre.

Fixo o bacharelato na súa cidade natal e estudou química e farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose nas dúas en 1930. Foi discípulo de César Sobrado Maestro, Luís Iglesias Iglesias e Isidro Parga Pondal. Exerceu como profesor axudante na Facultade de Farmacia (1932-1933). En Madrid doutorouse en xeoloxía. Traballou como profesor en institutos de Monforte de Lemos, Tui e o feminino da Coruña. En 1934 solicitou unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas para ir a París e Antuerpen, Bélxica, a estudar Metodoloxía das Ciencias Naturais.[2]

Na guerra civil española foi sancionado polas comisións depuradoras do profesorado, coa inhabilitación para cargos directivos e de confianza, o que o obrigou a abandonar a dirección que acadara do centro de Monforte. Pasou por un instituto de Palma de Mallorca. En 1941 gañou unha cátedra que exerceu no Instituto Eusebio da Guarda ata a xubilación.[2]

Ingresou na Real Academia Galega o 24 de outubro de 1970 a proposta de Parga Pondal, Antón Fraguas e Luís Iglesias Iglesias, pronunciando o discurso Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia, respondido por Parga Pondal.[3] Foi membro da Real Sociedad Española de Historia Natural, da Real Sociedad Geográfica, membro fundador do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses e membro fundador da Real Academia Galega de Ciencias en 1977.[4][5][6]

Descubriu o papel da erosión fluvial e os restos fósiles da era cuaternaria en Galicia[4][5][6] e achegou interesantes estudos sobre as rías de Galicia.

Obra editar

  • Enfermedades de las plantas producidas por virus. A Coruña: [s.n.], 1950.
  • "Sobre una relación entre los tipos de disyunción de los granitos gallegos y su historia geológico-tectónica", Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, n. 31, 1953, pp. 33–34.
  • "Contribución al conocimiento morfológico y tectónico de la Ría de La Coruña". Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, t. 52, 1954, pp. 21–51.
  • "Estado actual del conocimiento de las rías gallegas", en Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimento. Galaxia, 1958, pp. 237–250.[7]
  • "Hacia una explotación racional de nuestra rigueza minera. El cálculo de las reservas minerales", Revista de Economía de Galicia, ano II, n.º 7-8, xaneiro-abril 1959, pp. 18–20.
  • Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia / discurso lido por Uxío Torre Enciso e resposta do Dr. Isidro Parga Pondal. Real Academia Galega, 1970, reeditado en 2017[8]

Notas editar

  1. "Uxío Torres Enciso". Real Academia Galega. 
  2. 2,0 2,1 Gurriarán, Ricardo (2005). "Torre Enciso, Eugenio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 
  3. Torre Enciso, U. (1970). Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia. Real Academia Galega. 
  4. 4,0 4,1 "Torre Enciso, Uxío". Diccionario enciclopédico galego universal 57. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 113. ISBN 84-7680-429-6. 
  5. 5,0 5,1 "Torre Enciso, Uxío". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. 1999-2002. p. 115. ISBN 84-7680-288-9. 
  6. 6,0 6,1 "Torre Enciso, Uxío". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 269. 
  7. VV.AA. (1958). Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacemento. Galaxia. 
  8. Torre Enciso, U. (1997). Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia. Real Academia Galega. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar