Usuario:Prevert/Wikipedia:Wikiproxecto Proxecto5000

Obxectivos editar

  • Revisión minuciosa da Galipedia para crear un núcleo de artigos de calidade.
  • Normalización e uniformización dos modelos de artigos.
  • Interconexión entre os diferentes proxectos da wikipedia en galego.
  • Mellora e ampliación do sistema de axuda.
  • Redacción de políticas e normas en uso, e proposta de novas directrices cando sexa preciso.
  • Completar e debatir a clasificación en categorías coa proposta de novas ramas.
  • Crear e desenvolver sistemas de xestión para mellorar a calidade e os procesos de verificación dos artigos.
  • Promocionar á Galipedia e facilitar a colaboracion de novos usuarios.

Participantes editar


Procedemento editar

Os artigos incluidos no Proxecto5000 estarán marcados co marcador {{G0}} nun principio, cando pasan por cada un dos niveis de revisión márcanse con {{G1}}, {{G2}}, {{G3}}. Unha vez completado o proceso pasan a {{G4}}, co cal se engade unha categoría específica e un indicador gráfico (a semellanza do usado para incluir as coordenadas). Cada vez que se faga un cambio debe incluirse no campo resumo o indicador do nivel e a natureza do cambio, exemplo: G1: revisión de milleiros e decimais.

Características editar

Revisión minuciosa da Galipedia editar

No epígrafe revisión minuciosa da Galipedia o Proxecto5000 ten tres niveis:

Revisión e formato editar

  • Formato
  • Extensión mínima douscentos caracteres (sen contar cabeceiras, Véxase tamén, Ligazóns externas, ...)
  • Erratas, erros de ortografía, sintaxe, ...
  • Enlaces internos e Interwiki
  • Textos das cabeceiras: Véxase tamén, Ligazóns externas, ...
  • Notas a pé de páxina, referencias, ISBN.
  • Normalización de cores e templates (Véxase: Templates)
  • Imaxes procedentes de Commons
  • Nas cifras corrección de milleiros (.) e decimais (,)
  • Wikicode nas táboas no canto de html. (Véxase: Conversor de táboas do formato HTML ao fomato wiki, Outro conversor de táboas do formato HTML ao fomato wiki)
  • Creación de páxinas homónimos.
  • Revisión de maiúsculas e minúsculas.
  • Inclusión de marcadores de mantemento. (Véxase: Wikipedia:Mantemento).
  • Aplicar directrices do Libro de estilo.
  • Coordenadas nos artigos de localidades.
  • Imaxes
  • Ligazóns externas
  • Ligazóns externas (relevancia, marcadores de lingua {{gl}} {{pt}} {{en}} {{es}} {{fr}} ... , eliminar publicidade, comprobar se seguen activos e se enganden información para enriquecer o artigo, ...).
  • Enlazar con proxectos semellantes (Proxecto Gutenberg,...) (Véxase: Proxecto Gutenberg, autor -> {{Modelo:Gutenberg autor}}; obra -> {{Modelo:Gutenberg}})


  • Modelos
  • Proposta dun sistema de clasificación para as categorías raíz simplificado previo a discusión da rama completa. Implica categoría raíz, categoría na que está clasificada, e entre tres e cinco categorías dependentes. (Véxase: Debate Categorías).
  • Proposta e debate das categorías de cada unha das páxinas pendentes.
  • Páxinas sen categoría, de xeito provisorio: Category:Pendente categoría.
  • Para marcar as categorías oficiais da Galipedia: {{Modelo:CategoríaOficial}}.

Verificación das fontes e da información publicada editar

  • Comprobación de datas en fontes fiables externas á Wikipedia (Internet, publicacións en papel, etc.)
  • Verificación das informacións contidas no artigo.
  • Revisión da estrutura, e modificación se é preciso.
  • Redacción dun xeito claro e explicación de conceptos comprensible.
  • Comprobación da exactitude dos datos (distancias, superficies, datos científicos, estatísticas, habitantes, ...), constatar a correcta representación das magnitudes físicas.
  • Cando haxa varios puntos de vista examinar que estean correctamente representados segundo a súa importancia.


Información relacionada con Galicia editar

Redacción de políticas e normas editar

Sobre ligazóns externas. Sobre traducións doutras wikipedias. Sobre o uso de listas. Sobre títulos películas. Sobre categorías.

Artigos do Proxecto5000 editar

Os artigos incluidos no Proxecto5000 poden formar parte dun grupo de páxinas ou ser artigos individuais, e son artigos que comprenden o núcleo estable que calquera Wikipedia debería ter.

Grupos de páxinas editar

Artigos individuais editar

Categorías editar

  • Redacción do texto explicativo de cada unha das categorías, e navegación contextual

Outros editar

  • Todos aqueles propostos polos integrantes deste wikiproxecto