Eu un pouco perdido pola Galipedia...

Polo momento aínda non fixemos nada, esperemos a ver o que pasa. A idea principal é ir arranxando os erros que hai en Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións. Pero primeiro temos que ver como facemos para que funcione algo...! :)

Datos do bot editar

  • Propósito do bot: O obxectivo do bot é amañar os erros que se encontran en Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións. O bot está programado en python e usa expresións regulares para substituír os erros que atopa coa rutina replace.py de pywikipedia. O código do bot está adaptado do Bigsus-bot da wiki en castelán que fai correccións ortográficas e xa leva traballando alí varios anos, a verdadeira tarefa que temos é adaptar o bot ás normas ortográficas do galego e ás nosas necesidades. Se fose necesario e útil para esta wikipedia tamén podería facer algunha das outras tarefas que fai Bigsus-bot como amañar referencias, amañar datas, traducir os modelos de citas, se é que hai que facer algunha destas cousas nesta enciclopedia.
  • Funcionamento: Por defecto o bot será executado de forma semi-automática e unicamente en casos excepcionais moi claros pode ser usado de forma automática.
  • Período de funcionamento: Indefinido.
  • Operador: Elisardojm
  • Código: Está dispoñible o código para todo o mundo xa que ten licenza GNU GPL V3.

Comezos editar

05.10.2010 editar

Hoxe recuperei o script de BOTticeli para modificar a páxina de discusión de es:, agora vou tentar que funcione en gl:. Tamén conseguín atopar os enlaces do curso de bot que mirara daquela, son estes:

Como me costou atopalas vou copialas eiquí como subpáxinas:

O script de saúdo na discusión de Elisardojm xa funcionou!!, acabo de probalo e despois duns amaños foi todo ben!. Este código fíxeno coa axuda dos Cursos de bot de Emijrp, é o seguinte:

import wikipedia
misitio = wikipedia.Site("gl", "wikipedia")
mipagina = wikipedia.Page(misitio, u"Conversa usuario:Elisardojm")
mipagina.put(u"%s\n==Hola xefe==\nHola, son Corribot. Saúdos ~~~~\n" % mipagina.get(), u"¡¡Son un bot desbocado 
;)!!!")

Así que xa sabes, se queres un saúdo avisa que está feito! :).

Agora teño que mirar como substituír textos para a corrección de erros ortográficos, pero iso xa será outro día.

08-10-2010 editar

Xa teño o código despois de reducir e adaptar o código do Bigsus-bot da wikipedia en castelán. Agora estou facendo probas de forma semi-automática para intentar evitar que se fagan cambios incorrectos. Hoxe imos comezar substituíndo *álbumes por álbums, unha cousa sinxeliña que só aparece 21 veces na Galipedia, máis ou menos. O problema que imos ter no futuro vai ser diferenciar os textos en castelán porque moitos deles estou vendo que están a canón, é dicir sen poñer comiñas, nin modelo cita, nin nada, así que non sei como se van poder amañar... (pois con paciencia e moito coidado, home!! :) Agora mesmo xa levo máis dunha hora dalle que dalle e non atopo nada, estou agora mesmo con Greenwich pero ata chegar a Natalia (cantante) non debería atopar nada. Hai que ter paciencia... :)

Pois non atopei nada!!! :(. Claro é que a expresión regular era moi sinxela 'álbumes\b', e con ese formato non hai ningunha palabra na Galipedia, hai que mellorala pero iso xa será mañá porque xa son horas. A boa noticia é que creo só tardei entre dúas e tres horas en revisar toda a Galipedia!! :) --Corribot 00:19, 8 de outubro de 2010 (UTC)

09-10-2010 editar

Cambiei o script de forma que controle mellor as posibles correccións pero veremos o que pasa porque na primeira páxina xa me fixo unha pregunta dun texto en inglés...--Corribot 21:52, 8 de outubro de 2010 (UTC)

Así non vale, atopa sempre Albums Chart, tentarei comezar de novo metendo unha excepción...--Corribot 22:46, 8 de outubro de 2010 (UTC)

Xa rematei!, o que pasa é que aínda da choio porque hai que confirmar tódolos cambios pero aínda así axuda moito e pode facerse ó mesmo tempo que outra cousa. O que pasou é que me decatei a medio traballo que había máis problemas con álbum, que hai moitos que non están con til, a ver se mañá. Ó final hoxe tardei sobre 2,75 horas, non está nada mal tendo en conta que tiña que esperar por Elisardojm... :P. Logo terá que revisar cantos cambios fixemos e como quedaron, ¡que traballe un pouco tamén! :) ... --Corribot 01:43, 9 de outubro de 2010 (UTC)

Pois foron unhas 45 edicións pero está mal o enlace á páxina do bot, a ver se para a próxima sae ben...--Elisardojm 02:02, 9 de outubro de 2010 (UTC)

11-10-2010 editar

Este día estiven revisando algunhas das correccións na letra A como ábsida e avogado, todo ía perfecto ata que, por culpa do cansancio, lle dixen a Corribot que cambiara ademais por *ademáis. ¡Hai que ver que mal fai durmir menos do que debemos!. Menos mal que Atobar estaba atento e puido bloquealo antes de que fixera máis mal. Hoxe, día 12, revisei os cambios e amañei o que quedaba. Logo fixen o cambio correctamente (ata a metade da Galipedia, o resto outro día) e saíron un montón de casos, é normal, a última revisión é do 2007 de Usuario:XoseBot. Boeno, xa temos unha mancha no expediente, ¡agora xa podemos facer a petición do permiso de bot!! :). --Elisardojm (conversa) 00:36, 13 de outubro de 2010 (UTC)

12-11-2010 editar

Xa temos o permiso de camión, digo... de bot!!!. :)

AutoWikiBrowser editar

Pois agora, en abril de 2016, e despois de varios anos no dique seco por problemas no equipo, Corribot volve funcionar grazas ó Wikipedia:AutoWikiBrowser!

Javascript Wiki Browser editar

Despois dos problemas no equipo, finalmente en 2016 o disco do ordenador rebentou e perdeuse a configuración do AutoWikiBrowser. Agora o bot irá facendo algunhas cousas co Javascript Wiki Browser, un script de usuario que funciona como o AutoWikiBrowser. Vai máis amodo que o AWB e ten algunhas limitacións, pero para ir facendo algún traballo de cando en vez, pode valer.

Se queres facer o teu propio bot sen necesidade de instalar ningún programa no teu ordenador, consulta Wikipedia:Uso dun bot con JavascriptWikiBrowser, paso a paso.

Replacer editar