Wikipedia:Uso dun bot con JavascriptWikiBrowser, paso a paso

Esta páxina é para explicar, paso a paso, o que hai que facer para usar o Wikipedia:JavascriptWikiBrowser cun exemplo moi sinxelo.

Paso 1, configuraciónEditar

Para poder usar o JavascriptWikiBrowser non hai que instalar ningún programa, tan só tes que configuralo na túa conta de usuario.

mw.loader.load('//en.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Joeytje50/JWB.js/load.js&action=raw&ctype=text/javascript');

Paso 2, abrir o botEditar

Para comezar o bot tes que ir a JS Wiki Browser.

Paso 3, crear a lista de páxinasEditar

Vídeo amosando como crear a lista de páxinas que usan o Modelo:Control de autoridades. Para ver o vídeo correctamente hai que seleccionar a calidade de "Fonte WebM".

O bot, para comezar a traballar, precisa unha lista de páxinas a tratar, que serán as páxinas que vai a revisar.

Para crear a lista temos que ir á pestana "Config.". Nesa pestana dámoslle ó botón "Xerar" e iso abrirá a pantalla que permite crear a lista de páxinas.

O primeiro é seleccionar o espazo de nomes no que se vai traballar, o normal será que traballemos nos artigos da Galipedia, polo que temos que escoller "(principal)" na columna da dereita.

Para esta proba imos seleccionar a opción "Ligazóns na páxina" e na caixa engadimos a páxina de probas, "Wikipedia:Páxina de probas de JWB".

Crear unha lista de páxinas con case tódolos artigos da GalipediaEditar

Se queremos tratar tódolos artigos da Galipedia a única opción que coñezo polo momento é a de facer unha lista de artigos que conteñen modelos moi usados, coma o de "control de autoridades" e o de "Navbar". Imos ver como facelo, hai que seguir estes pasos:

O que hai que ter en conta é que con esta lista de artigos tan grande, o programa pode que responda de forma máis lenta, polo que é posible que nalgúns casos non compense usar este sistema xa que pode tardar máis procesar as páxinas que en cambialas a man. Habería que facer algunhas probas para ver como funciona.

Paso 4, configurar os saltosEditar

Neste paso imos configurar as páxinas que o bot non ten que tratar, para iso temos que ir á pestana "Saltar". Para este exemplo iremos ó apartado "Saltar cando:" e marcaremos a opción "Non se fixeron cambios". Isto é para que cando o bot revisa unha páxina, se non ten que cambiarlle nada, que a salte automaticamente, se non marcamos isto, teremos que premer o botón de "Saltar" para que pase á seguinte.

Paso 5, configurar os cambiosEditar

Vídeo amosando como amañar un erro ortográfico nos artigos dunha categoría.

Agora temos que indicarlle ó bot o cambio, ou cambios, que queremos que realice. Para isto temos que ir á pestana de "Edición" e engadir o que queremos que garde no resumo de edición, o texto a cambiar e o texto co que hai que substituílo.

  • Na caixa de "Resumo" temos que poñer a explicación do que está a facer o bot. Para este exemplo podemos poñer "proba de JavascriptWikiBrowser"
  • Na caixa "Substituír" temos que poñer o texto antigo ou incorrecto. Para este exemplo imos poñer "camion".
  • Na caixa "Con:" temos que poñer o texto novo ou a corrección que se vai facer. Para este exemplo imos poñer "camión".

Paso 6, comezar a traballarEditar

Neste punto o bot xa pode comezar a traballar e para iso só hai que premer en "Comezar".

O bot comezará a revisar as páxinas da lista e cando atope unha que ten o texto indicado en "Substituír", parará, cambiará o texto e amosará unha pantalla coas diferenzas.

Se vemos que a substitución é correcta prememos o botón "Gardar", se é incorrecta podemos amañala na caixa co título "Área de edición" ou podemos darlle ó botón de "Saltar" para que o bot non a modifique.

Isto repetirase ata que estean tratadas tódalas páxinas da lista.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar