Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións

Atallo:
WP:EO

Esta páxina serve para rexistrar os erros ortográficos máis comúns para que os usuarios e/ou bots poidan identificalos facilmente e corrixilos. Tamén se inclúen aquí as desviacións, isto é, os castelanismos, lusismos, hipergaleguismos, arcaísmos e anglicismos máis comúns e que necesiten corrección.

Os termos á esquerda da "->" son os incorrectos, e os termos á dereita son os correctos.

Por favor, cando engadas un termo comproba nun dicionario oficial (por exemplo, no VOLGa ou no dicionario da RAG) cal é a forma correcta, e engádeo na sección correspondente. Ademais, se o engades mantendo a orde alfabética, axudarás a axilizar a súa localización. Existe unha páxina irmá desta chamada Wikipedia:Erros de ortografía revisados, moi similar, mais na que se comentan as anotacións sobre correccións que se realizan na Galipedia. Tamén hai unha lista de erros ortográficos que usa o revisor ortográfico.

  • a efectos de -> para os efectos de.
  • a grandes rasgos -> a grandes trazos.
  • a partires de -> a partir de.
  • a pesares de -> a pesar de, pese a.
  • a veces -> ás veces.
  • ao por maior -> en groso, por xunto.
  • ao por menor -> a retallo, polo miúdo.
  • abagar -> avagar.
  • abandoar -> abandonar.
  • abañón -> frieira.
  • abasoirada -> vasoirada.
  • abate -> abade. (Si na conxugación do verbo abater)
  • abatimento -> abatemento.
  • abatir -> abater.
  • abdomen -> abdome.
  • abeado/a -> arroutado/a
  • abecer -> avecer.
  • abechornar -> abafar, avergoñar
  • abegar -> avegar.
  • abelencia -> habelencia.
  • abellaruxo -> abellaruco.
  • abellizcar -> beliscar.
  • abellota -> belota, landra.
  • abermellado -> avermellado.
  • abexorro -> abellón.
  • abichornar -> abafar, avergoñar
  • abinza -> avinza.
  • abiñanza -> avinza.
  • abiñanzar -> avinzar.
  • ablancazado -> abrancazado.
  • ablancuzado -> abrancazado.
  • ablandar -> abrandar.
  • abó/aboa -> avó/avoa.
  • aboengo -> avoengo.
  • aboenza -> avoengo.
  • abofetear -> losquear, dar unha losqueada, dar un lapote.
  • abogacía -> avogacía.
  • abogado -> avogado.
  • aboitre -> voitre.
  • abolencia -> avoengo.
  • abolengo -> avoengo.
  • abolladura -> aboladura.
  • abollar -> abolar.
  • abono -> fertilizante, adubo, adobo. Si existe abono como sinónimo de abonamento.
  • aborcallar -> envorcallar.
  • aborixen -> aborixe.
  • aborrescer -> aborrecer.
  • abotonar -> abotoar.
  • ábrego -> ávrego.
  • abrevar -> abeberar.
  • abrilantar -> abrillantar.
  • abrocallar -> envorcallar.
  • abrumar -> abafar.
  • ábside -> ábsida.
  • abuchear -> apupar.
  • acarrear -> carrexar, carrear.
  • aceituna -> oliva.
  • acera -> beirarrúa.
  • achádego -> achado.
  • acibache -> acibeche.
  • aclimar -> aclimatar.
  • acné -> acne.
  • acostar -> deitar.
  • acreedor -> acredor.
  • acueducto -> acueduto.
  • adelantar -> adiantar.
  • ademáis -> ademais, amais.
  • adoitar -> adoptar (pero adoitar vale co significado de ter por costume, ser habitual).
  • adoquín -> lancha, lastra, laxa, laxe, lousa.
  • adoquinado -> lastrado, lousado.
  • adosado -> acaroado, arrimado.
  • adosar -> apegar, arrimar, emparellar.
  • advenimento -> chegada
  • adxuntar -> achegar, anexar.
  • afadigar -> fatigar.
  • afeizoado, afeizoar -> afeccionado, afeccionar.
  • afixar -> fixar.
  • afición, afeción -> afección.
  • afrentar -> afrontar.
  • agá -> agás, aga
  • agavear -> gabear.
  • agotar -> esgotar.
  • aguxeiro -> burato, buraco, furado
  • aguxetas -> maniotas.
  • ahí -> .
  • ainda que -> aínda que.
  • aislado, aislamento, aislante -> illado, illamento, illante.
  • alambre, alambrada -> arame, aramado.
  • albacea -> testamenteiro.
  • albarán -> albará.
  • albóndiga -> albóndega.
  • album -> álbum.
  • álbume -> álbum.
  • álbumes -> álbums.
  • albúmina -> albumina.
  • aleación -> aliaxe.
  • alegato -> alegación.
  • alemana -> alemá.
  • alemanes -> alemáns.
  • Alemania -> Alemaña.
  • alevosía -> aleivosía.
  • algibe -> alxibe.
  • aliación -> aliaxe
  • alinear -> aliñar.
  • allanar -> achaiar, achandar, achanzar.
  • almea -> amea.
  • almexa -> ameixa.
  • almíbar -> almibre, caldo de azucre.
  • almorávide -> almorábide.
  • alonxar -> afastar.
  • alquilar -> alugar (en química é correcto cando se trata da adición de grupos alquilo)
  • alquiler -> alugamento, alugueiro, renda.
  • alquitrán -> alcatrán.
  • alrededor -> arredor.
  • altavoz -> altofalante.
  • aluguer -> alugueiro.
  • amial -> ameneiral.
  • amiúde -> a miúdo.
  • amonestar, amonestación -> amoestar, amoestación.
  • amortiguador, amortiguar -> amortecedor, amortecer.
  • análisis -> análise (fem.).
  • ancla -> áncora.
  • anclaxe (embarcación) -> ancoraxe.
  • andén -> plataforma.
  • andiven -> andei (e demais formas: andaches, andou, andamos, andastes, andaron).
  • anodino -> anódino.
  • anque -> aínda que.
  • antigüedade -> antigüidade.
  • aparcamento -> aparcadoiro (aparcamento só equivale á acción e efecto de aparcar).
  • apariencia -> aparencia.
  • aparte -> á parte. (aparte é un substantivo para un comentario que interrompe ou para un sitio retirado)
  • apesar -> a pesar.
  • apito -> asubío, chifre, subiote.
  • aplastamento, aplastar -> esmagamento, esmagar.
  • apodar, apodo -> alcumar, alcume.
  • apostilla -> apostila.
  • aportación -> contribución, colaboración, achega.
  • apremiar -> apremar.
  • apretar, apreta -> apertar, aperta.
  • apreto -> aperto, apuro.
  • apunte -> apuntamento. (Si existe na conxugación do verbo apuntar)
  • aquel aguia -> aquela aguia.
  • aquel alma -> aquela alma.
  • aquel árbore -> aquela árbore.
  • aquel auga -> aquela auga.
  • aquelo -> aquilo. (Si existe na conxugación do verbo aquelar)
  • aramio -> arame.
  • arándano -> arando.
  • arcén -> beiravía.
  • ardilla -> esquío.
  • arista -> aresta.
  • armonía -> harmonía.
  • arpía -> harpía.
  • arrabaldo -> arrabalde.
  • arrañar -> rañar.
  • arreglar -> amañar, arranxar.
  • arreglo (subst.) -> amaño, arranxo.
  • arrente, arrentes -> a rentes.
  • arrinconar -> acantoar, acurrunchar, arrecunchar.
  • arroio -> regato, regueiro.
  • arroxar -> arrebolar, ceibar, guindar, lanzar, mandar, rebolar (ora ben: existe arroxar = "adquirir ou facer que algo adquira cor roxa").
  • arroxo (subst.) -> afouteza, coraxe, denodo, ousadía.
  • arzobispo -> arcebispo.
  • asamblea -> asemblea; xunta, xuntanza, reunión.
  • asco -> noxo. (Si na micoloxía).
  • asesinar, asesino -> asasinar, asasino.
  • asignatura -> materia ou disciplina.
  • asimesmo -> así mesmo.
  • asinalar -> sinalar.
  • aspavento -> espavento.
  • asqueroso -> noxento.
  • astilleiro -> estaleiro.
  • ateitiñar -> atoutiñar.
  • aterrizaxe -> aterraxe.
  • atirar -> tirar.
  • a traveso de -> a través de.
  • atornillar -> aparafusar.
  • atuar -> actuar (pero ollo: existe atuar = "tratar de ti").
  • aunar -> unificar.
  • austriaco -> austríaco.
  • automóvil -> automóbil.
  • autopista -> autoestrada.
  • avanear -> abalar, abanear.
  • avantaxe -> vantaxe.
  • aventaxar -> avantaxar.
  • aver -> a ver.
  • avería -> avaría.
  • averiguar -> descubrir.
  • avóvada -> bóveda.
  • axuntamento -> concello. (Si como sinónimo de reunión)
  • azabache -> acibeche.
  • azúcar -> azucre.
  • babosa -> lesma, limacha, limaco.
  • bacallao -> bacallau.
  • bache -> focha, fochanca, foxo.
  • badén -> lomba (elevación en camiños ou estradas).
  • bahía -> baía.
  • baia -> baga.
  • balaguste -> balaústre.
  • balagustro -> balaústre.
  • balanza de pagos -> balanza de pagamentos.
  • balbor -> balbordo.
  • barandilla -> varanda.
  • barniz -> verniz.
  • barrendeiro/a -> varredor/a.
  • barrer -> varrer.
  • basa -> base
  • basar -> basear.
  • basura -> lixo.
  • basureiro -> vertedoiro (lugar onde se depositan os residuos), recolledor do lixo (persoa que ten por oficio recoller o lixo).
  • batir -> bater.
  • beca -> bolsa de estudos. (Si existe beca para un manto eclesiástico e para unha insignia).
  • becar -> conceder unha bolsa.
  • becario -> bolseiro.
  • bellota -> landra, belota.
  • bereber -> bérber.
  • bilis -> bile.
  • bimbán -> bambán.
  • bistec -> bisté.
  • bloco -> bloque.
  • bó -> bo.
  • boda -> voda.
  • boquerón -> bocareu, bocarte.
  • borcar -> envorcar.
  • borde -> beira, marxe, bordo, canto, esquina.
  • bosnia/o -> bosníaca/o.
  • bostezo -> bocexo.
  • brilar, brilo -> brillar, brillo.
  • brúxula -> compás.
  • bucear -> mergullar, nadar ao somorgullo.
  • buhardilla -> faiado, faio (local) bufarda, bufarra, bufarro, fachal, fachineiro, fachinelo (abertura).
  • bulto -> vulto.
  • burrumbiada-> rebumbio.
  • bursátil -> bolsista.
  • burundés/esa -> burundiano/a.
  • búsqueda -> busca.
  • buzo -> bucio (a non ser o sinónimo de bozo).
  • buzón -> caixa do correo.
  • cabecilla -> líder.
  • cabestrillo -> estribeira.
  • cabildo -> cabido.
  • calabacín -> cabaciña.
  • calabaza -> cabaza.
  • calamar -> lura.
  • calambre -> cambra.
  • caluroso/a -> caloroso/a.
  • calexón -> ruela, corredoira, canella (canella sen saída), canellón, vieiro choído (canella sen saída).
  • calivera -> caveira.
  • caliza -> calcaria/o.
  • calle -> rúa.
  • callejón -> calella, calello, canella, canellón, quella.
  • callexeiro/a -> da(s) rúa, na(s) rúa (protesta da rúa, violencia das rúas, festa na rúa).
  • calqueira, calquer -> calquera.
  • camilla -> padiola, angarellas, cama.
  • camilleiro -> padioleiro.
  • campanada -> badalada.
  • canaleta, canalón -> caleiro, calexa, canlón.
  • canciller -> chanceler.
  • cannabis -> cánnabis.
  • candado -> cadeado.
  • canteiría -> cantaría.
  • canxe -> troco, intercambio.
  • cañón -> canón.
  • capilla -> capela.
  • carreteira -> estrada. Existe "carreteira" como subst. para as mulleres que constrúen ou conducen carros e adx. para o relativo ao carro.
  • cartaz -> cartel
  • cartílago -> cartilaxe (fem.)
  • casarse -> casar (en galego non é pronominal).
  • casco (vello, urbano) -> núcleo, zona.
  • caserío -> casarío.
  • cauce -> leito (do río).
  • cautiva -> cativa.
  • cautiverio -> cativerio.
  • cautividade -> catividade.
  • cautivo -> cativo.
  • caxetilla -> paquete.
  • cecina -> chacina.
  • celda -> cela.
  • cercanía -> proximidade.
  • cercano -> próximo, achegado.
  • cerilla -> misto.
  • cerre -> cerramento, peche.
  • certamen -> certame.
  • cese -> cesamento.
  • chalet -> chalé.
  • chequeo -> recoñecemento, exame.
  • chiflado -> tolo, chalado.
  • ciapio -> sipaio.
  • cimborrio -> ciborio.
  • cincel -> cicel.
  • cinturón -> cinto.
  • cipaio -> sipaio.
  • cirurxán -> cirurxián.
  • ciste -> quiste.
  • ciumes -> celos
  • ciúmes -> celos
  • cobarde -> covarde.
  • coengo -> cóengo.
  • cohecho -> suborno.
  • colilla -> cabicha.
  • colina -> outeiro.
  • colindante -> lindeiro/a, estremeiro/a.
  • colisionar -> colidir.
  • columpio -> bambán, carrandiola, carriola, dindán, randeeira.
  • combatir -> combater.
  • comilona (comida abundante) -> enchente, enchedela, chea, farta, lupanda, atracada.
  • comunión -> comuñón.
  • conceito -> concepto.
  • concexal -> concelleiro.
  • concluente -> concluínte.
  • concretizar -> concretar.
  • concurrir -> concorrer.
  • condear -> condenar (e condena).
  • conducción -> condución.
  • conductor -> condutor.
  • conexo (animal) -> coello
  • confiable -> fiable/de fiar
  • confitería -> confeitaría.
  • conflicto -> conflito.
  • confradía -> confraría.
  • confucionismo -> confucianismo.
  • conlevar -> implicar, supoñer, significar.
  • conmigo -> comigo.
  • conocido -> coñecido.
  • conquerir -> conseguir.
  • construcción -> construción.
  • contato -> contacto.
  • contatos -> contactos.
  • contener -> conter.
  • contradicción -> contradición.
  • contraseña -> contrasinal.
  • contributo -> contribución.
  • convalidación -> validación, revalidación ou confirmación.
  • convertir, convirtir -> converter.
  • corbata -> gravata.
  • cornisa -> cornixa.
  • corral -> curral.
  • correción -> corrección.
  • correta -> correcta.
  • corretamente -> correctamente.
  • corretas -> correctas.
  • correto -> correcto.
  • corretos -> correctos.
  • correxir -> corrixir.
  • cortafogos -> devasa.
  • corteza -> codia.
  • corto -> curto. (Si na conxugación do verbo cortar).
  • costarricense -> costarriqueño, costarriqueña.
  • coste -> custo.
  • costear -> custear. (Si navegar seguindo a costa).
  • cotidiano -> cotián.
  • crave -> clave.
  • cráneo, cránio -> cranio
  • creer -> crer.
  • cresta -> crista.
  • cruce -> cruzamento. (Si na conxugación do verbo cruzar).
  • crucigrama -> encrucillado.
  • cruda, crudo -> crúa, cru.
  • cualquera -> calquera.
  • cucaracha -> cascuda.
  • cuchara -> culler.
  • cucharilla -> culleriña.
  • cuclillas, en -> en crequenas, de crequenas, anicado.
  • cucharón -> garfelo, cazo, cullerón.
  • cuia/o/as/os -> cuxa/o/as/os.
  • cumplir -> cumprir.
  • cumpreanos -> aniversario.
  • cuna -> berce.
  • cuota -> cota.
  • cupo -> cota.
  • cutis -> cute.
  • da (3ª persoa de presente de indicativo do verbo dar) ->
  • dacordo -> de acordo.
  • danos e prexuízos -> danos e perdas.
  • dañar -> danar.
  • dañino -> daniño.
  • das (2ª persoa singular de presente de indicativo do verbo dar) -> dás
  • de todas maneiras -> de todas as maneiras.
  • debalde -> de balde.
  • debatir -> debater.
  • deborcar -> envorcar.
  • decatlón, decatlon -> décatlon
  • decimoprimeiro → décimo primeiro
  • decimosegundo → décimo segundo
  • decimoterceiro → décimo terceiro
  • decimocuarto → décimo cuarto
  • decimoquinto → décimo quinto
  • decimosexto → décimo sexto
  • decimosétimo, decimoséptimo → décimo sétimo
  • decimoctavo, decimooctavo → décimo oitavo
  • decimonoveno → décimo noveno
  • decir -> dicir.
  • decomisar -> comisar.
  • deica -> ata ou até. Deica só é correcto cando o punto de partida está no tempo presente ou nun espazo inmediato)
  • denada -> de nada
  • delicto -> delito.
  • depresa -> a présa.
  • derretir -> derreter.
  • desaglutinar -> separar.
  • desahucio -> desafiuzamento.
  • desalar -> desalgar.
  • desarrollo -> desenvolvemento.
  • desaugue (subst.) -> desaugadoiro.
  • descripción -> descrición.
  • desenvocar -> desembocar.
  • desglose -> detalle, repartimento, especificación.
  • desinterés -> desinterese.
  • desnudar(se) -> espir(se), denudar(se), desvestir(se).
  • despacio -> amodo, paseniño, devagar.
  • despegar (un avión) -> engalar.
  • desputar, desputa (subst.) -> disputar, disputa.
  • destiño -> destino.
  • desmo, dezmo -> décimo (imposto).
  • destellar (en castelán)-> escintilar. Para destellar (galego) é destejar (en castelán)
  • destello -> escintileo.
  • desván -> faio, faiado.
  • deterioro -> deterioración.
  • detín, deteron -> detiven, detiveron.
  • devaluación -> desvalorización, depreciación.
  • devaluar -> desvalorizar (por unha decisión política) ou depreciar (pola lei do mercado). Sinónimos no caso de utilizarse en contabilidade.
  • dezmo -> décimo.
  • diccionario -> dicionario
  • diciembre -> decembro.
  • dictar -> ditar.
  • dictadura -> ditadura.
  • diferencia (subst.) -> diferenza (pero o verbo é diferenciar).
  • difuminar -> esvaer.
  • din-> É correcto como 6ª persoa de presente do indicativo de dicir, pero non para a 1ª persoa pretérito perfecto do indicativo do verbo dar (dei).
  • diócese -> diocese.
  • disculpa -> desculpa.
  • disfraz -> disfrace.
  • disfrutar -> gozar.
  • disminuír, disminuir -> diminuír.
  • distición -> distinción.
  • diurno -> diúrno.
  • doctrina, dotrina -> doutrina
  • dolorido -> dorido.
  • donante -> doador ou doante (sinónimos no DRAG).
  • donde -> onde.
  • duda -> dúbida.
  • dum, duma -> dun, dunha (pero ollo: existe Duma, parlamento ruso).
  • ebook, e-book -> libro electrónico.
  • efeito -> efecto.
  • efeitos -> efectos.
  • eiquí -> aquí.
  • electrodo -> eléctrodo.
  • eleición, eleito -> elección, electo
  • elexir -> elixir.
  • élite -> elite.
  • elle -> ele dobre.
  • elo -> iso (é un pronome neutro do galego medieval que só se conserva na expresión estar a elo, pero ollo: tamén existe o substantivo elo co significado de cada un dos aros que forman unha cadea).
  • email, e-mail -> correo electrónico.
  • embalde -> en balde.
  • embigal -> umbilical.
  • empleado -> empregado.
  • emplear -> empregar.
  • empleo -> emprego.
  • en aras de -> co fin de.
  • enbalde -> en balde.
  • encaixonamento -> encaixe.
  • encanto > en canto (cando é locución, existe como substantivo).
  • encender -> acender, prender.
  • enchemento -> enchedura.
  • encurtadoiro -> atallo.
  • enero -> xaneiro.
  • enfriar -> arrefriar ou arrefecer.
  • engrova -> engroba.
  • enmendar, enmenda (subst.) -> emendar, emenda.
  • ensoso -> eslamiado/a, insulso.
  • entablamento -> inicio; entaboamento (só para cubrir con táboas).
  • enterarse, enteirarse -> decatarse, saber de, coñecer, informarse, darse de conta, ter coñecemento.
  • entrenar -> adestrar.
  • entrenador(a) -> adestrador(a).
  • entorno -> contorno, contorna. Existe entorno na conxugación do verbo entornar.
  • entretenemento -> entretemento.
  • epaper, e-paper -> papel electrónico.
  • envexecer -> avellentar, envellecer ou avellar.
  • envidia, envidiar -> envexa, envexar.
  • eres -> es.
  • escadería -> escalinata.
  • escalón -> banzo, chanzo.
  • escasez -> escaseza.
  • escea -> escena.
  • escoba -> vasoira (existe o substantivo escoba, xogo de cartas e unha xesta).
  • escombro -> cascallo, cascote, entullo (existe o substantivo escombro, peixe).
  • escoria -> escoura.
  • ese aguia -> esa aguia.
  • ese alma -> esa alma.
  • ese árbore -> esa árbore.
  • ese auga -> esa auga.
  • esguinzar, esguince -> escordar, escordadura.
  • eslabón -> elo.
  • eslálom -> slálom (con acento)
  • eslógan -> slogan (sen acento)
  • eso -> iso.
  • espaciar -> espazar.
  • espacio -> espazo.
  • espalda -> lombo, costas.
  • esparcir -> esparexer.
  • espirar, espiración -> expirar, expiración
  • espíritu -> espírito.
  • esquela -> necrolóxica.
  • esquelete -> esqueleto.
  • esquisto -> xisto.
  • estantería -> estante.
  • estatus -> status.
  • éste, ésta -> este, esta.
  • este aguia -> esta aguia.
  • este alma -> esta alma.
  • este árbore -> esta árbore.
  • este auga -> esta auga.
  • este (punto cardinal) -> leste.
  • esto -> isto.
  • estos -> estes.
  • estricto -> estrito.
  • estructura -> estrutura.
  • estriñir -> estrinxir.
  • estudiar -> estudar. (Estudio, cun i, é o lugar onde se realizan actividades intelectuais ou profesionais. Agás neste caso, os demais son sen i, é dicir, estudo(s)).
  • estudio -> estudo estudio é correcto cando é o lugar, se non, estudo
  • estuche -> estoxo.
  • esvaciar -> baleirar.
  • eúscaro -> éuscaro, vasco.
  • euskera, eusquera -> éuscaro, vasco.
  • evaluación, evaluar -> avaliación, avaliar.
  • excavar -> escavar.
  • excomulgar -> excomungar.
  • explotar -> estoupar, estourar, esbourar. (Si existe para sacar proveito)
  • exprimir -> espremer, premer.
  • extender -> estender (pero extenso, extensión).
  • extraño -> estraño.
  • facer [tempo meteorolóxico] -> ir (*Fai sol -> Vai sol).
  • facsímil -> facsímile.
  • fai [tempo] -> hai [tempo].
  • falda [vestiario] -> saia ou faldra.
  • falda [monte] -> aba, faldra ou .
  • fallido -> errado.
  • falopear -> folerpar.
  • fecha -> data. (pero fecha: pequena cantidade de líquido)
  • feria -> feira.
  • ferry -> transbordador.
  • financiero/a -> financeiro/a.
  • financiación -> financiamento.
  • finca -> herdade, propiedade rústica, terreo, leira, e na linguaxe técnica moitas veces a forma que se ha empregar é predio.
  • finiquito -> liquidación.
  • flema -> flegma.
  • floresta -> foresta.
  • florestal -> forestal.
  • floristería -> floraría.
  • fogoneiro -> fogueiro.
  • folklore -> folclore (pero folk, ó ser un anglicismo máis recente).
  • folla de lata, follalata -> lata
  • forcexear, forcexeo (subst.) -> forcexar, forcexo.
  • fornear -> enfornar.
  • fotografiar -> fotografar.
  • fragancia -> fragrancia.
  • frambuesa, frambueso -> framboesa, framboeseiro.
  • franela -> flanela.
  • franquicia -> franquía.
  • Franza -> Francia (pero ollo: existe a parroquia Franza, en Mugardos).
  • fregadeiro -> vertedoiro.
  • frenar -> frear.
  • frenazo -> freada.
  • fuciño -> fociño.
  • gafas -> lentes.
  • galeira -> galera.
  • gandeiría -> gandaría, gandería.
  • garantizar -> garantir.
  • garbanzo -> garavanzo.
  • gardaespaldas -> gardacostas.
  • gatuxa -> garatuxa.
  • gavián -> gabián.
  • gazapo -> cazapo.
  • gladiolo -> gladíolo.
  • golondrina -> andoriña.
  • governo -> goberno.
  • grabar -> gravar.
  • gracia/s -> graza/s. Pero ollo: gracia na conxugación do verbo graciar.
  • gran (diante de nomes en singular que comezan por vogal) -> grande
  • grasoso -> graxento.
  • grial -> graal.
  • grifo -> billa. En mitoloxía: grifón
  • grudo -> engrudo.
  • gubernamental -> gobernamental.
  • guisante -> chícharo, ervella.
  • gusano -> verme.
  • habaneira -> habanera (existe habaneira como habitante da Habana).
  • hacea -> cara a.
  • hacinar-> amorear.
  • hachádego -> achado.
  • hachemí -> haxemita.
  • hachemita -> haxemita.
  • hachís -> haxix.
  • hachuela -> desaparafusador.
  • hacia -> cara a.
  • hada -> fada.
  • haia -> faia.
  • halago -> afago.
  • hall -> vestíbulo.
  • hallazgo -> achado.
  • hánster -> hámster.
  • harakiri -> haraquiri.
  • harem -> harén.
  • harmuñía -> harmonía.
  • hasta (prep.) -> ata ou até (prep.) (ollo: unha hasta pode ser un corno ou un pau longo).
  • heptathlón -> héptatlon.
  • herencia -> herdanza.
  • héroe -> heroe.
  • hioides -> hioide.
  • hipocresía -> hipocrisía.
  • hola -> ola.
  • hongo -> fungo.
  • horchata -> orchata.
  • hostelería -> hostalaría, hostalería.
  • humán -> humano.
  • húmero -> úmero.
  • hundir -> afundir.
  • icono -> icona.
  • iglesia -> igrexa.
  • igresia -> igrexa.
  • incertidume -> incerteza.
  • incluir -> incluír
  • inconvinte -> inconveniente.
  • inerva -> innerva
  • inervación -> innervación
  • inervado/a -> innervado/a
  • inervar -> innervar
  • ingredente -> ingrediente.
  • inquedar -> inquietar.
  • inscripción -> inscrición.
  • instrucción -> instrución.
  • insertar -> inserir.
  • interés -> interese (pero ollo: existe xuro= diñeiro que produce un capital).
  • intereses -> xuros (para falar dos cartos que produce un capital).
  • interfaz -> interface.
  • introducción -> introdución.
  • inversión -> investimento (pero ollo: existe inversión = acción ou efecto de inverter ou dar a volta).
  • inversionista -> investidor.
  • inversor -> investidor (que fai investimentos).
  • inverter -> investir (facer un investimento).
  • invertir -> inverter. (dar a volta a unha cousa).
  • ir + infinitivo incoativo (non leva a preposición a). Ía cantar =ía comezar a cantar, ía a cantar pola rúa= ía cantando pola rúa.
  • irmanar -> irmandar
  • irrevocable -> irrevogable
  • isla -> illa.
  • isolar, isolado -> illar, illado.
  • iste -> este.
  • italián -> italiano.
  • iunque, xunque -> engra, incre, zafra, bigornia (son todas femininas).
  • IVA -> IVE (Imposto sobre o Valor Engadido).
  • jajaja (risada) -> hahaha.
  • jarcha -> kharxa.
  • kilómetro -> quilómetro.
  • laberinto -> labirinto.
  • labor, a -> o labor (labor feito non corre présa)
  • latido -> latexo.
  • lagartixa -> lagarta.
  • lástima -> pena.
  • lavadero -> lavadoiro.
  • lavavaixelas -> lavalouza.
  • leer -> ler.
  • lentilla -> lentes de contacto.
  • lexendario -> lendario.
  • lexía -> lixivia.
  • lexos -> lonxe.
  • libertade -> liberdade.
  • licencia (subst.) -> licenza (pero o verbo é licenciar).
  • ligatura -> ligadura.
  • língua, lingoaxe -> lingua.
  • lingüísta -> lingüista.
  • línea -> liña.
  • listado (subst.) -> listaxe, lista.
  • llanta -> lamia.
  • lonxano-> distante, arredado, afastado, apartado, remoto, ou lonxincuo.
  • loubanza, louvanza -> loanza.
  • luar (adxectivo) -> lunar.
  • madrugón (subst.) -> madruga.
  • maestro -> mestre.
  • mail -> correo.
  • maioria -> maioría.
  • maiorista -> grosista, comerciante por xunto.
  • mampostería -> cachotaría, cachotería.
  • manillar -> guiador.
  • manzanilla -> macela.
  • mañán -> mañá.
  • mapoula -> papoula.
  • maravedí -> marabedí.
  • maravilla -> marabilla.
  • marfín -> almafí, marfil.
  • mariposa -> bolboreta.
  • mariquita -> xoaniña, reirrei.
  • marketing -> mercadotecnia.
  • mástil -> mastro.
  • maxestuoso/a -> maxestoso/a.
  • medoñento, medoso -> medorento.
  • médula -> medula.
  • menguar -> minguar.
  • -mente -> Os adverbios en -mente non levan til.
  • mentras -> mentres, namentres, entrementres.
  • menudo -> miúdo.
  • meramente -> soamente.
  • merindad -> meiriñado.
  • mermar -> minguar.
  • mesa camilla -> mesa de braseiro.
  • metereoloxía -> meteoroloxía.
  • mezcla -> mestura.
  • miércoles -> mércores.
  • mila -> milla.
  • mín -> min.
  • minorista -> retallista, comerciante/vendedor polo miúdo.
  • minte (3ª persoa de singular do presente de indicativo do verbo mentir) -> mente
  • minusválido -> discapacitado.
  • misturar -> mesturar.
  • modais -> modos.
  • mono (peza de roupa) -> funda.
  • monolito -> monólito.
  • morcela -> morcilla.
  • morralla -> borralla.
  • Moscú -> Moscova.
  • mote -> alcume, alcuño.
  • móvil -> móbil (e inmóbil, pero mover e inamovible)
  • muelle -> peirao (lugar de atraque de barcos) ou resorte (peza metálica elástica). En galego mol non é peirao, senón brando (entre outras acepcións).
  • murmullo -> murmurio.
  • musulmano -> musulmán.
  • muxeriego -> mullereiro.
  • naranxa -> laranxa
  • naranxal -> laranxeira
  • naranxeiro -> laranxeira
  • naranxo -> laranxeira
  • naturaleza -> natureza
  • Navidade -> Nadal.
  • nembargante/s -> porén, non obstante, con todo.
  • nen -> nin.
  • nengún -> ningún.
  • nengunha -> ningunha.
  • neón -> neon.
  • nervo -> nervio.
  • nervosa -> nerviosa.
  • nervosas -> nerviosas.
  • nervoso -> nervioso.
  • nervosos -> nerviosos.
  • neumo- -> pneumo- (pneumonía, pneumotórax, pneumático).
  • nicaragüense -> nicaraguano.
  • nómada -> nómade.
  • nombrar -> nomear.
  • nomeadamente -> principalmente, maiormente, mormente,
  • nominación/s -> nomeamento/s.
  • nominado/a -> nomeado/a.
  • non entanto -> no entanto.
  • noraboa -> parabéns.
  • norleste -> nordeste, nordés.
  • noro -> xenro.
  • noruego -> noruegués.
  • nuboso -> nubrado.
  • num -> nun (a contracción de en + un). A abreviatura de número: núm.
  • numa, numas -> nunha, nunhas.
  • nutrinte -> nutriente.
  • octubre -> outubro.
  • o aguia -> a aguia.
  • o alma -> a alma.
  • o árbore -> a árbore.
  • o auga -> a auga.
  • ola (do mar) -> onda (pero ollo: existe ola de saúdo, de pota e de remuíño).
  • olvidar -> esquecer.
  • olvido -> esquecemento.
  • omóplato, omoplato -> omoplata.
  • orca -> candorca.
  • ordear -> ordenar.
  • ordeñar -> muxir.
  • oso -> óso (peza do esqueleto); oso (animal).
  • otorgar -> outorgar.
  • pabellón -> pavillón.
  • pagaré -> nota promisoria.
  • paiaso -> pallaso.
  • palanca -> panca.
  • pamplina -> parvada.
  • panteira -> pantera.
  • pañal -> cueiro.
  • pao -> pau.
  • papeleo -> papelame.
  • paradoxa -> paradoxo (masc.).
  • paragüeiro -> paraugueiro.
  • parásito -> parasito.
  • parexa -> parella.
  • parking -> aparcadoiro.
  • párpado -> pálpebra.
  • parrilla -> grella.
  • pasillo -> corredor.
  • pasión -> paixón.
  • páxaro -> paxaro.
  • peatonal -> peonal, peonil.
  • peldaño -> banzo, chanzo.
  • pentatlón -> péntatlon.
  • pepita -> pebida, carabuña.
  • pérdida -> perda.
  • peregrinaxe-> peregrinación.
  • periostio -> periósteo.
  • periodo -> período.
  • perseverancia -> perseveranza.
  • persoalizar -> personalizar.
  • persoarse -> comparecer, presentarse.
  • personal -> persoal.
  • pertenecer -> pertencer.
  • perto -> preto.
  • perxudicial -> prexudicial.
  • perxuízo -> prexuízo.
  • petroglifo -> petróglifo.
  • picor -> proído.
  • pilar (elemento arquitectónico) -> piar.
  • pinchazo -> picada.
  • pizarra -> lousa.
  • plaga -> praga.
  • plancha -> ferro de pasar, prancha.
  • plancton -> plancto.
  • plantexamento -> plan.
  • plantexar, plantear -> presentar, formular, expresar, realizar, propor, preguntar(se), planificar, idear...
  • plantilla -> 1) soleta (do calzado) 2) modelo, padrón 3) cadro de persoal 4) cadro de xogadores
  • plaza -> praza.
  • pobo (lugar) -> vila ou aldea
  • pó -> po (Ex: unha nube de po).
  • polilla -> traza ou couza.
  • ponto -> punto.
  • populación ->, poboación
  • populacións ->, poboacións
  • populacional ->, poboacional, demográfico
  • poseer -> posuír.
  • postguerra -> posguerra.[1]
  • postmodernismo -> posmodernismo.[2]
  • postmodernista -> posmodernista.[3]
  • postmoderno/a -> posmoderno/a.[4]
  • postre -> sobremesa.
  • pranta -> planta.
  • prática -> práctica
  • práticas -> prácticas
  • prático -> práctico
  • práticos -> prácticos
  • praticar -> practicar
  • praticante -> practicante
  • praticamente -> practicamente
  • precio -> prezo
  • prensil -> prénsil.
  • presencia -> presenza (pero o verbo é presenciar).
  • presionar -> premer.
  • prexuicio, prexuício, prexuizo; perxuicio, perxuício, perxuizo -> prexuízo.
  • priorizar -> dar prioridade.
  • primaveira -> primavera.
  • productor -> produtor.
  • produxo -> produciu.
  • profundizar -> afondar ou profundar.
  • promedio -> media.
  • propóleo -> própole.
  • proprio/a/os/as -> propio/a/os/as.
  • prorratear, prorrateo -> ratear, rateo.
  • proveedor -> provedor.
  • proveer -> prover.
  • psicoanálise -> psicanálise.
  • puidendo -> podendo.
  • pulgada -> polgada.
  • pulgar -> polgar.
  • que va -> para nada.
  • quenes -> quen.
  • querellarse, querella (subst.) -> querelarse, querela.
  • quinético/a -> cinético/a[5].
  • rábano -> ravo.
  • racimo -> acio.
  • rampa -> rampla.
  • rasgo -> trazo.
  • ratio -> cociente ou proporción.
  • ratón -> rato.
  • reanudar -> continuar, recomezar, reiniciar, restablecer, restabelecer, restaurar, restituír ou retomar.
  • rebaño -> rabaño.
  • recargo (subst.) -> recarga.
  • recaudar -> recadar.
  • recén -> acabado de.
  • recen nacido -> neonato ou acabado de nacer.
  • receta -> receita.
  • rechear -> reencher (volver a encher) ou encher (por exemplo, encher un impreso).
  • recife -> arrecife.
  • recopilar -> recompilar.
  • recorrer -> percorrer (distancias).
  • recorrido -> percorrido (distancia).
  • rector -> reitor.
  • recurrir -> recorrer (a alguén, presentar recurso).
  • reducción -> redución.
  • reemprazar -> substituír.
  • reflexar -> reflectir.
  • regandixa -> fenda, regaña.
  • reglamentar, reglamento -> regulamentar, regulamento.
  • reír -> rir.
  • renombrar -> cambiar de nome, renomear (gabar)
  • renombre -> renome
  • rentable, rentabilidade -> rendible, rendibilidade.
  • reparto -> repartimento, repartición.
  • reproducción -> reprodución
  • reproductor -> reprodutor
  • reproductora -> reprodutora
  • reptil -> réptil. (pl. réptiles).
  • republican -> republicano
  • republicán -> republicano
  • republicans -> 'republicanos
  • requerir -> requirir.
  • resgate -> rescate.
  • respaldar -> apoiar, protexer, amparar.
  • respeto, respetar, respetuoso -> respecto, respectar, respectuoso.
  • respostar -> responder.
  • resume (s.) -> resumo (subst.).
  • retábulo -> retablo.
  • retortixón -> retorzón.
  • reventar -> rebentar.
  • revocar, revocable, revocación -> revogar, revogable, revogación (pero ollo: existe revocar = revestir a parte exterior dun edificio).
  • rexeite (s.) -> rexeitamento.
  • rexime -> réxime.
  • rexir, rixir, rixer -> rexer.
  • rincón -> recuncho.
  • riñón -> ril.
  • roble -> carballo.
  • rodilla -> xeonllo.
  • román -> romano, -a
  • romero, romeo -> romeu.
  • rompecabezas -> crebacabezas, quebracabezas.
  • ruina -> ruína
  • rumiante -> ruminante.
  • Rumanía -> Romanía.
  • rumano -> romanés(a).
  • sabañón -> frieira.
  • sabotear -> sabotar.
  • sabroso/a -> saboroso/a.
  • saltamontes -> saltón.
  • sanguesuga -> samesuga.
  • sartén -> tixola, tixela.
  • se (2º persoa de imperativo do verbo ser) -> sé
  • secano -> secaño.
  • secta -> seita (pero ollo: "sectario/a, sectarismo").
  • según -> segundo.
  • seique -> seica.
  • seiturar -> segar.
  • semán -> semana.
  • semear -> sementar.
  • semen -> seme.
  • sencillez -> sinxeleza.
  • sen embargo, nembargantes -> porén, non obstante, no entanto, a pesar diso, con todo, así e todo, mais, pero.
  • señal -> sinal.
  • señalar -> sinalar.
  • septiembre, setiembre -> setembro.
  • séptimo/a -> sétimo/a
  • serrería -> serradoiro, serra.
  • serrín -> serraduras.
  • servicio -> servizo.
  • servilleta -> pano de mesa.
  • seta (fungo)-> cogomelo.
  • setuaxésimo/a -> septuaxésimo/a
  • smart -> intelixente.
  • smartphone -> teléfono intelixente.
  • smart TV -> televisión intelixente.
  • si (condicional) -> se.
  • sí (afirmación) -> si.
  • siglo -> século.
  • silbato -> asubío, chifre, subiote.
  • silla -> cadeira.
  • sillar, sillarejo -> perpiaño
  • sillería -> cantería ou cantaría
  • sillín -> sela, asento.
  • sillón -> cadeira de brazos.
  • similaridade -> similitude.
  • similaridades -> similitudes.
  • sin -> sen.
  • sinal, sinais (fem.) -> sinal, sinais (masc.).
  • sinceiro -> sincero.
  • sinte (3ª persoa de singular do presente de indicativo do verbo sentir) -> sente.
  • sinten (3ª persoa de plural do presente de indicativo do verbo sentir) -> senten.
  • síntense -> séntense.
  • sintes (2ª persoa de singular do presente de indicativo do verbo sentir) -> sentes.
  • síntese (verbo reflexivo) -> séntese.
  • sique -> psique.
  • sirvente -> servente.
  • sob -> so.
  • sobornar, soborno (subst.) -> subornar, suborno.
  • sobreiro -> sobreira.
  • sobrepasar -> superar, exceder, adiantar
  • sobreseer, sobreseído, sobreseimento -> sobreser, sobresido, sobresemento.
  • soer, soler -> adoitar, acostumar.
  • solar (subst.) -> soar (terreo edificable).
  • soledade -> soidade.
  • solidaridade -> solidariedade.
  • solomillo -> solombo.
  • soluzar, soluzo -> saloucar, salouco.
  • sombrilla -> parasol, catasol, antuca.
  • somente, somentes, soamentes -> soamente, .
  • sondeo -> sondaxe.
  • soneira -> somnolencia.
  • sonicar -> adormecerse, adurmiñarse.
  • sonido -> son.
  • soso/a -> eslamiado/a, insulso.
  • soupa -> sopa.
  • stress -> estrés, tensión.
  • subasta -> poxa.
  • submariña -> submarina
  • submariño -> submarino
  • subraiar -> subliñar.
  • suministrar -> subministrar.
  • subministro -> subministración.
  • subsanación -> amaño, arranxo, corrección, emenda, rectificación, reparación, solución.
  • subsanar -> amañar, arranxar, corrixir, emendar, gobernar, rectificar, reparar, resolver, solucionar.
  • substraer, substracción -> subtraer, subtracción.
  • suciedade -> sucidade.
  • sucre -> azucre.
  • sudafricano -> surafricano.
  • sugar -> zugar.
  • sugo -> zume.
  • suíno -> porcino.
  • sumiso -> submiso.
  • supervivinte -> supervivente.
  • sureste -> sueste.
  • surleste -> sueste.
  • surro -> xurro.
  • surxir -> xurdir.
  • sustancia -> substancia. Si é correcto para o sabor dunha comida ou para o caldo de galiña.
  • sustantivo -> substantivo.
  • sustituír -> substituír.
  • suxerencia -> suxestión.
  • suxo -> sucio.
  • tabla -> táboa.
  • tabolete -> tallo.
  • taburete -> banqueta, ou tallo se é de madeira.
  • tal vez -> talvez.
  • taladro -> trade.
  • talar, tala (subst.) -> tallar, cortar, pinchar (A talla de árbores ou A corta de árbores). Existe unha vestidura talar.
  • talla -> talle (pero ollo: existe talla = "representación escultórica, especialmente en madeira", a corta das árbores e un cántaro grande.).
  • talude -> ribazo, noiro, cemba.
  • também -> tamén.
  • tambén -> tamén.
  • también -> tamén.
  • tasa -> taxa.
  • taza -> cunca.
  • telequinesia -> telecinesia[6].
  • telequinesis -> telecinesia[7].
  • telequineticamente -> telecineticamente.
  • telequinético/a -> telecinético/a.
  • teloneiro -> abreconcertos.
  • temblar -> tremer.
  • templado -> temperado, morno, tépedo.
  • temprano -> cedo, temperán.
  • tención -> intención, intento.
  • tencionar -> intentar.
  • tendenza -> tendencia
  • tendenzas -> 'tendencias
  • tenedor -> garfo ou levador, administrador (de libros) para o termo de contabilidade.
  • teñir -> tinguir, tinxir.
  • ter + participio: en galego, esta perífrase só é correcta cando se refire a un feito reiterativo, repetido: teño feitas mil correccións na Galipedia, non con valor perfectivo equivalente ó castelán haber + participio (*Téñense censado 2.141 exiliados galegos).
  • terciopelo -> veludo.
  • terramoto -> terremoto
  • terrapleno -> terraplén.
  • terreno -> terreo.
  • tesina -> memoria de licenciatura.
  • textil -> téxtil.
  • tibio -> morno, tépedo.
  • tifus -> tifo.
  • tirita -> tira adhesiva, apósito adhesivo.
  • tiritar -> bracuñar, tremelicar, tremer.
  • tiroides -> tiroide
  • tixeiras -> tesoiras.
  • tixolo -> ladrillo. Si recipiente para asar castañas e unha tapa con furados.
  • tiza -> xiz.
  • tobillo -> nocello, noelo, nortello.
  • todavía -> aínda.
  • tornillo -> parafuso.
  • torrezno -> torresmo.
  • tos -> tose.
  • tracería -> trazaría.
  • traducción, traductor -> tradución, tradutor.
  • traición, traicionar, traicioneiro -> traizón, traizoar, traizoeiro.
  • tra-la -> trala.
  • tra-las -> tralas.
  • tra-lo -> tralo.
  • tra-los -> tralos.
  • transtorno -> trastorno.
  • transvase -> transvasamento.
  • tranxénico -> transxénico (tódolos cultismos que empregan o prefixo trans- manteñen o grupo -ns agás os ligados a palabras que empezan por s-, que perden o -s).
  • tráquea -> traquea.
  • trascendencia -> transcendencia.
  • travesaño -> traveseiro.
  • trébol -> trevo.
  • trecho -> treito.
  • triatlón -> tríatlon.
  • tribu -> tribo.
  • triple -> triplo/a.
  • Trinidade -> Trindade.
  • triúnfo -> triunfo
  • trombada -> trompada.
  • trovador/ora -> trobador/ora.
  • trozo -> anaco, pedazo.
  • tubería -> tubo, cano.
  • tuerca -> porca ou porqueta.
  • tullido -> eivado, fanado, impedido, tolleito, tollido.
  • tupé -> topete.
  • turnarse -> aquendarse, arroldarse.
  • turno -> quenda, vez, rolda, orde, serie.
  • Os verbos rematados en -uír sempre levan til no seu infinitivo: ex. construír.
  • A terminación verbal -iu non se acentúa (agás en tritongos como en saíu): Ex: partiu, pediu...
  • ubicación -> localización, situación.
  • ultimatum, ultimátum -> ultimato.
  • ultrapasar -> exceder, superar.
  • umbral -> limiar, límite.
  • un aguia -> unha aguia.
  • un alma -> unha alma.
  • un árbore -> unha árbore.
  • un auga -> unha auga.
  • uniformizar -> uniformar.
  • urbán -> urbano.
  • vacía -> bacía, baleira.
  • vacio -> vacío (parte do corpo), bacío (certo recipiente), baleiro.
  • vaciar -> baleirar.
  • valeirar, valeiro, valdeirar, valdeiro -> baleirar, baleiro, baldeirar, baldeiro.
  • vasallo -> vasalo. Si se é unha vasoira.
  • vasixa -> vasilla.
  • vaxilla (conxunto de pratos) -> vaixela.
  • vela -> cirio, candea (en galego, vela só ten o significado da peza dos barcos, o deporte e a acción de velar).
  • veleta -> catavento, viraventos.
  • vena -> vea.
  • venada -> arroutada.
  • veneno -> veleno.
  • venta -> venda (do verbo vender). Si do verbo ventar
  • ventana -> fiestra,xanela,ventá
  • ventaxa -> vantaxe.
  • vértigo -> vertixe.
  • verxa -> enreixado.
  • víctima -> vítima.
  • victoria -> vitoria.
  • vidrio -> vidro.
  • viernes -> venres.
  • vinteún-> vinte e un.
  • vintedous -> vinte e dous.
  • vintetres -> vinte e tres.
  • vintecatro -> vinte e catro.
  • vintecinco -> vinte e cinco.
  • vinteseis -> vinte e seis.
  • vintesete -> vinte e sete.
  • vinteoito -> vinte e oito.
  • vintenove -> vinte e nove.
  • virollo -> birollo.
  • viruela -> varíola.
  • viruta -> labra ou lasca.
  • vistazo -> ollada.
  • visto bo -> visto e prace
  • volcar, vuelco (subst.) -> envorcar, envorcadura.
  • voltar -> volver.
  • volver + infinitivo (non leva a preposición a).
  • volvoreta -> bolboreta.
  • vorcallás -> vorcalladas.
  • xabalí -> xabaril
  • xabalina -> xavelina.
  • xalea -> xelea (xelea real).
  • xarabe -> xarope.
  • xardiñeiro/a -> xardineiro/a.
  • xarrón -> floreiro, vaso.
  • xaula -> gaiola.
  • xelado, xelar, xelo -> xeado, xear, xeo.
  • xemeo -> xemelgo.
  • xeneral, xeneralmente -> xeral, xeralmente mais xeneral (militar) e xeneralizar.
  • xenerar -> xerar.
  • xeneración -> xeración.
  • xenerador -> xerador.
  • xenra -> nora.
  • xeralizar -> xeneralizar.
  • xoven -> novo/a, mozo/a ou rapaz/a.
  • xóvenes -> xoves.
  • xudeo -> xudeu.
  • xuicio, xuício, xuizo -> xuízo (con acento).
  • xunio -> xuño.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para post-.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para post-.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para post-.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para post-.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cinético.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para telecinesia.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para telecinesia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar