Castelanismos ortográficos
Denomínase castelanismo ortográfico ao emprego dunha ortografía incorrecta no idioma galego por interferencia do idioma español. Coñécense tamén co nome de préstamos innecesarios, xa que a lingua galega conta con palabras propias para referirse ao mesmo concepto. Diferéncianse así dos préstamos necesarios, que incorporan ao seu léxico termos procedentes doutras linguas cando non existe termo para a mesma no idioma propio. Os castelanismos ortográficos son as interferencias máis habituais na lingua galega. Outros intrusismos ortográficos poden ser os anglicismos e os lusismos.
En 1982 a Real Academia Galega creou unhas normas ortográficas acorde coa etimoloxía dos vocábulos. Porén, pola interferencia co castelán.[1]
Exemplos de castelanismos ortográficosEditar
Por substitución v/bEditar
- barrer (varrer)
- maravilla (marabilla)
- cobarde (covarde)
- boda (voda)[2]
- abogado (avogado)[2]
- móvil (móbil)[2]
- automóvil (automóbil)[2]
- inmóvil (inmóbil)[2]
- abó (avó)[2]
Por adición/supresión do hEditar
- húmero (úmero)
- armonía (harmonía)[2]
- hirmán (irmán)[2]
- hola (ola)[2]
- hombro (ombro)[2]
- hinchazón (inchazón)
Por substitución y/iEditar
- Tuy (Tui)
- yoga (ioga)[2]
Por adición de acento gráfico (e cambio da posición do acento tónico)Editar
- parásito (parasito)
- atmósfera (atmosfera)
- acné (acne)
- albúmina (albumina)
OutrosEditar
- kilómetro (quilómetro)[2]
Préstamos innecesariosEditar
- altavoz (altofalante)
- corbata (gravata)
- chicle (goma de mascar)
- camilla (padiola)
NotasEditar
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Interferencias e desviacións da norma." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 20 de outubro de 2015.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Celia Díaz Núñez, Mercedes Seixo Pastor (2017). Lingua galega e literatura. 2º ESO. Editorial Anaya.