Ultreya (revista)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ultreya.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ultreya foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1919 e 1920.
Historia e característicasEditar
Subtitulada Revista quincenal de Cultura Galaica. Arte, literatura, historia, sociología, apareceu o 1 de maio de 1919. Estaba dirixida por Armando Cotarelo Valledor. No consello de redacción figuraban Salvador Cabeza de León, Salustiano Portela Pazos, Antonio García Varela e Manuel Vidal Rodríguez. Entre os seus colaboradores estaban Juan Barcia Caballero, Pablo Pérez Costanti, Avelino Gómez Ledo, Xesús Carro, Fermín Bouza Brey, Constante Amor Neveiro, Francisco Esmorís Recamán e Celestino García Romero. Cesou a súa publicación co número 23/24, correspondente ao 15 de xullo de 1920.